O Concello da Coruña celebra, o domingo 14 de xuño, o XXXIX Día do Deporte na Rúa como colofón á actividade das Escolas Deportivas Municipais do curso 2026-2026.
Todas as actividades se desenvolverán na contorna da Cidade Deportiva de Riazor. Os deportes náuticos desenvolveranse na praia de Riazor e Orzán. Todas as actividades son de balde e abertas a todas as idades e desenvolveranse en horario de mañá, de 10.00 a 14.00 horas.
A cita ten como obxectivo promocionar as diferentes disciplinas deportivas que se practican na cidade, da man dos distintos clubes e entidades deportivas municipais, e, dun xeito lúdico e participativo, achegar á cidadanía os beneficios da práctica deportiva.
O Día do Deporte na Rúa contará con 64 modalidades deportivas diferentes como o atletismo, baloncesto, bádminton, boxeo, ximnasia, escalada, marcha nórdica ou xadrez. Tamén haberá deportes náuticos como vela, piragüismo, waterpolo ou surf, entre moitos outros.
Este ano, 82 clubes e entidades deportivas da cidade se suman á celebración do Día do Deporte, colaborando co Concello da Coruña co obxectivo de dar a coñecer as diferentes prácticas deportivas que se ofertan no municipio, completando unha programación deportiva ampla e diversa. Deste xeito, o Concello mantén o seu apoio ao sector deportivo da cidade, achegando o seu traballo á cidadanía e fomentando a práctica deportiva para todos os gustos e idades.
Dende as 13:45 farase un sorteo dos agasallos concedidos polas entidades participantes, entre todos os participantes que depositen unha tarxeta na urna disposta no Palacio de Deportes no punto de encontro antes das 13:45h, dito sorteo rexirase polas normas que se poden consultar na seguinte ligazón:
| ACTIVIDAD CANINA | ORIENTACIÓN |
| AIKIDO | PATINAJE EN LÍNEA |
| ATLETISMO | PATINAXE ARTISTICA |
| BALONCESTO | PATINAXE FREESTYLE |
| BALONMAN | PATINAXE VELOCIDADE |
| BOXEO | PETANCA |
| CAPOEIRA | PICKLEBALL |
| CICLISMO | PIRAGÜISMO |
| CIRCUITO DE MOTOS | PISTA DE APLICACIÓN MILITAR |
| DEPORTE INCLUSIVO | QIGONG |
| DRAGON BOAT | QUIDDITCH |
| ESCALADA | ROLLER DERBY (PATINAXE) |
| ESGRIMA | RUGBY |
| FRONTENIS | RUNNING |
| FÚTBOL | SALVAMENTO E SOCORRISMO |
| FUTBOL FEMENINO | SAMBO |
| FÚTBOL GAÉLICO | SURF |
| FUTBOL SALA | TAEKWONDO |
| GOLF | TAICHI |
| GRAPPLING | TENIS |
| HALTEROFILIA | TENIS ADAPTADO |
| HÍPICA | TENIS DE MESA |
| HOCKEI EN LIÑA | TIRO CON ARCO |
| HOCKEI HERBA | VELA |
| IUDO | VELA (WINDSURF Y CATAMARAN) |
| IUDO INCLUSIVO E ADAPTADO | VOLEI PRAIA |
| KICK BOCING | VOLEIBOL |
| KRAV MAGA | WATERPOLO |
| KUNG FU | XADREZ |
| LASER RUN | XIMNASIA RÍTMICA |
| MARCHA NÓRDICA | XIMNASIA RÍTMICA-DEPORTE ADAPTADO |
| NATACION AGUAS ABIERTAS | IOGA |













