• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O concurso ‘Quero Cantar’ 2026 fai públicos os grupos que actuarán na final da IX edición

Na modalidade infantil resultaron finalistas O Mar dos Sentimentos, do CEIP de Caión (A Laracha); Tentáculo Rock, de Ames e Libres, do CEIP Irmáns Villar (Ourense)

David Por David
06/04/2026
en #Destacado, Cultura
0
O concurso ‘Quero Cantar’ 2026 fai públicos os grupos que actuarán na final da IX edición
FacebookXWhatsApp

A novena edición do concurso de música infantil e xuvenil ‘Quero Cantar’ da Deputación da Coruña fai pública a selección de propostas finalistas neste 2026. Logo de que o xurado profesional fixese a selección sobre as gravacións recibidas, as formación escollidas terán en breve a oportunidade de amosar o seu bo facer no escenario, defendendo as súas pezas en directo na gala final que, como cada ano, acolle o Teatro Colón da Coruña. Nesta ocasión, a cita será o domingo 12 de abril, ás 18:00 horas e con entrada de balde (previa retirada de convite na web do Teatro Colón (a través da plataforma www.ataquilla.com).

A gala estará presentada pola actriz e contadora Soledad Felloza e, alén das actuacións dos grupos que chegan á final, contará tamén sobre o escenario co dúo gañador na categoría xuvenil do Quero Cantar na anterior edición, Emma & Candela.

As finalistas desta IX edición do ‘Quero Cantar’ foron elixidas por un xurado composto por persoas vinculadas profesionalmente ao mundo da música. Nesta edición foron:

  • MJ Pérez: Cantante, compositora e artista audiovisual, foi Premio Martín Códax da Música Galega en 2021, na categoría de Canción de Autor. Suma xa cinco álbums, o último deles neste mesmo 2026, que acaba de presentar: Je tiens bon, cunha ampla fusión de estilos que combina canción de autora, pop, rock, música de raíz, ritmos latinos e brasileiros.
  • Carmen Rey: Cantante e docente musical, a súa traxectoria inclúe a participación nas bandas de Xosé Manuel Budiño e Nani García. Mais tamén mantén diversos proxectos vocais en activo nos eidos do jazz, soul, R&B ou funk, como é o caso do cuarteto Ejazz ou o coro Sisters in the House.
  • Pakolas: Gañador do XIV Premio Rosalía de Castro da Deputación da Coruña, este músico, compositor e produtor comezou sendo membro do grupo Mamá Cabra e formou despois a banda de música infantil A Gramola Gominola. Tamén forma parte de Zënzar.
  • Ángeles Dorrío: Cantante, compositora e docente no eido da música, acumula unha longa traxectoria fundamentalmente nos eidos do jazz, soul, R&B e funk.
  • Fran Barcia: Músico e docente, destaca a súa traxectoria como acordeonista e o seu labor dinamizador que deu en eventos como a interxeracional Xuntanza de Acordeóns de Arume. Formou parte do grupo Samarúas e actualmente integra a banda de Xosé Manuel Budiño.

O xurado estivo presidido pola deputada de Cultura, Natividad González Rodríguez, actuando como secretaria a xefa da área de Cultura da Deputación da Coruña, Manuela Muñiz. Tamén estivo presente, sen voz e sen voto, o comisario do concurso, Tono Formoso. Organización e xurado destacaron a consolidación do certame e subliñaron a orixinalidade e creatividade das pezas presentadas en ambas as dúas categorías.

Lembramos que o ‘Quero Cantar’ contempla dúas modalidades: infantil (ata 12 anos con presenza dunha persoa adulta), e xuvenil (de 13 a 16 anos). Na gala final, o xurado estará integrado por nenos e nenas e por mozos e mozas do mesmo abano de idade que as bandas seleccionadas para a final.

Finalistas na categoría infantil

Na modalidade infantil resultaron finalistas os grupos O Mar dos Sentimentos, do CEIP de Caión (A Laracha); Tentáculo Rock, de Ames; e Libres, do CEIP Irmáns Villar (Ourense).

