• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O BNG sostén que Galiza merece un proxecto máis ambicioso

Cualifica a Rueda como "o presidente do estancamento" que deixa como legado de 17 anos de goberno un País máis débil e con menos oportunidades

David Por David
09/04/2026
en #Destacado, Política
0
O BNG sostén que Galiza merece un proxecto máis ambicioso
FacebookXWhatsApp

Exixe ao presidente da Xunta que se desculpe cxs traballadorxs por tratalos coma defraudadores cando Galiza é a 2ª CCAA con menos baixas laborais do Eº

Fronte á propaganda: comprar 4.000 vivendas para alugueiro a prezo taxado en cinco anos e cualificación permanente de toda a vivenda protexida

Propón reforzar a atención primaria, plan de choque para as listas de espera e un Sergas dos servizos sociais para garantir o coidado das persoas maiores

A portavoz nacional, Ana Pontón, acusou ao presidente da Xunta, Alfonso Rueda, de ser «o presidente do estancamento» que deixa como legado de 17 anos de goberno «unha Galiza máis débil» á que só ofrece vellas receitas fracasadas que empeoran a vida da xente.

«No BNG temos o convencemento de que Galiza merece máis, moito máis, e como goberno alternativo temos un proxecto ambicioso que ofrecerlle aos galegos e ás galegas para construír unha Galiza sen límites que nos poña na vangarda das nacións máis avanzadas do mundo», afirmou durante a súa intervención no Debate do Estado da Nación, no que confrontou o fracaso e a incapacidade política do Executivo de Rueda para mellorar a vida dos galegos e das galegas co proxecto de futuro que representa o Bloque.

«Tiveron 17 anos e deixan unha Galiza en crise demográfica e coa natalidade en caída libre, con listas de espera para ir ao médico ou médica de cabeceira, na que cada vez é máis difícil acceder a unha vivenda, que está á cola en I+D+i, cos nosos sectores produtivos tocados, un monte que cada vez arde máis e unha situación de emerxencia lingüística», resumiu, para criticar a continuación ao presidente da Xunta que tente tapar o seu fracaso con mentira, propaganda e promesas baleiras.

«Non se cansa de tanta mentira? De verdade non lle preocupa que a súa palabra non vale nada?», cuestionou a Rueda logo de recriminarlle os 40 compromisos incumpridos só nos dous últimos anos. «A súa palabra só ten valor cando se trata de beneficiar a uns poucos», recriminoulle recordando os contratos a dedo a empresas amigas como a que dirixe a irmá de Núñez Feijóo, o sobre custo de 470 millóns polo hospital de Vigo para favorecer a construtoras tamén amigas, os 300 millóns por rescatar autoestradas ruinosas ou que continúe «traballando para que as eléctricas se forren mentres 300.000 familias non poden prender a calefacción».

«Esta mañá dicía que vostede sabe a quen se debe, sabémolo todos: ás eléctricas, ao lobby da sanidade privada e ás empresas amigas do PP», ironizou.

Logo de denunciar que o PP «acaba de cargarse» aos xuíces da sala terceira do TSXG por pedir que se cumpra a lei fronte «á súa barra libre ao espolio», a líder nacionalista instou a Rueda a asumir as súas responsabilidades por facer perder dous anos aos galegos ao apostar todo á carta tóxica de Altri, que a maioría social paralizou na que definiu como «unha vitoria do pobo galego e unha rotunda derrota súa».

Pontón exemplificou nesta «bomba ambiental» a falta de proxecto, a incompetencia política e a deslealdade con Galiza dun Executivo que ten como modelo industrial as macrocelulosas do século pasado. Unha ausencia de proxecto, alegou, que trae como resultado un País estancado, cun músculo económico e industrial debilitado.

Así o evidenciou con cifras: en termos de converxencia, Galiza perdeu peso no Estado en emprego, en poboación e en riqueza e só capta o 1,5% do investimento estranxeiro (a metade que o País Vasco, con menos poboación e territorio), cunha taxa de investimento que en 2009 estaba por riba da media estatal e europea e hoxe por baixo, tras caer 13 puntos.

