• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

María Peinado Casal recibe o VIII Premio Laudamuco pola súa obra “Maseira”

O xurado destaca “o seu carácter antibelicista, a súa orixinalidade, temática, uso da lingua e estrutura teatral”

David Expósito Por David Expósito
18/05/2026
en Cultura
0
María Peinado Casal recibe o VIII Premio Laudamuco pola súa obra “Maseira”
FacebookXWhatsApp

A coruñesa María Peinado Casal recibiu esta tarde a oitava edición do Premio Laudamuco para textos teatrais de mans da concelleira de Servizos Sociais, Rosa Romero; da vicepresidenta da Academia Galega de Teatro María Barcala; e o director de Edicións Positivas, Francisco Macías. Un certame literario convocado por estas tres entidades que “xa ten promovido a escrita de máis de 300 obras de teatro en galego, cumprindo así o desexo de Roberto Vidal Bolaño, ilustre veciño deste concello”, como apuntou Rosa Romero.

conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia

A dramaturga coruñesa, que concorreu ao certame baixo o pseudónimo “Shelley Duvall” e coa obra “Maseira”, recibiu unha estatua deseñada por Xosé Vizoso, un exemplar da súa obra editada por Edicións Positivas, que tamén recolleron o máis de medio cento de persoas que encheron a sala municipal de exposicións de Brión; e os 7.000 euros cos que está dotado o premio Laudamuco, o máis elevado de todos os que se convocan anualmente no sector en Galicia.

Grandes dramaturgas

Rosa Romero puxo en valor que “María Peinado é a segunda muller que consegue este galardón nos seus oito anos de historia, tras Paula Carballeira aló poro 2022”, desexando que “este premio Laudamuco sexa un paso adiante máis na túa carreira, Non sei se che servirá para que o teu nome se escriba en maiúsculas entre o sector, como dicías nunha entrevista hai uns meses, pero o que si che garanto é que estará escrito en maiúsculas na historia deste premio”.

Un punto no que fixo fincapé María Peinado, quen salientou que en Galicia “temos grandes dramaturgas” se ben recoñeceu que “cando me presento aos concursos ás veces dubido no pseudónimo. O de aquí foi Shelly Duvall, en homenaxe á protagonista de O Resplandor, e dubidei se poñelo porque así o xurado sabería que era unha muller. Temos moito andado pero queda aínda moito por andar”.

Sobre “Maseira”, indicou que o libro xurdiu a raíz dunha pregunta da súa filla maior sobre por que hai guerras e por que non se acaban. “Como no sabía que responderlle, empecei a escribir esta peza un pouco como vía de escape”, salientando “ese humor absurdo que o envolve todo cunha personaxes froito dunha humanidade que todo o destroza”.

Unhas personaxes que tomaron vida na sala de exposicións de Brión da man de actores e actrices de Teatro Ditea, que puxeron en escena un dos actos de “Maseira” ambientado nunha marquesiña de autobuses de Goiáns (Lalín) onde tres nadadoras de natación sincronizada dialogaban cun tratante de gando local sobre a importancia do porco no Quilómetro Cero de Galicia. Un diálogo cómico sobre os “porcos lalaínos” que agochaba outro máis profundo sobre a existencia humana.

Novas xeracións

Pola súa banda, María Barcala tamén chamou a atención sobre o feito de que “é o segundo ano que gana unha dramaturga. No 2022 foi unha escritora consagrada como Paula Carballeira e hoxe é María Peinado, quen pertence ás novas xeracións do noso teatro e agardamos que este Premio Laudamuco axude a seguir creando teatro entre as novas xeracións”.

Finalmente, Francisco Macías volveu poñer en valor a figura de Roberto Vidal Bolaño como escritor: “Roberto é un gran escritor que non ten a consideración que debería nin en Galicia nin en España”.

