O Concello de Guitiriz posúe un gran patrimonio natural e monumental , onde destacan especialmente as súas augas mineiro medicinais. Estas forman parte da identidade social do noso pobo, xa que foron e son piar fundamental no desenvolvemento económico da vila.
A Fonte de San Xoán, situada no entorno do Balneario de Guitiriz , a Fonte de Santo Domingo no Balneario de Pardiñas e a Fonte de Valdovín atraeron e atraen a moita xente a nosa vila a tomar as augas.
A motivación principal para achegarse aos Balnearios foi mudando co paso do tempo. Si a principios do S. XX era máis por motivos terapéuticos, a finais de século e principios do XXI a motivación era de ocio , relax, etc.
Estas augas son sulfúrico sódico fluoradas e están indicadas para afección hepáticas, ril , e para a pel ( especialmente para soriase e dermatite).
As augas do Balneario de Guitiriz foron declaradas de Utilidade Publica no ano 1902 e foron recoñecidas en exposicións internacionais de Londres, París e Ámsterdam.
O Balneario de Pardiñas tamén ten recoñecidas as súas augas de utlidade publica dende o ano 1951.
Os propiedades das augas e os entornos na que están situados fan de Guitiriz un destino ideal para desfrutar da natureza e desconectar do trafego e estrés da vida diaria.
Ademais destacan outros espazos naturais ideais para descansar e desfrutar da natureza como a Área Recreativa dos Sete Muíños, onde poder darse un baño nas frías augas da piscina natural , ou ben na piscina municipal situada nas proximidades da mesma. Nesta área tamén hai un parque infantil e un parque biosaudable, o que fai deste espazo un lugar para pasar o día en familia.
Outros espazos que merece a pena visitar son a Area Recreativa San Xoán de Lagostelle, situado na contorna do Pantano, A Area Recreativa da Carballeira de Parga.
Para que a visita a Guitiriz sexa completa , non se pode un marchar sen probar o doce típico que é a Torta de Millo, ou desfrutar da gastronomía local nos locais de hostalería de zona
https://turismo.concellodeguitiriz.com/

















