• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Julio Abalde destaca o impulso do Goberno ás axudas para libros e becas no curso 2026-2027

O Goberno apoiará ás familias galegas con 2,4 millóns de euros máis para libros e material escolar. Nos últimos cinco anos, as axudas ás familias galegas para libros e material escolar ascende a 16 millóns de euros.

David Por David
18/03/2026
en #Destacado, GALICIA
0
Julio Abalde destaca o impulso do Goberno ás axudas para libros e becas no curso 2026-2027
FacebookXWhatsApp

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, informou hoxe nunha visita á papelería Carlin, onde foi recibido polo seu xerente, Humberto Corona, das novas axudas promovidas polo Goberno para facilitar a adquisición de libros de texto e material didáctico, así como do reforzo do sistema de becas de cara ao curso 2026-2027. Abalde destacou o compromiso do Goberno de Pedro Sánchez co apoio ás familias galegas e co ensino público.

Abalde explicou que o Consello de Ministros do pasado 10 de marzo aprobou a proposta de reparto territorial do Programa de Cooperación Territorial para o financiamento de libros de texto, dotado con 58,5 millóns de euros a nivel estatal. Deste total, Galicia recibirá 2.416.420 euros, que serán transferidos á Xunta permitindo que a Consellería de Educación financie axudas para alumnado de Primaria, ESO, Bacharelato e Formación Profesional en centros sostidos con fondos públicos.

“O Goberno segue a garantir que ningunha situación económica limite o acceso á educación. Por iso, reforzamos ano a ano as axudas para que ningún neno ou nena, ningún mozo ou moza, teña que renunciar a estudar por falta de recursos. O noso compromiso é claro: apoiar ás familias e acompañar ás persoas en todas as etapas educativas, asegurando igualdade real de oportunidades”, destacou Julio Abalde. Estes fondos permitirán financiar material para alumnado de ensino non universitario en centros sostidos con fondos públicos, incluíndo soportes dixitais.

O subdelegado lembrou que, nos últimos cinco anos, o Ministerio de Educación xa destinou 13,5 millóns de euros a Galicia neste programa, cifra que ascende a 15,9 millóns cos novos fondos. Ademais, incidiu en que, segundo o INE, as familias galegas destinan preto de 400 euros por neno a material escolar, polo que estas medidas supoñen un alivio económico importante.

No marco do apoio ao sistema educativo público de Galicia, Abalde destacou que o Goberno investiu 308 millóns de euros no sistema educativo público galego en cinco anos, dos que 200 millóns destináronse ao ensino obrigatorio e 108 millóns á Formación Profesional, permitindo crear máis de 42.000 novas prazas en ciclos formativos.

Ademais, o Goberno de España aprobou tamén un investimento histórico en becas de 2.559 millóns de euros para o curso 2026-2027, o que supón a novena subida consecutiva desde 2018 e un incremento do 83%, o que permitirá superar por primeira vez o millón de estudantes beneficiarios en toda España.

Entre as novidades, destacou a posibilidade de solicitar beca para alumnado con matrícula parcial e a actualización dos límites de patrimonio nunha media do 10%, medidas que favorecen especialmente a quen máis o necesita.

En Galicia, 54.000 familias benefícianse actualmente destas axudas, que supoñen unha inxección económica de 132 millóns de euros, un 59% máis que hai nove anos. O importe medio das becas sitúase en 2.637 euros, cun incremento do 47%.

Na provincia da Coruña, os datos do curso 2023-2024 reflicten 8.000 persoas becadas en educación obrigatoria cunha axuda total de 6 millóns de euros, e 11.600 persoas beneficiarias en ensino postobrigatorio non universitario cunha axuda total de 22,4 millóns.

No ámbito universitario, 12.000 estudantes da UDC e da USC recibiron beca ese curso, cun importe total de 34,3 millóns de euros.

Finalmente, Abalde anunciou a posta en marcha das novas becas Medrano a partir do curso 2026-2027, que permitirán ao alumnado cursar estudos noutras universidades españolas. “Trátase dun programa que reforza a cohesión, o intercambio académico e a igualdade de oportunidades”, explicou. Estas becas, cunha contía de 900 euros mensuais ata un total de 8.100 euros, recuperan o espírito do antigo programa Séneca e levan o nome de Luisa de Medrano, considerada a primeira profesora universitaria de España.

ShareTweetSend
Publicación anterior

VOX considera que los presupuestos municipales de Pontevedra son una ‘estafa’ y presenta alegaciones

Siguiente

Pedro Blanco destaca en Coles “a resposta extraordinaria” do Goberno con 9 millóns para acondicionar as estradas de Ourense

David

David

Relacionado Entradas

FEGAMP Concellos e deputacións galegas recibirán 143 millóns de euros
#Destacado

FEGAMP Concellos e deputacións galegas recibirán 143 millóns de euros

El PP denuncia que «P.S. ha convertido la Fiscalía General en la sucursal de las cloacas sanchistas»
#Destacado

El PP denuncia que «P.S. ha convertido la Fiscalía General en la sucursal de las cloacas sanchistas»

Pontevedra lanza a campaña «O novo é separar» para mellorar a clasificación dos residuos urbanos
#Destacado

Pontevedra lanza a campaña «O novo é separar» para mellorar a clasificación dos residuos urbanos

Inaugurado el nuevo centro de salud de Abegondo
#Destacado

Inaugurado el nuevo centro de salud de Abegondo

Ferrol publica a listaxe provisional de admitidos nos campamentos urbanos e rurais de verán 2026
#Destacado

Ferrol publica a listaxe provisional de admitidos nos campamentos urbanos e rurais de verán 2026

O Goberno inicia a declaración de “O Vello Cárcere” de Lugo como Lugar de Memoria Democrática
#Destacado

O Goberno inicia a declaración de “O Vello Cárcere” de Lugo como Lugar de Memoria Democrática

Siguiente
Pedro Blanco destaca en Coles “a resposta extraordinaria” do Goberno con 9 millóns para acondicionar as estradas de Ourense

Pedro Blanco destaca en Coles “a resposta extraordinaria” do Goberno con 9 millóns para acondicionar as estradas de Ourense

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Opinión

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales
#Destacado

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Hubo un tiempo en el que el verano gallego se medía por el calendario de las fiestas patronales. Cada parroquia...

Leer másDetails
Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Domingo 21/06/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

FEGAMP Concellos e deputacións galegas recibirán 143 millóns de euros

FEGAMP Concellos e deputacións galegas recibirán 143 millóns de euros

El PP denuncia que «P.S. ha convertido la Fiscalía General en la sucursal de las cloacas sanchistas»

El PP denuncia que «P.S. ha convertido la Fiscalía General en la sucursal de las cloacas sanchistas»

Pontevedra lanza a campaña «O novo é separar» para mellorar a clasificación dos residuos urbanos

Pontevedra lanza a campaña «O novo é separar» para mellorar a clasificación dos residuos urbanos

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.