• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Nace o I Trofeo de fútbol feminino da Garda Civil, Policía Nacional e Local solidario coas persoas afectadas de ELA

A recadación do torneo destinarase á Asociación Grupo CompostELA de Afectados de ELA, que promove peregrinaxes adaptadas polo Camiño de Santiago para persoas con esta enfermidade, ao tempo que impulsa a súa visibilización e reclama máis recursos para a investigación.

David Por David
23/07/2026
en Deportes, GALICIA
0
Nace o I Trofeo de fútbol feminino da Garda Civil, Policía Nacional e Local solidario coas persoas afectadas de ELA
FacebookXWhatsApp

O subdelegado do Goberno na Coruña, Julio Abalde, presentou hoxe, xunto co Tenente Coronel, Xefe Accidental da Comandancia de Garda Civil da Coruña, Luis Nicolás Arroyo, e a presidenta da asociación Grupo CompostELA, Mati Alvarín, o I Trofeo Solidario FCSE Coruña–CompostELA, unha iniciativa impulsada por un grupo de voluntarios da Garda Civil da Coruña que reunirá por primeira vez a integrantes da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local da Coruña nunha xornada deportiva e solidaria destinada a apoiar ás persoas afectadas pola Esclerose Lateral Amiotrófica (ELA).

O torneo disputarase o vindeiro 25 de setembro, entre as 16:00 e as 20:00 horas, no campo de fútbol da Universidade da Coruña, en Elviña, e toda a recadación obtida destinarase á Asociación Grupo CompostELA de Afectados de ELA, entidade constituída en 2026 que desenvolve un dos proxectos solidarios máis singulares vinculados ao Camiño de Santiago. A asociación nace da iniciativa dun grupo de peregrinos directamente relacionados coa ELA que, desde 2019, descubriron no Camiño de Santiago un escenario privilexiado para dar visibilidade á enfermidade e reclamar unha maior implicación das administracións na investigación e na atención ás persoas afectadas. O seu principal proxecto consiste en facer posible que persoas con ELA, xunto ás súas familias, persoas coidadoras e voluntarias, poidan realizar o Camiño de Santiago, convertendo esta experiencia nun símbolo de superación, solidariedade e esperanza.

O Grupo CompostELA conta ademais coa colaboración da Garda Civil, que presta apoio ao desenvolvemento destas peregrinaxes, ás que tamén se incorporan unidades doutros corpos de seguridade europeos, como a Gendarmería francesa, a Polizei alemá, os Carabinieri italianos ou a GNR portuguesa, reforzando o carácter internacional desta iniciativa.

Durante a presentación, Julio Abalde destacou que “este torneo representa á perfección o espírito de servizo público e demostra que a colaboración entre institucións, forzas de seguridade e sociedade civil é capaz de converter o deporte nunha ferramenta de solidariedade e esperanza”.

O subdelegado engadiu que “cando administracións, corpos policiais, empresas, entidades e cidadanía traballan na mesma dirección, somos capaces de impulsar proxectos que melloran a vida das persoas e contribúen a dar visibilidade a enfermidades como a ELA, que necesitan do compromiso de toda a sociedade”.

Abalde agradeceu o compromiso da Universidade da Coruña por poñer a disposición da organización as instalacións deportivas de Elviña, así como a implicación da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local da Coruña, das institucións colaboradoras e das empresas e comercios que fan posible a celebración desta iniciativa.

Unha tarde de deporte, convivencia e solidariedade
O I Trofeo Solidario FCSE Coruña–CompostELA desenvolverase cun formato de torneo triangular de fútbol sete feminino, no que participarán equipos integrados por compoñentes da Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local da Coruña.

O calendario deportivo será o seguinte:

  • 16:30 horas: Garda Civil – Policía Nacional.
  • 17:30 horas: Policía Nacional – Policía Local.
  • 18:30 horas: Policía Local – Garda Civil.