A gran aportación de Rueda ao mercado laboral: criminalizar axs traballadorxs

«En 17 anos non lograron nin un só proxecto económico ou industrial de referencia, ningún, e a realidade é que desde que vostedes gobernan, desapareceron 5.447 empresas e temos 26.802 autónomos menos mentres que no Estado medraron un 5,5%», reprochou a un Rueda ao que recriminou que a súa gran aportación ao mercado laboral sexa «criminalizar aos traballadores e traballadoras», en referencia ao seu anuncio sobre o control das baixas laborais.

Neste sentido, recordou que en Galiza hai 27 baixas por cada mil afiliados á Seguridade Social, cando a media do Estado é de 40 baixas laborais. «Somos a segunda comunidade autónoma, a segunda, con menos baixas de todo o Estado, pero vostede vén a este Parlamento a tratar aos traballadores e traballadoras como se fosen vagos e maleantes», recriminou.

A portavoz do BNG recordoulle que as baixas duran máis en Galiza porque o seu goberno «ten colapsada a sanidade pública» e, na vez de reforzala con máis medios, o que fai é criminalizar á clase traballadora e usar este colapso para «afondar na privatización da sanidade a través das mutuas». «É sinxelamente impresentable, débelle vostede unha desculpa aos traballadores e traballadoras deste País», exixiu. 

Modelo alternativo de desenvolvemento enerxético e industrial

Pontón argumentou que Galiza ten todo para avanzar e progresar, para o que defendeu un cambio de modelo que pasa, en primeiro lugar e como defende o BNG, por poñer a riqueza do País ao servizo do País, xusto ao contrario do que fai o titular do Executivo, ao que acusou de ser «o cabalo de Troia do lobby eléctrico e da megaminería contaminante».

Por iso, avogou por que os novos parques se vinculen a proxectos industriais no País e por crear unha tarifa eléctrica galega e unha empresa pública de enerxía, propostas que considerou de sentido común, de democracia enerxética e tamén de xustiza. «Isto é o que necesita Galiza e non o seu espolio-washing para que as eléctricas se sigan forrando», recalcou.

Neste sentido, reprochou a Rueda que manteña que está seguindo o modelo de Noruega, cando este país ten unha empresa pública de enerxía e o Estado controla o sector enerxético. «Se quere que os beneficios repercutan no País e na súa xente, cree unha empresa 100% pública de enerxía e aprenda algo do alcalde do BNG de Muras, que sabe como negociar coas eléctricas», reclamoulle.

A portavoz nacional tamén propuxo un plan de futuro que aposte por investir o 2,5% do PIB en ciencia e innovación, un plan de desenvolvemento industrial que peche os ciclos produtivos e cree valor engadido e crear un Instituto de Crédito e un Fondo Soberano para Investimentos Estratéxicos co obxectivo de que a industria se sitúe no 20% do PIB.  

Propostas reais para reforzar a sanidade

No ámbito dos servizos públicos, criticou a estratexia do PP para debilitar a sanidade pública en beneficio da privada, o que exemplificou no recortazo de 1.600 millóns en atención primaria, mentres hai listas de espera  para ver ao médico ou médica de cabeceira.

«Por iso, as galegas e os galegos son os que peor valoran a atención primaria de todo o Estado», advertiu logo de criticar ao presidente da Xunta que, por riba, anunciara hoxe un novo modelo de primaria, exactamente o mesmo anuncio que o PP xa fixo en 2019.

Pontón advertiu que cidadanía e profesionais saen á rúa porque hai 380.000 galegxs nunha lista de espera -que por riba está manipulada- e 11.000 nenos e nenas sen pediatra e o seu goberno é o segundo que menos inviste en primaria por habitante. «Señor Rueda, non fai falta alborotadores, nin axitadores controlados por non se sabe quen para que a xente saia á rúa, só fai falta un goberno do Partido Popular atacando a sanidade pública», remarcou.

Neste punto, tamén criticou a propaganda do PP nun ámbito tan serio como o da saúde mental, para a que comprometera 83 millóns dos que investiu menos da metade, anunciar un novo Plan de saúde mental que segue sen poñer en marcha ou contar con só 21 psicólogos para 400 centros de saúde.

