• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O Festival Atlántica ofrecerá espectáculos en 33 concelllos con 50 artistas

Do 26 de xuño ao 10 de xullo chega a décimo cuarta edición de Atlántica, incorporando oito sedes máis ata os 33 municipios, 62 espazos escénicos e 50 artistas de Galicia, Portugal, Navarra, Zamora, Huelva e Colombia

David Por David
15/06/2026
en #Destacado, Cultura
0
O Festival Atlántica ofrecerá espectáculos en 33 concelllos con 50 artistas

Oplus_131072

FacebookXWhatsApp

O Festival Atlántica presenta a súa décimo cuarta edición, medrando, cun programa máis extenso, novas sedes e unha maior presenza de artistas e proxectos vinculados ao patrimonio cultural e á tradición oral. Para Soledad Felloza, directora do evento, o aumento das cifras revela «que tras trece edicións, o Festival Atlántica revélase como un importante creador de públicos e novos escenarios para a narración oral galega aínda en crecemento».

 

A programación amplía significativamente a súa duración, con cinco días máis que na edición anterior, celebrándose do 26 de xuño ao 10 de xullo. Tamén reforza a súa presenza en todo o territorio: cun total de 33 localidades galegas, oito máis que o ano pasado. Do mesmo xeito, conta con 62 espazos escénicos e 50 artistas, con presenza de Galicia, Portugal, Navarra, Zamora, Huelva e Colombia, con continuidade do intercambio transfronteirizo e ibérico.

 

Asemade, continúa o Ciclo Novas Voces en varias sedes (Santiago, Mugardos, Ribeira, Pazos de Borbén, Outes, A Fonsagrada…) e amplíase o traballo en espazos patrimoniais, naturais e singulares en todo o territorio.

 

O festival conta co patrocinio xeral da Xunta de Galicia, da Deputación da Coruña, da Deputación de Lugo e mais co apoio dos diferentes concellos que participan, como é o caso do Concello de Santiago de Compostela onde se realizou a presentación.

 

No anuncio da programación participaron a concelleira de Capital Cultural, Turismo, Educación e Memoria Histórica do Concello de Santiago, Míriam Louzao; o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo; o alcalde do Concello de Dodro, Francisco X. Castro; a alcaldesa do Concello de Vimianzo, Mónica Rodríguez; Luciano Otero, alcalde do Concello de Pazos de Borbén; Francisco Calo, alcalde do Concello de Outes; a concelleira de Cultura e Turismo de Teo, Mª Margarita Rosende; a presidenta da Asociación de Veciños O Outeiro de Sanamede de Monte (A Baña), Ana García; a directora xerente da Fundación Camilo José Cela, Covadonga Rodríguez; así como membros do equipo organizador encabezados pola directora do festival, Soledad Felloza.

 

A directora do Festival destacou que «Atlántica é hoxe un festival maduro, cunha identidade consolidada e cunha rede de colaboración que medrou co tempo. Moitas das voces que protagonizan a escena actual da narración en Galicia compartiron os seus primeiros pasos con nós e hoxe percorren o país formando parte dun tecido creativo cada vez máis sólido».

 

Soledad Felloza explica que «nun momento marcado pola velocidade e pola desconexión humana, seguimos reivindicando a importancia dos circuítos profesionais e dos espazos de encontro. Traballamos cunha arte milenaria, pero tentando responder a unha necesidade moi contemporánea: volver atoparnos. Coa mirada posta no presente e nas novas xeracións, estamos convencidas de que a capacidade de escoitar, compartir historias e construír comunidade é máis necesaria ca nunca».

 

Di que Atlántica «quere seguir contribuíndo á consolidación dun ecosistema cultural diverso, descentralizado e conectado co territorio, favorecendo o encontro entre creadoras e creadores, institucións e públicos. Porque a palabra, ademais do seu valor artístico, continúa a ser unha ferramenta privilexiada para fortalecer os vínculos comunitarios e para xerar espazos de participación cultural e diálogo entre xeracións».

 

Así mesmo, fixo fincapé en que coincidindo co 50 aniversario do falecemento de Ramón Otero Pedrayo, a edición de 2026 incorpora propostas que dialogan co legado dunha das figuras fundamentais da cultura galega, reforzando a conexión entre tradición e contemporaneidade e reafirmando o compromiso do festival coa memoria cultural de Galicia.

