• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

CCOO denuncia que Correos recorta un 40 % a contratación de verán en Galicia

A empresa pública financia os seus beneficios coa mingua do cadro de persoal, precariedade no emprego e sobrecargas non asumibles

David Por David
09/07/2026
en #Destacado, GALICIA
0
Correos activa el transporte de mochilas en Camino de Santiago a Muxía y Fisterra
FacebookXWhatsApp

CCOO denuncia que Correos reduciu arredor dun 40 % a contratación de verán na Área Noroeste: Galicia, Asturias e Castilla y León, respecto á campaña estival do pasado ano, un recorte que o sindicato considera o maior rexistrado ata a data e que atribúe a un modelo de xestión baseado no axuste permanente do emprego.

Para CCOO, esta decisión non responde a unha circunstancia puntual nin a necesidades organizativas conxunturais, senón que fai parte dunha estratexia continuada de redución de custos presentada baixo conceptos como «eficiencia» ou «produtividade», pero que, na práctica, tradúcese en menos contratación, maior presión sobre o cadro de persoal e unha deterioración progresiva do Servizo Postal Público.

O sindicato considera especialmente contraditorio que estes recortes se produzan mentres a Dirección de Correos insiste publicamente en presentar a empresa como un actor estratéxico para a cohesión territorial e social, e anuncia o desenvolvemento de novos servizos públicos. «Non é posible fortalecer unha empresa pública debilitando a quen a fai posible cada día», sinala CCOO.

A denuncia de CCOO coincide, ademais, coa publicación do Informe Anual 2025 de Correos, no que a empresa presenta 11,5 millóns de euros de beneficio. Para o sindicato, ese resultado non pode analizarse sen ter en conta que unha parte relevante procede da venda de patrimonio inmobiliario e dunha política continuada de contención do emprego e redución de custos laborais. «Non é razoable presentar estes resultados como un éxito empresarial mentres o persoal segue a perder efectivos e a aumentar a súa carga de traballo», apunta CCOO.

Segundo o sindicato, a política laboral da empresa continúa marcada por unha elevada temporalidade (25 %), miles de persoas con relacións laborais en fraude de lei pendentes de estabilización, altos niveis de parcialidade (15 %), unha importante provisionalidade fraudulenta nos nomeamentos e unha oferta pública de emprego conxelada desde hai catro anos. CCOO advirte, ademais, de que este verán coincide unha circunstancia inédita: nunca as persoas que permanecen traballando durante o período estival tiveron que facelo con tan pouca contratación de apoio e nunca as que esperaban acceder a un contrato de verán encontraron tan poucas oportunidades de emprego.

Esta situación, engade o sindicato, repercute directamente sobre a calidade do servizo que recibe a cidadanía e agrava a sobrecarga de traballo dos traballadores e traballadoras, o que incrementa os riscos psicosociais e o desgaste físico e emocional. Neste sentido, CCOO lembra que Correos rexistra actualmente os niveis de absentismo máis elevados da súa historia recente, unha realidade que, ao seu xuízo, non se pode desvincular da deterioración continuada das condicións de traballo.

Así mesmo, o sindicato considera incompatible que a Dirección siga apelando ao esforzo e ao sacrificio das persoas traballadoras mentres mantén unha salvaxe política de redución da contratación e de contención do emprego. «O persoal leva anos sostendo a transformación de Correos con menos persoas traballadoras, maior carga de traballo e peores condicións laborais. Agora é a empresa a que debe cumprir cos seus compromisos», afirma CCOO.

Por todo isto, este sindicato esixe recuperar os niveis de contratación necesarios para garantir un servizo público de calidade, cubrir todas as vacacións, permisos e ausencias, reforzar o cadro de persoal e abrir unha verdadeira axenda laboral que permita reducir a precariedade e mellorar as condicións de traballo. «Sen emprego de calidade non pode existir un servizo público de calidade», conclúe CCOO.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Ferrol aprueba en la primera recepción del buque portavehículos de SAIC

Siguiente

España – Bélgica: todos los concellos gallegos con pantalla gigante para ver el Mundial 2026

David

David

Relacionado Entradas

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

El TSXG exime a la Xunta de pagar el IBI del Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo
#Destacado

El TSXG exime a la Xunta de pagar el IBI del Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

V Feira da Cultura en Camiño en Miño
A Coruña

V Feira da Cultura en Camiño en Miño

Cómo viajar a Nueva York para ver la final del Mundial 2026: vuelos, hoteles, entradas y precios
#Destacado

Cómo viajar a Nueva York para ver la final del Mundial 2026: vuelos, hoteles, entradas y precios

O PPdeG acusa ao BNG de promover un candidato a adxunto á Valedora
GALICIA

O PPdeG acusa ao BNG de promover un candidato a adxunto á Valedora

A Deputación da Coruña remata as obras da nova estación náutica do lago das Pontes
#Destacado

A Deputación da Coruña remata as obras da nova estación náutica do lago das Pontes

Siguiente
Mundial 2026: todos los partidos de España, calendario completo, horarios, dónde ver en TV y el camino de La Roja hacia la final

España - Bélgica: todos los concellos gallegos con pantalla gigante para ver el Mundial 2026

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Miércoles 15/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

El TSXG exime a la Xunta de pagar el IBI del Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

El TSXG exime a la Xunta de pagar el IBI del Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo

V Feira da Cultura en Camiño en Miño

V Feira da Cultura en Camiño en Miño

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.