• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Diego Rodríguez presenta este mércores as ‘Rimas populares de Galicia’ de Manuel Murguía

O académico correspondente presenta mañá na Casa Museo Casares Quiroga (19 horas) a publicación que afonda na documentación conservada sobre o frustrado proxecto do primeiro presidente da RAG

David Por David
03/02/2026
en A Coruña
0
Diego Rodríguez presenta este mércores as ‘Rimas populares de Galicia’ de Manuel Murguía
FacebookXWhatsApp

Ao longo de moitos anos, Manuel Murguía (Arteixo, 1833 – A Coruña, 1923) anunciou tanto a existencia coma a inminente publicación dun libro titulado Rimas populares de Galicia que recompilaría os romances que fora acumulando grazas á axuda dunha rede de colaboradores, entre os que se atopaban intelectuais como o escritor e lexicógrafo Marcial Valladares. Tamén Alejandra, a primoxénita que tivo con Rosalía de Castro, quen recolleu versos como os de “Dona Silvana” a unha anciá natural de Laxe. Pero aquel libro semella que nunca chegou a saír do prelo. Cadrando co 103 cabodano do que andado o tempo sería o primeiro presidente da Real Academia Galega, a institución presentará mañá mércores 4 de febreiro (19 horas) na Casa Museo Casares Quiroga (rúa Panadeiras 12, A Coruña) As Rimas populares de Galicia de Manuel Murguía. Edición e estudo dos materiais conservados. O volume, ao coidado de Diego Rodríguez González, ofrece as páxinas “definitivas” a partir da documentación que se conserva daquel proxecto na Real Academia Galega e na Fundación Barrié.

Rimas populares de Galicia de Manuel Murguía ve a luz dentro da colección da Academia Anexos BRAG co apoio do Concello da Coruña. O autor presentará o volume acompañado do presidente da Academia, Henrique Monteagudo, e o concelleiro de cultura, Gonzalo Castro, nun acto de entrada libre ata completar a capacidade da sala.

Diego Rodríguez, membro correspondente da Real Academia Galega e responsable de Patrimonio e Cultura e bibliotecario da Fundación Barrié, bateu por primeira vez coas Rimas de Murguía hai xa máis de vinte anos. Foi na entidade para a que traballa, a través do fondo de Said Armesto, quen recibiu do propio Murguía as 77 follas numeradas da transcrición lusitanizante que outro académico fundador, Florencio Vaamonde Lores, realizara por encarga do historiador, escritor, xornalista e político de cara á preparación da frustrada publicación. A versión aquí reproducida do “Romance don Gaiferos” foi a primeira descuberta de Diego Rodríguez, acompañada dun fato de incógnitas, lembra. Desde entón o historiador traballou pola promoción deste legado manuscrito, do que tamén forman parte algúns pregos do puño e letra da rede de correspondentes de Murguía e mais dous prólogos das Rimas conservados no Arquivo da RAG. Fíxoo a través de diversas iniciativas, desde publicacións ata comisariando unha exposición, tamén participando na organización do congreso do centenario do pasamento de Víctor Said Armesto. Un proceso lento e complexo no que esta edición crítica que traza o itinerario percorrido por cada texto é un fito importante.

“O conxunto de materiais que Murguía foi acumulando, grazas á axuda dos seus colaborados, apareceu nun cartafol desordenado e sen atribucións. El realmente non recuperou ningunha das pezas populares, pero foi o responsable de recollelas e darlles un sentido unitario”, explica Diego Rodríguez. Os limiares conservados na RAG foron chave para a identificación dos papeis coidados pola Barrié. Entre outra información, sinalan momentos nos que as Rimas estiveron a piques de seren publicadas. “O primeiro datámolo cara a 1891, polas referencias que contén. A finais do século XIX, en 1895, chega a haber anuncios da impresión, que inclúen ademais a mención a unha subvención da deputación, o que leva a sospeitar que algo puido chegar a ser impreso”, detalla Rodríguez. Máis ou menos da mesma época é o segundo prólogo, que se ten identificado como o último intento de edición.

