O Mercamelide de inverno regresa na fin de semana do 21 e o 22 do vindeiro mes de febreiro.
Un ano máis, o Pazo de Congresos acollerá un grande espazo de compra durante toda a fin de semana, para que a veciñanza e visitantes poidan adquirir produtos de primeira calidade, procedentes do comercio local e a prezos moi competitivos, que inclúen fogar, roupa, electrodomésticos, tecnoloxía, zapatería, etc.
O Mercamelide, unha cita consolidada
O Mercamelide, tanto nas súas edicións invernais como estivais, é un evento de grande importancia para a promoción do comercio local, que en sucesivas edicións ten medrado en participación e asistencia e que ofrece unha importante oportunidade para a dinamización económica e comercial. O público valora especialmente os importantes descontos e a calidade dos produtos, pertencentes a sectores distintos como o mobiliario, menaxe, fogar, decoración, calzado, mercería, deporte, beleza, electrodomésticos, complemento ou seguros, entre outros.
Nesta edición haberá animación infantil a partir dos 4 anos de idade, con inchables e obradoiros os dous días. Con este servizo, que se estenderá de 11h a 14h pola mañá e de 16h a 20h en horario de tarde, as familias poderán efectuar as súas compras con maior comodidade. Nos
A edición de 2025 contou con 15 comercios de Melide e rexistrou un alto volume de vendas e de asistencia, e neste 2026 serán practicamente o dobre, con 26 comercios participantes.
O concelleiro de Comercio, Xosé Igrexas, confía no éxito dunha nova edición e lembra a importancia de dotar ao comercio local dun evento de apoio coma este no tramo final do inverno.











