• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O pleno da Deputación da Coruña reclama á Xunta unha solución inmediata ao conflito do transporte por estrada

Reclama á Xunta de Galicia que se implique e actúe como autoridade laboral e como administración responsable do mal funcionamento dun servizo público esencial, que afecta a miles de viaxeiros cada día

David Expósito Por David Expósito
30/01/2026
en GALICIA, Sin categoría
0
O pleno da Deputación da Coruña reclama á Xunta unha solución inmediata ao conflito do transporte por estrada
FacebookXWhatsApp

O pleno aproba unha moción instando á Xunta a incrementar o financiamento do SAF ata acadar o 100% do custo real dun servizo “que ten aos concellos en situación límite”

A Coruña, 30 de xaneiro de 2026. O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe, co voto favorable de PSOE, BNG e Alternativa dos Veciños e o voto en contra do PP, unha moción presentada por socialistas e nacionalistas para instar á Xunta de Galicia a implicarse activamente na resolución do conflito do transporte de viaxeiros por estrada na provincia da Coruña, tanto no ámbito laboral como na garantía dun servizo público de calidade para a cidadanía. O pleno estivo presidido polo vicepresidente provincial, Xosé Regueira, por ausencia do titular, Valentín González Formoso.

A iniciativa, defendida polo voceiro do Goberno provincial, Bernardo Fernández Piñeiro (PSOE), pon o foco na grave situación que atravesa o sector, que está a afectar a milleiros de persoas usuarias cada día e a arredor de 3.000 traballadores e traballadoras do transporte por estrada, cun convenio colectivo caducado desde hai catro anos.

Durante o debate, os portavoces de PSOE e BNG alertaron das importantes deficiencias que vén presentando desde hai anos o modelo de transporte impulsado pola Xunta, cun novo contrato que está a provocar problemas recorrentes como a falta de prazas nos autobuses, persoas que quedan nas paradas, liñas con frecuencias insuficientes e unha planificación deficiente, especialmente nas zonas rurais.

A moción tamén fai referencia ás consecuencias sociais desta situación, que están a dificultar o acceso de moitas persoas ao seu traballo, á educación ou á sanidade, afectando especialmente ás persoas maiores, ao alumnado e ás familias. Neste sentido, critícase a combinación do transporte escolar co transporte ordinario, “que está a xerar máis problemas ca solucións”.

No eido laboral, o texto aprobado denuncia o bloqueo da negociación do convenio colectivo por parte da patroal, a ausencia de avances en materias como conciliación, control horario ou dereitos laborais, así como a falta de garantías salariais dignas e de cláusulas de revisión ligadas ao IPC.

Unha cuestión que o portavoz do PSOE, Bernardo Fernández, relacionou co modelo imposto pola Xunta, que “favoreceu a concentración do sector en dúas grandes empresas, o que supuxo a desaparición de moitas pequenas empresas familiares e unha situación que é practicamente un monopolio”.

O portavoz de AV, Ángel García Seoane, denunciou “o servizo desastroso” dos atobuses en Oleiros e na comarca coruñesa, con situacións que afectan cada día a miles de viaxeiros. García Seoane denunciou tamén a situación laboral dos traballadores que se vén na obriga de atender as queixas continuas dos usuarios ou pedir que non suban aos viaxeiros cando levan os buses cheos.

Avia Veira, do BNG, incidiu en que “calquera pode ir a coller un bus para comprobar o mal funcionamento do servizo. A Xunta debe garantir que en servizos públicos esenciais como este, as empresas ofrezan unhas condicións laborais dignas”.

A Deputación acordou instar á Xunta de Galicia a reunirse coa parte social da mesa de negociación do convenio colectivo e a dirixirse ás empresas concesionarias do transporte público por estrada para lembrarlles a súa obriga de negociar de boa fe e de garantir condicións laborais dignas nun servizo esencial.

Os portavoces de PSOE e BNG coincidiron en sinalar a responsabilidade directa da Xunta nesta situación, tanto polo seu papel como administración contratante e reguladora do transporte público por estrada como pola súa falta de implicación activa para desbloquear un conflito que está a prexudicar gravemente tanto ás persoas traballadoras como á cidadanía en xeral.

Financiamento do SAF

O pleno aprobou tamén- cos votos favorables de PSOE, BNG, AV e o voto en contra do PP- unha moción rexistrada por Alternativa dos Veciños, coa incoporación dunha emenda do BNG, na que se insta á Xunta de Galicia a incrementar de forma inmediata o financiamento do Servizo de Axuda no Fogar (SAF) ata acadar o 100% do custo do real do servizo, liberando aos concellos de realizar achegas económicas por competencias que non lles son propias.

“Unha parte moi importante do SAF a pagan os concellos, pero non poden suplir ás administracións que teñen as competencias plenas”, afirmou o portavoz de AV, Ángel García Seoane, que destacou a importante carga económica que este servizo supón para os concellos, especialmente os máis pequenos.

