O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, Martín Alemparte, acompañado polo delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, asistiu hoxe á XLIV festa do Viño de Quiroga, onde enxalzou a calidade deste produto na subzona Quiroga-Bibei, unhas das que compoñen a Denominación de Orixe Ribeira Sacra.
Cómpre salientar que o pasado ano esta DO acadou unha produción de máis de 4,6 millóns de euros, chegando a un valor estimado superior aos 20,8 M€. Ademais, desde a Consellería do Medio Rural conta cunha axuda específica para apoiar ao sector vitivinícola nesta zona, concretamente para a conservación da contorna paisaxística e loita contra a erosión de viñedos na Ribeira Sacra, dotada cun orzamento de 1,5 millóns de euros.