“A documentación conservada delata unha intervención case nula de Murguía. Os poucos castelanismos, como caballero ou Jesucristo, que se coan en obras enteiramente en galego, son a proba da neutralidade lingüística dos copistas”, apunta o editor. Rodríguez salienta neste sentido que os textos debuxan “unha panorámica da literatura oral en Galicia que difire da que se pode ver nas recollas dos anos 80 no século XX”. “Na primeira parte do século XIX, o romanceiro estaba fortemente galeguizado e a conexión con Portugal era moi fonda”, advirte o estudoso.

Murguía ―prosegue― tiña unha gran confianza no poder transformador deste legado e sempre foi consciente da urxencia da súa publicación. “Pasaron máis de 150 anos pero estamos seguros de que estas reliquias que reflicten a alma do pobo galego nunca chegarán tarde”, confía Diego Rodríguez.

O título que fai o número 11 de Anexos BRAG reproduce unhas 150 composicións poéticas: as incluídas nos papeis que hoxe se conservan de Manuel Murguía, mais outras publicadas con retoques por Lois Carré nos anos 50 do século XX a partir de documentación do presidente da RAG hoxe non localizada. Entre as primeiras, Diego Rodríguez destaca os mencionados “Romance de Silvana”, un dos máis estendidos en Portugal e tamén en España así como versións galegas inéditas dos versos de “A doncela guerreira”, aprendidos por Alejandra Murguía a través da anciá de Laxe que traballaba para o seu avó.

O autor

Diego Rodríguez (Santiago de Compostela, 1972) medrou en Monforte de Lemos e ten tamén raíces en Beade (Ourense). “Alí aínda son o neno da miña avoa Marina”, comparte. Licenciado en Xeografía e Historia USC nas especialidades de Historia Contemporánea e Biblioteconomía e Arquivística, a súa edición das Rimas de Murguía súmase a unha nómina de artigos de investigación sobre temas rosalianos e de investigación sobre manuscritos desde a perspectiva da identificación caligráfica e a bibliografía material.

 

ShareTweetSend
Publicación anterior

As mariscadoras de Muros e o voluntariado de Afundación retiran 385 quilos de lixo mariño en tres praias muradás

Siguiente

Aberto o prazo de inscrición do XXVII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

David

David

Relacionado Entradas

Volve o programa De landras a carballos a Carballo
A Coruña

Volve o programa De landras a carballos a Carballo

A Deputación investirá case 1,3 millóns na estrada da Pedra do Sal
A Coruña

A Deputación investirá case 1,3 millóns na estrada da Pedra do Sal

O concello de Carballo estrea un novo posadoiro para vodas no salón de plenos
A Coruña

O concello de Carballo estrea un novo posadoiro para vodas no salón de plenos

A Deputación da Coruña alíase co CITIC da UDC para levar a intelixencia artificial xenerativa a 20 institutos da provincia
#Destacado

A Deputación da Coruña alíase co CITIC da UDC para levar a intelixencia artificial xenerativa a 20 institutos da provincia

A Coruña acogerá el ‘DATAfórum Justicia 2026’, el mayor congreso de digitalización de la Justicia
#Destacado

A Coruña acogerá el ‘DATAfórum Justicia 2026’, el mayor congreso de digitalización de la Justicia

Herboristerías Allariz te da las claves para cuidarte de forma natural en su nuevo espacio de Radio Líder
#Destacado

Herboristerías Allariz te da las claves para cuidarte de forma natural en su nuevo espacio de Radio Líder

Siguiente
Aberto o prazo de inscrición do XXVII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

Aberto o prazo de inscrición do XXVII Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación da Coruña

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Opinión

No hay contenido disponible

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Miércoles 18/02/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

¿La cueva de Alí Babá?

¿La cueva de Alí Babá?

En un céntrico edificio de A Coruña hay una oficina misteriosa, el 4ºF. Su nombre no aparece en el directorio...

Por Interés

Últimas

¿La cueva de Alí Babá?

¿La cueva de Alí Babá?

Volve o programa De landras a carballos a Carballo

Volve o programa De landras a carballos a Carballo

A Deputación investirá case 1,3 millóns na estrada da Pedra do Sal

A Deputación investirá case 1,3 millóns na estrada da Pedra do Sal

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.