Ás veces, as cousas aparentemente máis pequenas resoan con unha forza inmensa. Iso é o que acontece cando Antía Muiño abraza a guitarra nas súas cancións máis íntimas, e Mientras Sueño y Vivo é unha boa mostra diso: unha peza crúa e emocionante que afonda na vertente máis reflexiva e melancólica dunha das voces máis destacadas da súa xeració
Antía Muiño presenta este venres, 6 de febreiro, o terceiro e último sinxelo de adianto do que será o seu inminente segundo álbum, Anfibia Por Veces, que verá a luz o vindeiro 20 de febreiro.
O lyric vídeo de Mientras Sueño y Vivo está dispoñible en Youtube https://youtu.be/O00coP_XXok
A artista e compositora galega xa demostrara no seu álbum debut unha capacidade singular para conectar desde o esencial. Cancións como Carta Aberta, Noviembre ou Herba de Namorar converteron aquel primeiro traballo nunha das grandes revelacións de 2022 e nun referente da nova canción de autora galega.
Mientras Sueño y Vivo súmase así ás xa coñecidas A Beleza e Augha Desa Fonte, temas cos que Antía Muiño foi debuxando paseniño o universo sonoro de Anfibia Por Veces: un discurso máis amplo, polifónico e transversal, sempre atravesado pola emoción compositiva e interpretativa que define o seu traballo. A artista presentará o disco o vindeiro 5 de marzo no Teatro Principal de Santiago de Compostela.











