• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Ferrol inicia as obras da futura Cidade Náutica de A Cabana cun investimento de 1,7 millóns de euros

A actuación permitirá recuperar o patrimonio histórico industrial da contorna e crear un novo espazo de lecer e paseo conectado co eixo deportivo da Cabana, FIMO e A Malata

David Por David
06/07/2026
en A Coruña
0
Ferrol inicia as obras da futura Cidade Náutica de A Cabana cun investimento de 1,7 millóns de euros
FacebookXWhatsApp

A concelleira de Urbanismo, Blanca García, informou hoxe do inicio das obras da Cidade Náutica de A Cabana, unha actuación integrada no proxecto da Cidade do Deporte que suporá un investimento de 1.698.669,39 euros e contará cun prazo de execución de 14 meses.

O proxecto ten como obxectivo recuperar e poñer en valor o patrimonio histórico industrial desta contorna, ao tempo que transformará a zona nun novo espazo público de encontro, lecer e paseo para a cidadanía.

  • Únete á nosa canle de Whatsapp para recibir notificacións de interese

A intervención permitirá crear un percorrido peonil integrado no paseo marítimo, reforzando a conexión cos principais equipamentos deportivos do eixo formado por A Cabana, FIMO e A Malata. Deste xeito, avanzarase na configuración dun espazo continuo destinado á práctica deportiva, á mobilidade sostible e ao desfrute da ría.

DETALLES DA CIDADE NÁUTICA

A parcela de 13.000 metros cadrados alberga seis edificacións nas que se intervirán. No edificio 1, de preto de 900 metros cadrados, compartirán espazo os dous clubs de remo centralizando, así, os servizos principais, a administración e as zonas de adestramento, pero mantendo unha independencia nos seus usos e organización. O edificio organízase, de tal maneira, que o uso de cada un dos clubs é independente, dividíndose en cada unha das plantas. Centralízase, unicamente, a entrada e a área de administración, que se divide en tres despachos e unha sala de reunións.

Na edificación 2, con 573 metros cadrados, mantense o uso actual, exponse como pañol de embarcacións. A intervención limítase a dotar de novos espazos que complementen o seu uso na ampliación da edificación 1, cun taller de reparacións e espazo para almacenaxe de remos. Substitúese, tamén, a cuberta de lona.

Con respecto ás actuacións na edificación 3, con 574 metros cadrados construídos, limparase de todos os anexos posteriores, reducindo a edificación ao volume principal e orixinal. Interiormente baléirase completamente deixando un espazo aberto para almacén de embarcacións do Club de remo e o Club de vela. Na súa parte posterior, está a edificación 4 (225 metros cadrados), limparase deixando só os pórticos metálicos e a cuberta, e será un espazo de almacenaxe a maiores para os clubs.

A edificación 5 é o “tinglado” e ten 355 metros cadrados de superficie. Acondicionarase o espazo para catro vestiarios do club de vela, dous aseos e prevese a creación dun ambigú, que será un punto de referencia non só para os integrantes dos clubs, senón tamén un punto de encontro para os cidadáns.

E a edificación 6, con 140 metros cadrados, pertence na actualidade ao Grupo Bazán e ao Club Actividades Subacuáticas Ferrol. Os espazos deste edificio están destinados a uso administrativo con dous despachos e unha sala de uso polivalente.

Ademais, a ponte para o tren ao porto exterior inclúe unha pasarela peonil e ciclista, que permitirá facer da enseada de A Malata un roteiro circular coa que, ademais, abrirase á cidadanía a futura Cidade náutica de A Cabana. Así calquera persoa poderá ir dende A Graña a Caranza vendo o mar, son 10 quilómetros para pasear e facer deporte.

Dacordo co plan de mobilidade esta senda peonil e o carril bici, conectarán, no próximo ano, os barrios de A Graña, A Cabana, Serantes, Ferrol Vello, A Magdalena, Esteiro e Caranza. E no 2030, Ultramar, San Xoán, A Gándara, o Ensanche, Santa Mariña e Canido.

O proxecto da Cidade do Deporte conta cun convenio de colaboración coa consellería de Deportes da Xunta de Galicia e é susceptible de ser financiado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) dentro do Programa Plurirrexional de España 2021-2027.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Castrelos terá un “pantallón” para seguir o España-Portugal do Mundial

Siguiente

O Concello defende a permanencia do pantalán dos Robles para que os lucenses sigan gozando dun acceso seguro ao río Miño

David

David

Relacionado Entradas

O Festiletras recoñece a Xosé Regueira co Bo e Xeneroso de Honra
#Destacado

O Festiletras recoñece a Xosé Regueira co Bo e Xeneroso de Honra

Atención conductores: las obras que complicarán el tráfico en A Coruña durante septiembre
#Destacado

Atención conductores: las obras que complicarán el tráfico en A Coruña durante septiembre

Festa do Pan de Neda 2026: programa completo, horarios, música y todo lo que debes saber
#Destacado

Festa do Pan de Neda 2026: programa completo, horarios, música y todo lo que debes saber

Comezan as obras do saneamento no rural de Ferrol
#Destacado

Comezan as obras do saneamento no rural de Ferrol

La Romaría de Santa Minia en Brión es declarada fiesta de interés turístico de Galicia
#Destacado

La Romaría de Santa Minia en Brión es declarada fiesta de interés turístico de Galicia

A Festa do Apego da Coruña chegará este venres ao Campo da Leña con actuacións para toda a familia
#Destacado

A Festa do Apego da Coruña chegará este venres ao Campo da Leña con actuacións para toda a familia

Siguiente
O Concello defende a permanencia do pantalán dos Robles para que os lucenses sigan gozando dun acceso seguro ao río Miño

O Concello defende a permanencia do pantalán dos Robles para que os lucenses sigan gozando dun acceso seguro ao río Miño

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder local En directo

Líder local

10:00 - 13:00
Conexión Local
A continuación: Novedades del motor 13:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Viernes 28/08/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local Ahora
    En directo
  • Novedades del motor
    13:00 - 14:00
    Novedades del motor
    En directo
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

El Pazo de Meirás es público, pero los visitantes no pueden entrar en todas sus estancias: crece la polémica

El Pazo de Meirás es público, pero los visitantes no pueden entrar en todas sus estancias: crece la polémica

El barrio de Pontevedra que vive rodeado de coches abandonados: uno ardió después de meses de avisos de los vecinos

El barrio de Pontevedra que vive rodeado de coches abandonados: uno ardió después de meses de avisos de los vecinos

La guerra del agua estalla en Galicia: un alcalde denuncia la peor sequía de la historia y acusa a la Xunta de “estafa política”

La guerra del agua estalla en Galicia: un alcalde denuncia la peor sequía de la historia y acusa a la Xunta de “estafa política”

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.