• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O San Xoán da Coruña contará cunha proba piloto de reserva de espazos para fogueiras na praia de Riazor

O Concello promove unha campaña de concienciación e limpeza das praias, coa colaboración de Champi Muros e Blondie Muser

David Expósito Por David Expósito
05/06/2026
en #Destacado, A Coruña
0
O San Xoán da Coruña contará cunha proba piloto de reserva de espazos para fogueiras na praia de Riazor
FacebookXWhatsApp

A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, presentou esta mañá San Xoán, festa de interese turístico internacional, no Palacio de María Pita. Fíxoo acompañada do autor do cartel deste ano, o ilustrador e cineasta coruñés Alberto Vázquez, e o creador de contido Champi Muros.

conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia

Alberto Vázquez foi o encargado de realizar o deseño do cartel deste ano. A ilustración presenta unha sardiña en primeiro termo, representación simbólica da festa. O lume, a auga e a cidade están representadas cunha gama de cor que lembra ás cores do lume. “A gran sardiña converte a festa en algo ancestral, como algo antigo que desperta na cidade e iso enlaza ben co San Xoán como rito de purificación, superstición e cambio de estación”, sinala o autor. A cidade e as praias represéntanse en segundo termo, xunto coas fogueiras e a multitude nos areais.

A alcaldesa, Inés Rey, anunciou que se levará a cabo unha intensa campaña de concienciación de cara á Noite Meiga para reducir o número de residuos acumulados nas praias e nas rúas. Por unha banda, o Concello colaborará cos creadores de contido Santiago Caamaño (Champi Muros) e Paula Vilaboy (Blondie Muser), que publicarán vídeos en redes sociais para promover un comportamento cívico durante a festa.

A este respecto, Inés Rey anunciou que este ano se levará a cabo unha proba piloto de reserva de espazos para fogueiras na praia de Riazor. Terá lugar no treito de area entre as Escravas e o Playa Club, dividindo o espazo en parcelas. As entidades e asociacións que o desexen poderán solicitar dito espazo e serán responsables da súa limpeza e coidado, tendo que deixalo recollido ao abandonar a praia. “Deste xeito, queremos buscar unha solución tanto á cuestión das parcelas, que moitas veces xera conflitos innecesarios, como ao da limpeza, comprometendo a cada entidade solicitante coa recollida dos seus residuos”, indicou Rey, que tamén sinalou que, en función do resultado desta proba, estudiarase a súa ampliación en próximos anos a outras partes dos areais.

Como é habitual, levarase a cabo unha campaña de accións co obxectivo de manter as praias limpas. Repartirase madeira en diferentes puntos, que será a única que se poida empregar para prender as fogueiras. En total repartiranse 120 toneladas de madeira limpa que será distribuida a través de 14 puntos de reparto situados nos areais. Tamén haberá un reforzo dos contedores, tanto nas praias como en puntos de moita afluencia nos barrios. Levaranse tamén a cabo campañas co obxectivo de evitar a acumulación de envases e vidros nas praias, con sorteo de regalos para aquelas persoas que depositen envases nos contedores. Ademais, este ano o Concello contará tamén coa colaboración das asociacións Galicia de Noite e España de Noche, coas que se levará a cabo unha campaña de concienciación para promover condutas cívicas e responsables durante a noite de San Xoán en todos os espazos, sobre todo nos locais de hostalería e ocio nocturno.

Haberá, como é habitual, puntos violeta repartidos polo Paseo Marítimo, que ofrecerán información e recollerán denuncias de posibles condutas violentas contra as mulleres. “Con esta iniciativa contribuímos a evitar a violencia sexual nunha celebración masiva, que congrega na cidade e as súas praias a case 200.000 persoas”, indicou Inés Rey.

Programación cultural e bando municipal

A alcaldesa tamén anunciou que nos vindeiros días se publicará o bando municipal do San Xoán, que regula as actividades propias desta celebración, como sardiñadas e churrascadas, e que tamén especifica os espazos nos que non estará permitido prender lume durante a noite do 23 de xuño.

Por outra banda, desde o 17 de xuño celebrarase nos diferentes barrios a Ruada das Xoubas, un programa de actuacións para todos os públicos que pasará por todos os barrios da cidade. Trátase dunha iniciativa de artes escénicas para todos os públicos formada por compañías vencelladas á Coruña e que percorrerá os distintos barrios con teatro, música, danza, maxia ou narración oral.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Elena Candia traslada á subdelegada do Goberno as principais prioridades de Lugo

Siguiente

Baiona modernizará la Estación de Tratamiento de Agua Potable

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Cómo saber si tienes que cambiar las ruedas del coche
#Destacado

El truco para saber si debes cambiar las ruedas del coche y que muchos conductores pasan por alto

¿Puedes pedir una farola sin estar empadronado?
#Destacado

¿Vives o tienes una casa en otro concello? Así puedes pedir que instalen una farola

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan
#Destacado

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

Galicia busca garantir o futuro das razas autóctonas
#Destacado

Galicia busca garantir o futuro das súas razas autóctonas con máis axudas aos criadores

Punta Langosteira y la apuesta de Galicia por la eólica marina.
#Destacado

Galicia busca liderar la eólica marina desde Punta Langosteira

Vox ha presentado una querella por el desarrollo de las protestas y los incidentes registrados en la plaza de María Pita.
#Destacado

Vox lleva a los tribunales al delegado del Gobierno por los disturbios de A Coruña

Siguiente
Baiona modernizará la Estación de Tratamiento de Agua Potable

Baiona modernizará la Estación de Tratamiento de Agua Potable

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

08:00 - 23:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 23:00

Programación de Hoy

Domingo 25/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Cómo saber si tienes que cambiar las ruedas del coche

El truco para saber si debes cambiar las ruedas del coche y que muchos conductores pasan por alto

¿Puedes pedir una farola sin estar empadronado?

¿Vives o tienes una casa en otro concello? Así puedes pedir que instalen una farola

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.