O Concello de Lugo vén de recepcionar as obras de mellora da rúa Picasso, correspondentes a unha actuación iniciada no anterior mandato municipal. A intervención incluíu a renovación do pavimento, a mellora das zonas verdes e a modernización da iluminación pública, contribuíndo á posta en valor deste espazo urbano e á mellora dos servizos ofrecidos á veciñanza.
O investimento realizado nesta actuación supera os 60.000 euros, reafirmando o compromiso municipal coa conservación e modernización dos espazos públicos da cidade.
Desde o Goberno local sublíñase que se continuará a traballar para impulsar novas actuacións de mellora na contorna, co obxectivo de seguir incrementando a calidade dos servizos, a accesibilidade e o benestar da veciñanza.