A organización quere que a cita sexa moito máis ca un evento deportivo. Ao longo de toda a tarde instalarase un espazo informativo da Asociación Grupo CompostELA para achegar á cidadanía o labor que realiza e sensibilizar sobre a realidade da ELA. Ademais, haberá exhibicións de medios de Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local cun Servizo Cinolóxico, exposición de vehículos policiais e motocicletas; actividades pensadas para o público familiar e unha gran rifa solidaria, grazas á colaboración de empresas e comercios da comarca.

A entrada ao recinto consistirá nun donativo solidario de cinco euros, mentres que os menores de dez anos poderán acceder gratuitamente. A venda de entradas e doazóns pode facerse en www.eventbrite.es. As persoas que non poidan asistir tamén poderán colaborar a través das canles de doazón habilitadas pola Asociación Grupo CompostELA, como a apertura dunha “fila cero” na que se pode doar na conta da asociación ES09 2080 0126 2130 4007 3557.

Como un dos momentos máis emotivos da xornada, o saque de honra será realizado por un membro de Grupo CompostELA afectado por ELA.

Na súa intervención, Julio Abalde fixo un chamamento á participación cidadá e animou á sociedade coruñesa a encher as bancadas do campo de fútbol de Elviña o próximo 25 de setembro. “Ese día non só veremos tres equipos sobre o terreo de xogo; veremos a toda unha cidade unida baixo a mesma camiseta, a da solidariedade. Cada asistencia, cada entrada e cada achega contribuirán a que persoas afectadas pola ELA poidan seguir cumprindo soños e a que esta enfermidade teña a visibilidade e os recursos que merece”, concluíu.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Zendal alcanza cifra récord de ventas con 133 millones de euros en 2025, un 12,7% respecto al año anterior

Siguiente

Lactalis España apoya el Máster en Producción de Leche de la USC para contribuir a la formación de los profesionales del futuro

David

David

Relacionado Entradas

Festival Castelo Conta ‘Outra volta á festa’ do 24 ao 30 de Agosto
#Destacado

Festival Castelo Conta ‘Outra volta á festa’ do 24 ao 30 de Agosto

O X Foro Territorios Patrimonio reivindica o valor do futuro da Ribeira Sacra ás portas da decisión da UNESCO
Cultura

O X Foro Territorios Patrimonio reivindica o valor do futuro da Ribeira Sacra ás portas da decisión da UNESCO

Baiona te acoge en Semana Santa con una villa llena de mucha historia
#Destacado

Baiona celebra as Festas da Anunciada 2026: programa, fuegos y dónde aparcar

Zendal alcanza cifra récord de ventas con 133 millones de euros en 2025, un 12,7% respecto al año anterior
Economía

Zendal alcanza cifra récord de ventas con 133 millones de euros en 2025, un 12,7% respecto al año anterior

Recorda Fest 2026 en A Coruña: cartel, artistas, horarios, entradas y toda la información para disfrutar del festival
#Destacado

Recorda Fest 2026 en A Coruña: cartel, artistas, horarios, entradas y toda la información para disfrutar del festival

A Rolda Leste de Ourense sairá a licitación cunha inversión de 12,7 M€
#Destacado

A Rolda Leste de Ourense sairá a licitación cunha inversión de 12,7 M€

Siguiente
El Gobierno publica la orden de módulos con importantes reducciones en el IRPF 2025 para 50.000 agricultores y ganaderos gallegos

Lactalis España apoya el Máster en Producción de Leche de la USC para contribuir a la formación de los profesionales del futuro

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

14:30 - 16:00
Continuidad
A continuación: Oh My Hits 16:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Jueves 23/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Festival Castelo Conta ‘Outra volta á festa’ do 24 ao 30 de Agosto

Festival Castelo Conta ‘Outra volta á festa’ do 24 ao 30 de Agosto

O X Foro Territorios Patrimonio reivindica o valor do futuro da Ribeira Sacra ás portas da decisión da UNESCO

O X Foro Territorios Patrimonio reivindica o valor do futuro da Ribeira Sacra ás portas da decisión da UNESCO

Baiona te acoge en Semana Santa con una villa llena de mucha historia

Baiona celebra as Festas da Anunciada 2026: programa, fuegos y dónde aparcar

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.