“A suba que ofrece a Xunta é pírrica e insultante, por iso votamos en contra no seo da FEGAMP”, explicou a portavoz do BNG, Avia Veira.

“O acordo coa Fegamp non implica renunciar a pedir o financiamento exclusivo do servizo por parte da Xunta e do Estado”, explicou o portavoz do PSOE, Bernardo Fernández, que destacou que o financiamento do SAF “ten a algúns concellos en situación límite, ao borde da quebra económica”. O portavoz socialista denunciou tamén que mentres o Estado incrementou nun 138% a súa aportación á Dependencia, a Xunta reduciuna nun 9%.

O portavoz do PP, José Manuel Caamaño, afirmou que “sorprende que chegue agora esta moción tras o acordo entre Xunta e Fegamp que vai elevar de 12 a 18 € a achega da Xunta ata o ano 2028”. Os populares presentaron tamén un emenda ao texto, que foi rexeitada polo resto dos grupos do pleno, xa que se omitían as reclamacións á Xunta que centraban a proposta.

O texto aprobado polo pleno demanda tamén que os servizos xurdídicos da Deputación da Coruña elaboren un informe técnico sobre a viabilidade xurídica de interposición dun recurso xudicial e insta á Xunta de Galicia a impulsar un novo modelo público de coidados, coa creación dun instrumento de benestar social que substitúa o actual servizo baseado en horas por un modelo integral e personalizado coa creación dun organismo similar ao Sergas destinado a xestionar os servizos sociais.

Mocións do PP

O pleno provincial tamén aprobou por unanimidade a moción presentada polo Partido Popular en relación á aplicación do novo Regulamento europeo de Control Pesqueiro e ás dificultades que está a xerar para a frota galega, en especial para a pesca litoral e artesanal. O texto da moción incide en que o regulamento das novas obrigas dixitais creou problemas técnicos, risco de sancións e unha carga excesiva para as embarcacións pequenas.

Por isto, a Deputación insta ao Executivo central a aplicar as flexibilidades previstas na normativa europea e adaptar as obrigas de control á realidade da frota galega, unha cuestión “que xa está recollida no acordo entre o Ministerio de Agricultura e Pesca e sector”, segundo explicou o portavoz socialista, Bernardo Fernández.

A segunda moción presentada polo PP, sobre o sector agrario e gandeiro ante ao acordo comercial entre a Unión Europea e Mercosur e no futuro financiamento da Política Agraria Común, non foi aprobada polo pleno.

ShareTweetSend
Publicación anterior

A Deputación destina máis de 213.000 euros á xestión e dinamización da Rede Provincial de Coworking en 2026

Siguiente

La Infanta Sofía inaugura el Complejo Clínico y Asistencial de la Fundación ONCE del Perro Guía

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

64 equipos e 210 quilómetros: Carballo prepárase para unha gran xornada de motor
#Destacado

Carballo reunirá 64 equipos no IV Raid Clásicos del Atlas Galicia este sábado

Puerto de A Coruña y sus instalaciones portuarias.
#Destacado

El puerto de A Coruña renovará toda su señalización con una inversión de 407.000 euros

Obras en la estación de tren de A Coruña por la construcción de la nueva intermodal.
#Destacado

A Coruña suspende los trenes durante siete días: estos son los 15 servicios afectados y los autobuses alternativos

La antigua Panificadora de Vigo y sus históricos silos industriales.
#Destacado

La Panificadora de Vigo fue una de las fábricas de pan más importantes de España y lleva 45 años abandonada

Vigo busca garantizar la financiación de las obras de Balaídos para el Mundial 2030.
Vigo

Vigo reclama a la Xunta y a la Diputación 71,6 millones para financiar el Mundial 2030

Galicia pierde un 23% de su oferta de alquiler.
#Destacado

Galicia pierde un 23% de su oferta de alquiler tras los decretos de vivienda del Gobierno

Siguiente
La Infanta Sofía inaugura el Complejo Clínico y Asistencial de la Fundación ONCE del Perro Guía

La Infanta Sofía inaugura el Complejo Clínico y Asistencial de la Fundación ONCE del Perro Guía

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Viernes 06/11/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • Novedades del motor
    13:00 - 14:00
    Novedades del motor
    En directo
  • Líder Express
    14:00 - 14:30
    Líder Express
    En directo
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    15:00 - 17:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Las Tardes de Radio Líder
    17:00 - 20:00
    Las Tardes de Radio Líder
  • Al Día
    20:00 - 21:00
    Al Día
    En directo
  • Fórmula Líder
    21:00 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

64 equipos e 210 quilómetros: Carballo prepárase para unha gran xornada de motor

Carballo reunirá 64 equipos no IV Raid Clásicos del Atlas Galicia este sábado

Puerto de A Coruña y sus instalaciones portuarias.

El puerto de A Coruña renovará toda su señalización con una inversión de 407.000 euros

Ya hay fecha para el Black Friday 2026 y el Cyber Monday estas son las jornadas de descuentos

Black Friday 2026 cuándo es y qué día llega el Cyber Monday las fechas de todas las ofertas

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.