— O Mar dos Sentimentos (CEIP de Caión)
Canción: Nada pode pararme

Co alento do músico e docente Jose Carballido, esta escola demostrou ser unha vizosa canteira para o certame e ata case medio cento de nenos e nenas participaron no casting previo do colexio para integrar o grupo, que finalmente conta com once integrantes. A canción compúxose especialmente para o proxecto de educación emocional que desenvolve o centro educativo e na súa mensaxe, «quere animar ao alumnado a reflexionar sobre as emocións, a confianza nun mesmo e a importancia de non renderse ante as dificultades».

—Tentáculo Rock (Ames)
Canción: Vou a cento vinte

Foi na altura de 2017 e na escola unitaria A Igrexa de Ortoño, en Ames, cando se coñeceron tres dos catro integrantes do grupo: Carlos Nieto (voz, batería e piano), Leo Figueiras (guitarra) e Lois García (baixo). Como «TríoR» explotaron as súas temperás inquedanzas artísticas sorprendendo o público en canta celebración escolar puideron participar. En 2025 o proxecto transfórmase coa entrada na banda de Martiño Ramos (voz e batería), virando a Tentáculo Rock. No medio da súa formación en diversas disciplinas, atopan tempo para, cada xoves pola tarde, ensaiar e idear novas composicións orixinais.

—Libres (CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense)
Canción: Quero brillar coma ti

Libres xa conseguira acceder á final na edición anterior. É un grupo formado por alumnado de 6º de primaria do CEIP Plurilingüe Irmáns Villar, de Ourense, que se xuntan na aula de música do profesor Anxo Fernández. Nesta ocasión traen a peza «Quero brillar coma ti», na que a lingua galega convértese «nunha persoa á que botas de menos, como alguén importante que non ves tanto como che gustaría». A través desta idea, o grupo quere transmitir cariño, alegría e tamén un pequeno toque de esperanza: a de volver atoparse, coidar e facer brillar o noso idioma.

Finalistas na categoría xuvenil

Na modalidade xuvenil resultaron finalistas os grupos Son da Lúa, de Cangas de Morrazo; Tha Filez, de Santiago de Compostela e Noxem, de Vigo.

—Son da Lúa (Cangas de Morrazo)
Canción: O meu mozo virtual

O grupo nace en 2025, no contexto do conservatorio de Cangas de Morrazo, onde un grupo de alumnos de 3º de Profesional: Paula Costa, Hugo Rial, Laura Alfonso e Martín Jaramillo. Como este último xa participara anteriormente no certame, xorde a idea de compoñer unha peza para esta edición. Ao longo do curso van pulindo o tema, e no segundo trimestre afondan na parte máis instrumental, sempre en equipo e en estreita colaboración.

—Tha Filez (Santiago de Compostela)
Canción: Rebelión

Comezaron tocando versións de clásicos e agora afondan na composición propia. Cualifican a peza proposta como grunge rock reinvindicativo «no que mostramos un anaco da actualidade que nos está tocando vivir». «Falamos sobre o odio que moita xente usa constantemente como resposta a todo, sobre a falta de coñecemento histórico e xeral, sobre a aprobación dos medios cara a reximes xenocidas e xenófobos que están completamente en contra dos dereitos humanos… Nela, reclamamos un mundo con igualdade de condicións e dereitos, sexas migrante, muller, home, gai, musulmán, católico ou o que queira que sexas.».

—Noxem (Vigo)
Canción: Esperta

Daquela co nome de Wildfire, foron xa finalistas na edición anterior. O grupo está formado por catro rapazas de 15 e 16 anos: Uxía García á voz, Nora Lora á guitarra, Uxía Romero na batería e Maya Sáez no teclado. O grupo formouse no IES Alexandre Boveda, no que cursan 4º da ESO. O seu estilo é rock, máis con trazos propios que tocan paus do metal, pop, punk ou grunge. Con esta canción queren reflectir o sentimento de non atoparse ben con elas mesmas por algo ou alguén que non deixa «espertar» e ser un mesmo completamente. Tamén tratan temas como «a vergoña propia, o arrepentimento ou a dor de non ser suficientes para alguén que non as aprecia».

