• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Fillas de Cassandra abren o videopódcast das Letras Galegas de Begoña Caamaño

A Academia estrea o seu primeiro videopódcast, un espazo no que distintas convidadas conversarán sobre asuntos que preocuparon a protagonista deste 17 de maio como escritora, xornalista e cidadá

David Expósito Por David Expósito
07/05/2026
en #Destacado, Cultura
0
Fillas de Cassandra abren o videopódcast das Letras Galegas de Begoña Caamaño
FacebookXWhatsApp

Cada xeración ten a obriga e o dereito de volver sobre os mitos fundacionais para analizalos e reinterpretalos, sostiña Begoña Caamaño (Vigo, 1964 – Santiago de Compostela, 2014). A protagonista do Día das Letras Galegas fíxoo nas novelas que nos deixou, Circe ou o pracer do azul (2009) e Morgana en Esmelle (2012), dúas grandes obras da narrativa galega contemporánea que nos interpelan sobre cuestións éticas, políticas e sociais dende a perspectiva feminista que atravesa todo o seu pensamento. Arredor destes asuntos que preocuparon e ocuparon a Begoña Caamaño escritora e xornalista, a activista e a amiga, xira Colchas de voces, o primeiro videopódcast da Real Academia Galega. O programa estréase da man do dúo musical Fillas de Cassandra, cunha conversa na que María SOA e Sara Faro reflexionan sobre os moitos puntos que teñen en común coa autora que homenaxeamos este 17 de maio.

 

O videopódcast, dispoñible en academia.gal e na canle de Youtube da RAG, é unha das propostas que a Real Academia Galega concibiu para achegar a figura e a obra de Begoña Caamaño á mocidade. Conduce o espazo a xornalista Alba Mancebo, que presenta tamén a serie de reels É o tempo de Begoña Caamaño que a institución está a ofrecer nas redes sociais, contando coa colaboración doutras e doutros creadores de contidos. A primeira entrega conta coa colaboración de Leti da Taberna, que ofrece unha relectura dende o humor de Sailor Moon, protagonista dunha das icónicas series nipoas de debuxos animados que se emitiron no Xabarín Club.

 

A estrea de Colchas de voces prodúcese nestes primeiros pasos do mes das Letras Galegas e só uns días antes do concerto de estrea de Tertulia, o segundo álbum de Fillas de Cassandra, que pechan o episodio cantando un anaquiño dun dos temas incluídos neste traballo. O título do novo disco reflicte a necesidade das dúas artistas de reivindicaren, nos tempos da hiperconexión dixital, o encontro coas amigas, a volta ás conversas con vagar, a escoita. “A capacidade de falar, de entenderse, de debater é a única maneira de construír un mundo mellor conxuntamente”, expresa Sara Faro.

 

Fillas de Cassandra naceu en 2022 e en 2023 presentou o seu primeiro álbum Acrópole. Como Begoña Caamaño, María SOA e Sara Faro elixiron reescribir mitos clásicos dende unha perspectiva feminista, dándolles voz ás mulleres, que seguen a ser silenciadas e cuestionadas, como lle aconteceu a Cassandra, advirten. “Que as mulleres non sexamos cridas nas violencias que sufrimos favorece que o sistema patriarcal siga imperando. E sobre iso quixemos reflexionar en Acrópole, como faría Begoña Caamaño, porque esa cultura segue moi vixente, cada vez máis”, conta Sara.

 

Viguesas e neofalantes

María SOA foi a primeira en coñecer a obra de Begoña Caamaño, cando xa crearan Fillas de Cassandra. A descuberta da súa literatura, a través de Circe ou o pracer do azul, lémbraa como algo “incrible”, expresa compartindo a emoción de atopar unha autora tan próxima que recorrera aos mitos para falar do mundo coas lentes de cor lila. O idioma que empregan é outro dos fíos que as une á protagonista do Día das Letras Galegas 2026, que coma elas medrou en Vigo falando primeiro castelán e tomando despois a decisión consciente de se pasar ao galego. “As dúas somos neofalantes. Coñecémonos nunha manifestación feminista e estabamos falando galego, así que non houbo reflexión contraria posible. E enténdese, quen quere entende!”, engade María.

Colchas de voces evoca dende o seu título unha das expresións utilizadas por Begoña Caamaño para sinalar as fontes clásicas das que partía nas súas novelas: “Chego mesmo a botar man de personaxes por outros inventadas. (…) Xorde un relato que semella obra miña pero que, en realidade, é como esas colchas tecidas de retallos vellos: unha historia creada con imaxes xurdidas doutras historias prestadas, cos refugallos das historias que a min me chegaron”. A cita pertence ao texto que a autora escribiu para a presentación de Morgana en Esmelle que se reproduce na edición conmemorativa das Letras Galegas da RAG, dispoñible na sección de publicacións de academia.gal. O segundo episodio deste programa da RAG, realizado co apoio económico da Xunta de Galicia, será unha conversa coa escritora Antía Yáñez e estrearase no mes de xuño.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Un apoderado en cada mesa electoral. El PP teme un pucherazo de Sánchez en la Generales

Siguiente

Rescatado un pescador tras caer por un desnivel duns cinco metros en Salvaterra de Miño

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Ya hay fecha para el Black Friday 2026 y el Cyber Monday estas son las jornadas de descuentos
#Destacado

Black Friday 2026 cuándo es y qué día llega el Cyber Monday las fechas de todas las ofertas

Cuatro vehículos chocan en una carretera de Abegondo y los bomberos tienen que excarcelar a una persona
#Destacado

Cuatro vehículos chocan en la AC-542 en Abegondo y los bomberos tienen que excarcelar a un ocupante

Las grandes estrellas del histórico Superdépor que marcaron una época en Riazor.
#Destacado

Qué fue de los jugadores del Superdépor dónde están ahora

Perforación de un pozo de agua en una finca rural de Galicia.
#Destacado

Hacer un pozo de agua cuánto cuesta y qué permisos necesitas

Obras en la estación de tren de A Coruña por la construcción de la nueva intermodal.
#Destacado

A Coruña suspende los trenes durante siete días: estos son los 15 servicios afectados y los autobuses alternativos

La antigua Panificadora de Vigo y sus históricos silos industriales.
#Destacado

La Panificadora de Vigo fue una de las fábricas de pan más importantes de España y lleva 45 años abandonada

Siguiente
Falece un home en Arzúa tras quedar atrapado entre un tractor e unha árbore

Rescatado un pescador tras caer por un desnivel duns cinco metros en Salvaterra de Miño

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Sesión vermut

13:00 - 14:00
A continuación: Líder Express 14:00

Programación de Hoy

Jueves 05/11/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut Ahora
  • Líder Express
    14:00 - 14:30
    Líder Express
    En directo
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    15:00 - 17:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Las Tardes de Radio Líder
    17:00 - 20:00
    Las Tardes de Radio Líder
  • Al Día
    20:00 - 21:00
    Al Día
    En directo
  • Fórmula Líder
    21:00 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Ya hay fecha para el Black Friday 2026 y el Cyber Monday estas son las jornadas de descuentos

Black Friday 2026 cuándo es y qué día llega el Cyber Monday las fechas de todas las ofertas

Cuatro vehículos chocan en una carretera de Abegondo y los bomberos tienen que excarcelar a una persona

Cuatro vehículos chocan en la AC-542 en Abegondo y los bomberos tienen que excarcelar a un ocupante

Las grandes estrellas del histórico Superdépor que marcaron una época en Riazor.

Qué fue de los jugadores del Superdépor dónde están ahora

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.