Fronte a este «tráxico legado», contrapuxo as propostas do BNG para reforzar a sanidade e que pasan por cubrir todas as prazas vacantes e contratar a 100 psicólogos nos centros de saúde, dotar a primaria de máis recursos e servizos incrementando o seu orzamento e poñer en marcha un plan de choque para reducir as listas de espera hospitalarias, que están descontroladas.

Un Sergas dos Servizos Sociais

En canto a atención ás persoas maiores e dependentes, reprobou o modelo do PP que consiste en «facer negocio coa vellez e descargar os coidados nas mulleres a prezo de saldo», tal e como acontece coas «mulleres precarizadas» que traballan nas residencias privadas ás que cada ano o Executivo entrega un cheque de 100 millóns de euros.

A portavoz do BNG criticou a Rueda que no seu discurso presumira do ben que ía a dependencia, cando Galiza está por debaixo da media en atención domiciliaria, en teleasistencia e en servizos para atender ás persoas con discapacidade e segue sen desenvolver o novo modelo de residencias que comprometera logo da pandemia, nin poñer en funcionamento nin os centros de coidados intermedios, nin a estratexia fronte á soidade non desexada que anunciara. 

«Vostede dilapida millóns de euros en publicidade, pero ten o SAF deliberadamente colapsado porque quere cargarse este servizo», reprochoulle, para acusalo a continuación de colapsar o Servizo de Atención no Fogar e despois ofrecer cheques-miseria que as familias teñen que coller como única alternativa. «Resultado: as mulleres rematan facendo por 400 €/mes o que vostede, con 14.200 millóns de orzamento, non quere facer», sintetizou.

Neste contexto, defendeu a creación dun Sergas dos servizos sociais para garantir que as persoas maiores pasen esta etapa vital no seu fogar con todos os medios que necesitan e, en caso de ser necesario, que conten cun modelo de residencias que poña as persoas no centro. 

Compra de vivenda para alugueiro

A líder nacionalista reclamou ao titular do Executivo que «deixe de mentir á xente» en materia de vivenda logo de comprometer nun mitin de 2024 que en 2028 habería 4.000 novas vivendas públicas, cando a día de hoxe, e cos datos oficiais, só hai 171 novas vivendas protexidas rematadas, todas iniciadas antes deste anuncio.

Fronte á propaganda de Rueda e tras lembrar que hai máis de 90.000 pisos baleiros só nas grandes cidades, propuxo comprar 4.000 vivendas para alugueiro nun prazo de cinco anos, a protección permanente de toda a vivenda protexida para acabar coa especulación, comprar toda a vivenda protexida que se venda –»vendéronse case 7.000 vivendas con vostede no goberno que hoxe poderían estar a disposición da xente; nos próximos anos poderían perderse 14.000 vivendas públicas máis», afeoulle- e limitar o prezo do alugueiro a través da declaración de zonas tensionadas, «na vez de boicotealas como fai vostede en Santiago», reprochoulle.

A líder nacionalista recriminou ao titular do Executivo o seu silencio en materia de igualdade, sen unha soa mención ás políticas de igualdade ou á violencia machista e sen unha soa proposta para as mulleres, pese a que sofren a maior fenda salarial da serie histórica (con 4.706 euros), unha maior temporalidade laboral e risco de pobreza e cobran pensións máis baixas.

De igual xeito, criticou a ausencia dun plan de igualdade e contra o acoso no ensino, obrigatorio por lei, e denunciou que, pese a que só o 15% das vítimas reciben atención psicolóxica e Galiza está por debaixo da media en prazas de acollida, o Goberno do PP recortou este ano 1,2 millóns no programa para combater a violencia machista, mentres gasta 7.000 euros ao día en publicidade.

«Quedan claras as súas prioridades: o autobombo por riba das mulleres», resumiu diante dunha actitude que é a esperable dun «Partido Popular que cando te denuncias internas de acoso, o seu protocolo de resposta é acosar á vítima para que non denuncie».  

Máis profesorado e plan de atención á diversidade

Respecto da educación, propuxo contratar máis profesorado e persoal especialista, poñer en marcha un plan de atención á diversidade, reducir as ratios nas aulas, garantir a gratuidade nos libros de texto e devolver aos profesionais do ensino os dereitos que lles roubou o PP.