Valoración do xurado

Este ano presentáronse un total de 46 textos ao certame, entre os que un xurado composto por María Cristina Domínguez Dapena, María Torres Fernández, Roberto Pascual Rodríguez, María Ángeles Cuña Bóveda e Manuel Gestoso González, que actuou como secretario, escolleu a obra titulada “Maseira”. Unha peza da que destacaron “a súa orixinalidade, temática, uso da lingua e estrutura teatral”.

Tal e como explicou Manuel Gestoso, voceiro do xurado, decidiron outorgarlle a María Peinado este premio “pola súa frescura e orixinalidade”, subliñando “o uso dun humor tendente ao absurdo que define un estilo propio e envolvente”. Igualmente, puxeron en valor “o seu carácter antibelicista, tratado dunha maneira non dogmática, o que permite unha lectura crítica e aberta. A narración constrúe un certeiro retrato dun mundo apocalíptico que conecta directamente coa realidade que vivimos no presente: a proposta sitúase en sintonía coa actualidade internacional, pero mantense ben asentada na realidade galega”.

María Peinado

María Peinado (A Coruña 1978). Directora, dramaturga e directora artística. Licenciada en Interpretación Textual pola Escola Superior de Arte Dramática de Galicia e formada en Filoloxía Inglesa pola UDC. Na súa traxectoria dirixa teatro, ópera, teatro infantil e teatro de títeres.

En 2019 a compañía A Ramboia, da que é confundadora, resulta gañadora do I Certame Manuel María de Proxectos Teatrais. En 2020 acada o Premio María Casares á Mellor Adaptación polo espectáculo “O meu mundo non é deste reino”, así como o Premio María Casares á Mellor Dirección. No ano 2026, “Un tal Romeo”, espectáculo que escribe e dirixe, acada o premio de Mellor Actor Protagonista nos mesmos premios.

María Peinado suma o seu nome ao palmarés do Premio Laudamuco xunto a Vicente Piñeiro, Paula Carballeira Cabana, Francisco Antonio Vidal Blanco, Raúl Dans, Xavier Lama López, José Luís Baños de Cos e Julio Fernández Peláez e Alberto Casso Basterrechea (estes dous últimos concorreron conxuntamente).

ShareTweetSend
Publicación anterior

El Gobierno publica la orden de módulos con importantes reducciones en el IRPF 2025 para 50.000 agricultores y ganaderos gallegos

Siguiente

Alfonso Rueda fai balance en Vigo do seu programa electoral

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Carballo Samaín 2026
#Destacado

Carballo esconde figuras de Samaín en 41 comercios: así puedes participar y ganar premios

Rede Cultural da Deputación da Coruña
#Destacado

¿Por qué cuesta acercar la cultura a todos? Oleiros busca nuevas fórmulas para implicar al público

IX edición de INTERSECCIÓN
#Destacado

A Coruña se convierte en punto de encuentro del cine más innovador con películas de 22 países

vimindie 2026
#Destacado

VIMINDIE 2026 llega a Vimianzo: tres días de cultura independiente, arte, música y fanzines en la Costa da Morte

FestadeOutono_
#Destacado

Celanova se llena de planes este puente de octubre: gastronomía, música, cine, feria bio y una gran fiesta del otoño

xose manuel beiras
#Destacado

Muere Xosé Manuel Beiras a los 90 años, histórico líder del BNG y referente del nacionalismo gallego

Siguiente
Alfonso Rueda fai balance en Vigo do seu programa electoral

Alfonso Rueda fai balance en Vigo do seu programa electoral

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Programación de Hoy

Domingo 11/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Ángel Currás Oveyanejra

Oveyanejra “parvo de nacemento” el creador gallego que se hizo viral en un autobús de A Coruña

xulgados de pontevedra

Un comercial irá a prisión por quedarse con 12.565 euros que había cobrado a clientes en Pontevedra

Carballo Samaín 2026

Carballo esconde figuras de Samaín en 41 comercios: así puedes participar y ganar premios

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.