 

Asemade, a lectura pública da obra de Begoña Caamaño, realizada coa colaboración de ASPANAES e aberta á participación da sociedade galega, exemplifica a dimensión comunitaria e inclusiva do festival.

 

Sobre o recoñecemento ás figuras fundamentais da cultura galega, destaca que a entrega da Cornamusa de Honra á profesora e investigadora Camiño Noia supón unha homenaxe a unha das grandes especialistas no estudo e difusión do conto popular e da tradición oral galega, salientando o rol da muller non só na trasmisión se non tamén na investigación.

 

Máis territorio, máis comunidade

 

A principal novidade desta edición é a súa expansión territorial e temporal. Durante quince días, Atlántica levará a narración oral a castelos, castros, petróglifos, mámoas, lavadoiros, eiras e airas, pozos do liño, escolas indianas, museos, bibliotecas, xardíns botánicos e sendas ecolóxicas, centros culturais, espazos naturais e lugares patrimoniais de toda Galicia.

 

O festival chegará a 33 localidades das catro provincias galegas, dende A Coruña, Santiago, Ferrol, Mugardos, Teo, Ribeira ou Vimianzo ata Ourense, Castroverde, Quiroga, Taboada, A Fonsagrada ou Xunqueira de Ambía, entre outras, consolidando unha rede cultural que conecta ámbitos urbanos e rurais a través da palabra contada.

 

Esta aposta polo territorio compleméntase cunha programación que continúa a explorar a relación entre patrimonio material e patrimonio inmaterial mediante roteiros narrados, conferencias, visitas guiadas, propostas vinculadas á memoria popular e espectáculos creados especificamente para espazos singulares.

 

Novas voces para novos tempos

 

A renovación da escena da palabra continúa a ocupar un lugar central na filosofía de Atlántica. Nesta edición consolídase o Ciclo Novas Voces, unha aposta pola creación contemporánea e polo diálogo entre xeracións que permitirá compartir escenario a artistas con traxectoria recoñecida e a novas creadoras e creadores procedentes de diferentes territorios, grazas á colaboración con outros festivais como o AHOZ AHOZ de Guipuzcoa, o Festival de Zamora e coa Escola Superior de Arte Dramática de Galicia.

 

A presenza de Amaia Elizagoien, Esmeralda Folgado, Fernando Palitos ou Santiago Giraldo «Profe Kuro», entre outras participantes do ciclo, reforza a vontade de Atlántica de abrir espazos profesionais para o encontro, a experimentación e a incorporación de novos relatos, novas linguaxes e novas maneiras de habitar a palabra escénica.

 

Porque Atlántica entende a tradición oral como unha cultura viva, en constante transformación, onde memoria e creación dialogan para seguir construíndo historias capaces de conectar co presente e coas novas xeracións.

 

Unha escena da palabra sen fronteiras

 

Atlántica reunirá este ano 50 artistas procedentes de diferentes lugares da península ibérica e América Latina. Xunto á ampla representación galega, participarán creadoras e creadores de Portugal, País Vasco, Zamora, Huelva e Colombia, fortalecendo a dimensión internacional do festival e consolidando unha rede de intercambio arredor das artes escénicas da palabra.

 

A programación ofrece propostas para todos os públicos e sensibilidades, desde espectáculos para persoas adultas e familiares ata actividades para a infancia, estreas, roteiros patrimoniais, conferencias e lecturas públicas. Un conxunto de experiencias que dialogan coa memoria e a tradición, pero tamén coas novas formas de creación e cos xeitos contemporáneos de compartir historias.

 

A palabra como patrimonio vivo

 

Fiel á súa esencia, Atlántica continúa defendendo a narración oral como unha ferramenta de cohesión social e un patrimonio vivo que se transforma coa sociedade. A edición de 2026 reforza especialmente o diálogo entre tradición e contemporaneidade, entre memoria e creación, entre territorio e comunidade.

 

O programa reúne propostas inspiradas na cultura popular galega, nas lendas e seres míticos, na historia dos lugares e nas historias que forman parte da nosa memoria compartida. Unha programación diversa que conecta tradición e contemporaneidade, explorando novas formas de creación arredor da palabra e ofrecendo experiencias pensadas para diferentes xeracións e maneiras de vivir a cultura.