Propostas que contrapuxo ao modelo dun Rueda que cada ano destina máis recursos ao ensino privado mentres na pública falta profesorado e persoal especialista. «As súas baixadas de impostos supoñen un burato de 5.096 millóns nas arcas públicas nos últimos oito anos: sabe cantos profesores e persoal educativo de apoio se podería contratar con eses 5.000 millóns?», interpelou a un presidente da Xunta, ao que recordou que só con suprimir o seu agasallo fiscal aos grandes patrimonios poderíase contratar o persoal necesario para os nenos e nenas con necesidades especiais.

Apoio aos sectores produtivos

A portavoz nacional advertiu que a crise demográfica que padece Galiza -con case medio millón de persoas buscando as oportunidades que no atopan no País como gran legado do PP- ten moito que ver coa «destrución programada» dos sectores produtivos, o que se manifesta no peche dunha explotación gandeira cada día ou que haxa 50.000 hectáreas abandonadas e cun rural «convertido nun eucaliptal para o lobby do eucalipto».

Neste sentido, recriminou ao PP que traizoara aos gandeiros e gandeiras galegas apoiando o acordo de Mercosur, nun contexto ademais non que os produtores de leite cobran o prezo máis baixo do Estado e agora as empresas comunicaron unha baixada de até 11 céntimos por litro.

«Todo isto cos custes de produción disparados pola guerra de Irán apoiada polo Partido Popular», recalcou, logo de reprobar aos populares que votasen en contra de condenar esta guerra como no seu día evitaron recoñecer e condenar o xenocidio en Gaza. Pontón considerou «eticamente difícil de asumir» que Rueda insinuase que neste contexto hai que aproveitar a oportunidade de negocio, o que tachou de indecencia política e moral porque «non hai ningunha oportunidade nunha guerra, só vítimas, sufrimento e destrución». 

Ademais, criticoulle que estivese de brazos cruzados mentres outros gobernos aprobaban axudas millonarias e despois anunciara un «plan cutre» que ademais é «un auténtico bluff«. «De verdade pensa que o que necesitan os gandeiros, a xente do mar, os transportistas ou as familias ante a suba de combustibles, dos alimentos ou das hipotecas, é promocionar Galiza como destino turístico seguro?», cuestionoulle.

A portavoz nacional pediu ao presidente da Xunta que traballe para garantir prezos do leite xustos, facilite a renovación xeracional e vote en contra do acordo de Mercosur como fixo e vai facer o BNG no Parlamento europeo e, ante a «situación dramática» do sector pesqueiro e o marisqueiro -que pasou de vender en lonxa 196.000 toneladas de peixe e marisco fresco en 2009 a 107.000 en 2025, unha caída do 45%- deixou sobre a mesa dúas propostas concretas: rexeneración das rías e declarar Galiza libre de eólica mariña.

Medidas que contrapuxo á gran proposta de Rueda de encher a costa de chiringuitos de praia con 400 autorizacións en menos dun ano. «Recoñezo que esta non a vin vir, é vostede un visionario, cambiar pesca por chiringuitos», ironizou. 

Cambio de rumbo na política forestal

Pontón tamén se referiu á vaga de lumes do pasado verán, onde a resposta do Goberno do PP non estivo á altura, e pediu ao titular do Executivo que aclarase se vai cumprir o seu compromiso de limpar as franxas de seguridade en todos os concellos de menos de 10.000 habitantes «ou vai ser outro titular».

Nesta liña, criticou a Rueda que non aprendera nada das últimas vagas de lumes -62.000 hectáreas ardidas e catro persoas falecidas en 2017; 51.000 hectáreas queimadas en 2022 e 170.000 en 2025, con miles de persoas desaloxadas- e siga practicando «a mesma política pirómana de sempre», aumentando as hectáreas de eucalipto «con moratorias-fake en plena emerxencia climática».

Por iso, defendeu unha moratoria real indefinida na plantación de eucalipto e un novo modelo baseado nun monte limpo, ordenado e multifuncional e apostou por pechar o ciclo produtivo da madeira e por crear un sistema de extinción profesionalizado e sen precariedade laboral.