O grupo convidado é Emma & Candela, gañadoras da edición 2025 na categoría xuvenil. Trátase dun dúo formado por Emma Pérez e Candela Caamaño, alumnas da Escola Municipal de Música de Ames, que compuxeron a súa propia canción dentro das clases colectivas baixo o lema «Escribe as túas propias cancións». Desde o primeiro momento, amosaron unha gran paixón pola música e unha motivación excepcional para crear algo propio. A peza, coa que resultaron vencedoras, ‘Preto de ti’, reflicte a súa visión artística e evolución musical.

Recordamos que a asistencia á gala final será de balde, previa retirada de convite na web do Teatro Colón (a través da plataforma www.ataquilla.com).

ShareTweetSend
Publicación anterior

O Concello de Ferrol pon a disposición da cidadanía un autobús gratuíto a Chamorro

Siguiente

El Clúster de Turismo traslada a la Xunta la propuesta del sector para mejorar la conexión aérea de Galicia

David

David

Relacionado Entradas

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores
#Destacado

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores

Xa se poden solicitar as becas do Ministerio de Educación para o curso 2026-2027, dotadas con 2.559 millóns de euros
#Destacado

Xa se poden solicitar as becas do Ministerio de Educación para o curso 2026-2027, dotadas con 2.559 millóns de euros

La Diputación de Ourense apoyará la regeneración del patrimonio del Geodestino Trevinca-Valdeorras a través de rutas, senderos y actividades guiadas
#Destacado

La Diputación de Ourense apoyará la regeneración del patrimonio del Geodestino Trevinca-Valdeorras a través de rutas, senderos y actividades guiadas

La Autoridad Portuaria inicia una campaña de concienciación ambiental con la instalación de 40 placas en la Marina y el Parrote
#Destacado

La Autoridad Portuaria inicia una campaña de concienciación ambiental con la instalación de 40 placas en la Marina y el Parrote

Sete empresas optan a participar no primeiro prototipo flotante de enerxía xerada polas ondas en Punta Langosteira
#Destacado

Sete empresas optan a participar no primeiro prototipo flotante de enerxía xerada polas ondas en Punta Langosteira

Medio Rural enxalza a calidade dos viños da subzona de Quiroga-Bibei na Denominación de Orixe Ribeira Sacra
#Destacado

Medio Rural enxalza a calidade dos viños da subzona de Quiroga-Bibei na Denominación de Orixe Ribeira Sacra

Siguiente
El Clúster de Turismo traslada a la Xunta la propuesta del sector para mejorar la conexión aérea de Galicia

El Clúster de Turismo traslada a la Xunta la propuesta del sector para mejorar la conexión aérea de Galicia

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder local En directo

Líder local

10:00 - 13:00
Conexión Local
A continuación: Sesión vermut 13:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Lunes 06/04/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local Ahora
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

El Ayuntamiento de A Coruña no tiene un euro

Diez millones de descuadre en la tesorería del Ayuntamiento de A Coruña

Lo que está ocurriendo en el Ayuntamiento de A Coruña da para una novela. La alcaldesa y su mano derecha...

Por Interés

Últimas

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores

Estefanía Orgaz e Pedro Orgaz gañadores do XXXII concurso de Noveis Deseñadores

Xa se poden solicitar as becas do Ministerio de Educación para o curso 2026-2027, dotadas con 2.559 millóns de euros

Xa se poden solicitar as becas do Ministerio de Educación para o curso 2026-2027, dotadas con 2.559 millóns de euros

Ocho universitarios con discapacidad de Galicia harán prácticas este año

Ocho universitarios con discapacidad de Galicia harán prácticas este año

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.