 

Fiel á súa esencia, Atlántica continúa a reivindicar a palabra como unha arte escénica viva, capaz de xerar comunidade, fortalecer os vínculos co territorio e crear espazos de encontro onde as historias do pasado dialogan coas preguntas e sensibilidades do presente.

 

A  diversidade como parte da escena

 

Desde hai máis dunha década, Atlántica traballa para facer da cultura un espazo máis aberto, inclusivo e compartido. Moito antes de que a accesibilidade ocupase un lugar central nas políticas culturais, o festival xa incorporaba medidas destinadas a garantir o dereito de todas as persoas a participar das artes escénicas da palabra.

Nesta edición, varias propostas contarán con interpretación en lingua de signos, dando continuidade a un compromiso sostido no tempo.

 

A diversidade tamén estará presente nos propios escenarios, coa participación do artista non vidente Francisco de Romualdo, e en proxectos construídos en colaboración coa comunidade, como a lectura pública de textos de Begoña Caamaño, na que participa activamente ASPANAES.

 

Porque para Atlántica a accesibilidade non é unha medida puntual nin un apartado específico da programación, senón unha forma de entender a cultura: como un lugar de encontro, de coidados e de celebración da diversidade. Unha cultura viva, capaz de acoller diferentes voces, experiencias e maneiras de habitar a palabra.

 

SOBRE Festival Atlántica

 

Atlántica, Festival Internacional de Narración Oral, naceu no ano 2013 con sede en Santiago de Compostela cunha clara vocación de ser un encontro de voces e historias de perfil atlántico. Mantén o seu obxectivo de indagar nas raíces comúns das historias do océano, na procura da identidade cultural do Atlántico. Traballa a prol da posta en valor dunha arte escénica amarrada ao territorio, antiga pero adaptada aos tempos, e ampara, xera e difunde unha narrativa integradora, igualitaria e sostible.

ShareTweetSend
Publicación anterior

El 79% de los españoles recurre al deporte para reducir el estrés, aunque 6 de cada 10 reconoce llevar una vida sedentaria

David

David

Relacionado Entradas

El 79% de los españoles recurre al deporte para reducir el estrés, aunque 6 de cada 10 reconoce llevar una vida sedentaria
#Destacado

El 79% de los españoles recurre al deporte para reducir el estrés, aunque 6 de cada 10 reconoce llevar una vida sedentaria

La Banca Privada de BBVA en España crece un 20% en patrimonio y un 17% en clientes en 2025
#Destacado

Los españoles gastarán 270€ de media a través del canal online

O parque de San Lázaro acolle unha nova edición da Feira do Libro
#Destacado

O parque de San Lázaro acolle unha nova edición da Feira do Libro

La Xunta activa las medidas de protección a la población en Vecoña, Boborás
#Destacado

La Xunta activa las medidas de protección a la población en Vecoña, Boborás

#Destacado

Unha moza resultou ferida grave tras ser atropelada en Celanova

Vigo iniciará no verán a humanización das rúas Soutomaior e Tomiño
#Destacado

Vigo iniciará no verán a humanización das rúas Soutomaior e Tomiño

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

14:30 - 16:00
Continuidad
A continuación: Oh My Hits 16:00

Opinión

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales
#Destacado

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Hubo un tiempo en el que el verano gallego se medía por el calendario de las fiestas patronales. Cada parroquia...

Leer másDetails
Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Lunes 15/06/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Juego de Tronos en el Ayuntamiento de A Coruña

Juego de Tronos en el Ayuntamiento de A Coruña

En el Ayuntamiento de A Coruña vuelan las dagas. El grupo municipal del PSOE está más dividido que el ejército...

Por Interés

Últimas

O Festival Atlántica ofrecerá espectáculos en 33 concelllos con 50 artistas

O Festival Atlántica ofrecerá espectáculos en 33 concelllos con 50 artistas

El 79% de los españoles recurre al deporte para reducir el estrés, aunque 6 de cada 10 reconoce llevar una vida sedentaria

El 79% de los españoles recurre al deporte para reducir el estrés, aunque 6 de cada 10 reconoce llevar una vida sedentaria

La Banca Privada de BBVA en España crece un 20% en patrimonio y un 17% en clientes en 2025

Los españoles gastarán 270€ de media a través del canal online

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.