• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Ourense completa a execución do PERTE da Auga

O proxecto supuxo o investimento de 4,5 millóns de euros para modernizar e optimizar o abastecemento e o saneamento / As actuacións executadas abrangueron a instalación de equipos de telelectura, a sectorización da rede e un centro de control en Reza / Contou co apoio do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia financiado polos Fondos Next Generation UE

David Por David
29/07/2026
en #Destacado, Ourense
0
Ourense completa a execución do PERTE da Auga
FacebookXWhatsApp

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, e o concelleiro de Obras Públicas, Francisco Lorenzo, asistiron este mediodía, na depuradora de Reza, ao evento final do proxecto «Ourense termal, verde e dixital», no que se presentaron as actuacións e os resultados acadados no marco do PERTE de Dixitalización do Ciclo Integral da Auga. Ao acto asistiron tamén o subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, e representantes das empresas Veolia e Plexus Tech.

Esta actuación está incluída nas obras subvencionadas polo programa de axudas do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (Fondos Next Generation UE), a través do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico (MITECO) e o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible. O proxecto contou cun orzamento estimado de 4,5 millóns de euros. O Concello achegou un 20% e o Goberno de España un 80%.

A súa execución foi liderada pola UTE formada por Veolia e Plexus Tech: mentres que Veolia asumiu a responsabilidade da xestión do ciclo integral da auga, Plexus Tech actuou como socio tecnolóxico encargado do deseño e implantación das solucións dixitais, tales como plataformas intelixentes, análise avanzada de datos e sistemas de ciberseguridade.

A iniciativa permitiu modernizar en profundidade a xestión deste recurso esencial, apostando pola innovación tecnolóxica, a sustentabilidade ambiental e a mellora continua do servizo á cidadanía.

Xestión intelixente e control en tempo real

Entre as principais actuacións executadas destacou a substitución de máis de 6.500 contadores por equipos de telelectura, que posibilita un control continuo do consumo e unha detección rápida de incidencias e fugas.

Ademais, a rede municipal de abastecemento quedou completamente sectorizada en 40 sectores independentes con control de calidade, caudais e presións para reducir perdas.

No ámbito do saneamento, levouse a cabo a dixitalización integral de tanques de tormenta, puntos de vertedura, estacións de bombeo e das 7 depuradoras (EDAR) do municipio, integrando modelos matemáticos avanzados nun centro de control situado na EDAR de Reza para supervisar todo o sistema en tempo real.

Enerxías renovables e participación cidadá

O plan incluíu a instalación dunha planta fotovoltaica na EDAR de Reza para mellorar a eficiencia enerxética, a implantación de sistemas para a produción de auga rexenerada destinada a baldeos e rega de zonas verdes, e o despregamento dunha rede de estacións meteorolóxicas para anticipar situacións de seca ou inundacións.

Para completar esta transformación, desenvolveuse unha plataforma dixital de acceso público que permitirá á cidadanía consultar datos en tempo real sobre o estado da rede e comunicarse co servizo municipal.

Tecnoloxía altamente rendible

O alcalde destacou a importancia desta intervención, así como a alta aportación realizada polo Goberno do Estado, que achegou un 80% do investimento, ao tempo que lamentaba que “en todas estas axudas nunca está a Xunta de Galicia”. Pérez Jácome incidiu na importancia estratéxica da tecnoloxía: “Neste caso aplicada ao ciclo da auga, é altamente rendible para os cidadáns e para a contorna”.

O subdelegado do Goberno coincidiu na relevancia do proxecto levado a cabo para a xestión dun recurso, a auga, “cada vez máis escaso, máis valioso e sempre necesario”. “Valoremos todos estas obras de infraestrutura transformadoras como algo moi importante para o avance de Ourense”, manifestou.

Pola súa banda, o concelleiro Francisco Lorenzo agradeceu o traballo realizado: “É un paso adiante na rede que ten que vir acompañado pola renovación na que estamos a traballar a futuro cunha nova concesión para modernizar completamente a rede da cidade de Ourense”.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Vigo inviste 23 millóns de euros nunha nova potabilizadora

Siguiente

A Deputación presenta a 80 adegas de Lugo e Ourense un proxecto pioneiro para impulsar a dixitalización do sector vitivinícola

David

David

Relacionado Entradas

Transportes transforma la travesía de Xinzo de Limia en una vía con carriles bici y rutas peatonales, tras una inversión de 4,5 millones de euros
#Destacado

Transportes transforma la travesía de Xinzo de Limia en una vía con carriles bici y rutas peatonales, tras una inversión de 4,5 millones de euros

Galicia recibirá en 2027 más de 11.770 millones de euros, un 7,9% más que en 2026
#Destacado

Galicia recibirá en 2027 más de 11.770 millones de euros, un 7,9% más que en 2026

Vanesa Martín, Fangoria, Celtas Cortos e José de Rico actuarán nas festas de verán de Ferrol 2026
#Destacado

Vanesa Martín, Fangoria, Celtas Cortos e José de Rico actuarán nas festas de verán de Ferrol 2026

La Autoridad Portuaria de A Coruña instala un nuevo panel informativo digital en la plataforma náutica de O Parrote
#Destacado

La Autoridad Portuaria de A Coruña instala un nuevo panel informativo digital en la plataforma náutica de O Parrote

Festa do Percebe de Cedeira o 1 e 2 de Agosto
#Destacado

Festa do Percebe de Cedeira o 1 e 2 de Agosto

O alcalde felicita os loitadores ourensáns Candela Castro e Gonzalo Caparrós polos seus éxitos: campioa e subcampión de España sénior
#Destacado

O alcalde felicita os loitadores ourensáns Candela Castro e Gonzalo Caparrós polos seus éxitos: campioa e subcampión de España sénior

Siguiente
A Deputación presenta a 80 adegas de Lugo e Ourense un proxecto pioneiro para impulsar a dixitalización do sector vitivinícola

A Deputación presenta a 80 adegas de Lugo e Ourense un proxecto pioneiro para impulsar a dixitalización do sector vitivinícola

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

14:30 - 16:00
Continuidad
A continuación: Oh My Hits 16:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Miércoles 29/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Carral propone destinar 800.000 euros del remanente a desbloquear «proxectos estratéxicos»

Carral propone destinar 800.000 euros del remanente a desbloquear «proxectos estratéxicos»

Transportes transforma la travesía de Xinzo de Limia en una vía con carriles bici y rutas peatonales, tras una inversión de 4,5 millones de euros

Transportes transforma la travesía de Xinzo de Limia en una vía con carriles bici y rutas peatonales, tras una inversión de 4,5 millones de euros

Galicia recibirá en 2027 más de 11.770 millones de euros, un 7,9% más que en 2026

Galicia recibirá en 2027 más de 11.770 millones de euros, un 7,9% más que en 2026

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.