Logo de reprobar ao presidente de todos os galegos e galegas que se puxese atrás da infame pancarta en contra do galego e que apoiase a cruzada anti-galego do PP e VOX en Madrid e en Europa, reclamoulle que cumpra o Plan xeral de normalización lingüística, o gran acordo a favor do idioma que romperon os populares. De igual xeito, instouno a suprimir o decreto da vergoña e consensuar un novo decreto para o ensino e a actualizar a Lei de Normalización Lingüistica para adaptala á realidade dos nosos días.

Por último, tamén criticou a Rueda a súa submisión á rúa Génova, antepoñendo os intereses partidistas aos de Galiza, o que puxo de manifesto coa súa negativa a aceptar a quita da débeda negociada polo BNG. «Madrid manda, vostede obedece e Galiza perde», sintetizou, para afearlle a continuación que afirmase que só reclama competencias para o País alí onde pode mellorar a xestión do goberno central. «En 17 anos, só pediu unha, toda unha declaración de incompetencia», ironizou.

Fronte a esta submisión, a líder nacionalista defendeu un novo status de nación para Galiza e un novo modelo de financiamento que lle dea aos galegos e galegas a chave dos seus cartos. «Este é o camiño para construír unha Galiza máis forte, unha fortaleza que se asenta sobre a dignidade do pobo galego, que defende todo o que considera xusto e decente», resumiu.

Pontón rematou a súa intervención reivindicando a alternativa de goberno do BNG e remarcando que aínda hai tempo para mudar de rumbo. «Quero dicirlle a todos os galegos e galegas, coa man no corazón, que é posible darlle a volta ao nefasto legado de 17 anos de goberno do PP, que é posible construír unha Galiza mellor, unha Galiza en grande, desde a confianza nas nosas propias forzas», concluíu. 

ShareTweetSend
Publicación anterior

O PPdeG pon en valor a xestión do Goberno Rueda no Debate de Política Xeral

Siguiente

Renfe modifica el servicio entre Ourense, Monforte y Lugo por trabajos de mejora en la infraestructura

David

David

Relacionado Entradas

Un operario foi evacuado en helicóptero tras caer cando traballaba a gran altura en Padrón
#Destacado

Un operario foi evacuado en helicóptero tras caer cando traballaba a gran altura en Padrón

Un incendio causa danos na nave de Trison no polígono Espírito Santo en Sada
#Destacado

Un incendio causa danos na nave de Trison no polígono Espírito Santo en Sada

Un beso apasionado ayuda a quemar hasta 26 calorías por minuto y actúa de lifting natural
#Destacado

Un beso apasionado ayuda a quemar hasta 26 calorías por minuto y actúa de lifting natural

Renfe garantiza la movilidad de los viajeros durante las obras de Adif en la estación de A Coruña con un plan alternativo de transporte
#Destacado

Renfe modifica el servicio entre Ourense, Monforte y Lugo por trabajos de mejora en la infraestructura

O PPdeG pon en valor a xestión do Goberno Rueda no Debate de Política Xeral
#Destacado

O PPdeG pon en valor a xestión do Goberno Rueda no Debate de Política Xeral

El ministro Óscar López visita el CESGA en Santiago, el segundo centro de computación más importante de España
#Destacado

El ministro Óscar López visita el CESGA en Santiago, el segundo centro de computación más importante de España

Siguiente
Renfe garantiza la movilidad de los viajeros durante las obras de Adif en la estación de A Coruña con un plan alternativo de transporte

Renfe modifica el servicio entre Ourense, Monforte y Lugo por trabajos de mejora en la infraestructura

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Jueves 09/04/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

¿Por qué a los políticos les toca la lotería con tanta frecuencia?

¿Por qué a los políticos les toca la lotería con tanta frecuencia?

Hay a quien le llegó a tocar hasta en siete ocasiones. Se llama Carlos Fabra y presidió la diputación de...

Por Interés

Últimas

Un operario foi evacuado en helicóptero tras caer cando traballaba a gran altura en Padrón

Un operario foi evacuado en helicóptero tras caer cando traballaba a gran altura en Padrón

Un incendio causa danos na nave de Trison no polígono Espírito Santo en Sada

Un incendio causa danos na nave de Trison no polígono Espírito Santo en Sada

Un beso apasionado ayuda a quemar hasta 26 calorías por minuto y actúa de lifting natural

Un beso apasionado ayuda a quemar hasta 26 calorías por minuto y actúa de lifting natural

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.