• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O BNG empraza á Xunta a actuar contra o uso de herbicidas contaminantes na marxe das vías

Secundino Fernández advirte do risco destas substancias para a flora e a fauna, e tamén para a saúde das persoas a través da auga de pozos e fontes

David Por David
27/05/2026
en GALICIA, Política, Rural
0
O BNG empraza á Xunta a actuar contra o uso de herbicidas contaminantes na marxe das vías
FacebookXWhatsApp

O deputado do BNG Secundino Fernández defendeu na Comisión 2ª unha iniciativa para reclamarlle á Xunta que actúe contra o uso de herbicidas en base a glifosato e derivados nos labores de limpeza das vías de comunicación, co obxectivo de evitar a contaminación de augas e os posibles efectos daniños na saúde das persoas e da fauna.

Na súa intervención, Fernández subliñou que o uso de produtos químicos nas beiravías de forma masiva está prohibido, pois a substancias, explicou, son arrastradas coa auga e a choiva e acaban filtrándose no nivel freático e chegando aos ríos, con consecuencias negativas para a fauna e a flora, e o risco tamén de afectar ás fontes e pozos de consumo humano.

A maioría dos herbicidas, usados por empresas de mantemento contratadas polas administracións, son químicos e conteñen glifosato, unha sustancia sobre a que OMS leva décadas advertindo, até o punto de tela clasificado como «probablemente canceríxena para os seres humanos», baseándose nunha forte evidencia de que o é para os animais.

Secundino Fernández destacou ademais que a lexislación vixente (real decreto 1311/12) establece que en ámbitos non agrarios «os tratamentos nas redes de servizos soamente poderán realizarse con produtos fitosanitarios autorizados para estes usos, naqueles casos ou tramos en que non sexa viable a utilización de medios mecánicos ou outros alternativos, e sempre en épocas nos que sexa menos probable que se produzan choivas».

«E resulta que organismos públicos utilizan de xeito habitual os herbicidas con glifosato», denunciou o deputado nacionalista, salientando que a Administración estatal xa ten identificado o glifosato como contaminante específico de conca nos plans hidrolóxicos. «O propio Ministerio de Transición recoñece que a análise dos datos feitos sobre o glifosato nos últimos 5 anos evidencian que pode supor un risco nas augas superficiais», engadiu.

Considerou, neste punto, que «non ten sentido que os gobernos que recoñecen a perigosidade destas substancias, incluso se fan controis sobre a súa presenza nas augas e concas hidrográficas, utilicen herbicidas de forma indiscriminada para evitar o medre do monte nas beiravías das estradas».

Ademais, segundo apuntou, existen alternativas aos herbicidas químicos para o necesario control da vexetación non desexada tanto en estradas como en vías férreas –métodos mecánicos ou térmicos– que, «ademais de ser máis respectuosos co medio natural e menos contaminantes, permiten xerar emprego».

Secundino Fernández, que na quenda da réplica expuxo un caso real de envelenamento de 30 ovellas que pastaron en zonas afectadas por herbicidas tóxicos, lamentou o voto en contra do PP a unha iniciativa que reclamaba á Xunta exercer as súas competencias en relación o uso dos produtos fitosanitarios.

En concreto, a través da súa proposición non de lei, o BNG propuxo emprazar desde o Parlamento á Xunta a prohibir o uso de herbicidas en base a glifosato e derivados para a limpeza das vías de comunicación de titularidade da Xunta.

A proposta do BNG instaba así mesmo á Xunta a inspeccionar e controlar o uso destas substancias tóxicas nas vías de comunicación doutras administracións, promovendo a eliminación destas prácticas contaminantes e perigosas para a saúde das galegas e os galegos.

A iniciativa reclamaba finalmente á Xunta a análise das augas da súa competencia para ver o nivel de contaminación existente por estes tóxicos e a publicación dos resultados.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Vigo acoge el “Encuentro de Investigación Marina del CSIC”

Siguiente

Radio Líder supera los 10.000 oyentes en App Store

David

David

Relacionado Entradas

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026
#Destacado

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos
#Destacado

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros
#Destacado

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero
#Destacado

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero

Comezan as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña
#Destacado

Comezan as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo
#Destacado

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo

Siguiente
Radio Líder supera los 10.000 oyentes en App Store

Radio Líder supera los 10.000 oyentes en App Store

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Oh My Hits En directo

Oh My Hits

16:00 - 19:00
A continuación: Fórmula Líder 19:00

Programación de Hoy

Miércoles 16/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits Ahora
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.