O 112 Galicia tivo constancia do accidente ás 07:40 horas, cando un particular chamou para informar de que un turismo atropelara un xabarín. Poucos minutos despois, o mesmo alertador volveu contactar coa central de emerxencias para indicar que un segundo vehículo colidira contra o primeiro e que había varias persoas feridas.
De inmediato, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Betanzos e aos axentes da Garda Civil de Tráfico.
Unha vez finalizada a intervención, os equipos de emerxencias confirmaron que cinco persoas tiveron que ser trasladadas ao centro hospitalario de referencia para recibir atención sanitaria.













