• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Sae a licitación a dirección de obra de Abrir Ferrol ao Mar-Caranza

A actuación permitirá reorganizar a contorna, mellorar a mobilidade peonil e ciclista e crear novos espazos públicos e 74 prazas de estacionamento

David Por David
16/07/2026
en A Coruña, Mar y Costa
0
Sae a licitación a dirección de obra de Abrir Ferrol ao Mar-Caranza
FacebookXWhatsApp

A Xunta de Goberno local aprobou hoxe a licitación dos servizos de coordinación integral e dirección de obras (lote 1), así como da coordinación de seguridade e saúde (lote 2) das obras comprendidas no proxecto básico e de execución de Abrir Ferrol ao Mar. Entorno Caranza e Telleiras. O primeiro lote sae a contratación por un importe de 43.892,24 euros e o lote 2 por 6.827,68 euros.

“Seguimos avanzando na última fase de Abrir Ferrol ao Mar”, destacou o alcalde, José Manuel Rey Varela, quen lembrou que a licitación das obras desta actuación xa se atopa en mesa de contratación e que ao proceso concorreron dúas empresas.

O rexedor puxo en valor tres fitos acadados na xornada de hoxe. O primeiro deles foi o inicio dos traballos de instalación da nova verxa na avenida de Irmandiños, así como o desvío do tráfico na rúa da Igrexa, á altura do teatro Jofre, o que permitirá avanzar nas actuacións previstas neste ámbito para mellorar o espazo da praza de Galicia.

O segundo fito corresponde ao comezo dos traballos de demolición da muralla de Navantia, na fase correspondente a Esteiro. Rey Varela agradeceu a colaboración do Ministerio de Defensa e de Navantia para facer posible esta actuación, que cualificou como “un cambio moi importante para a cidade e, especialmente, para o barrio de Esteiro”, ao favorecer unha maior integración deste espazo coa contorna urbana.

O terceiro fito foi a aprobación dos servizos de coordinación integral e dirección das obras, así como da coordinación de seguridade e saúde, correspondentes ao proxecto básico e de execución de Abrir Ferrol ao Mar no ámbito de Caranza e Telleiras. Este paso permitirá continuar coa tramitación administrativa e avanzar cara á execución desta actuación estratéxica para a transformación da fachada marítima da cidade.

NOVOS ESPAZOS E APOSTA POLA MOBILIDADE

O proxecto Abrir Ferrol ao Mar-Caranza é unha actuación estratéxica para a rexeneración da fronte marítima e a mellora da calidade urbana. Esta actuación conta cun investimento de 1.160.706,09 euros e un prazo de execución de 13 meses.

A intervención contempla unha reorganización integral da contorna, coa mellora da mobilidade peonil e ciclista, o reforzo das conexións co tecido urbano e a creación de novos espazos de estancia, lecer e convivencia. Neste sentido, reordenaranse os percorridos do bordo litoral e acondicionaranse os accesos transversais cara a Caranza e aos equipamentos próximos, favorecendo desprazamentos máis seguros, cómodos e accesibles.

O proxecto inclúe tamén a creación de dous novos estacionamentos: un na rúa Fonte da Greza, con 24 prazas, e outro entre a rúa Telleiras e a rúa 5, con 50 prazas, das que tres estarán reservadas para persoas con mobilidade reducida. En total, habilitaranse 74 novas prazas de aparcadoiro. Ademais, renovarase o estacionamento existente na parte traseira do auditorio, con capacidade para 52 vehículos.

Esta actuación está cofinanciada pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) segundo o convenio de colaboración co Concello de Ferrol, e poderá ser cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa plurirrexional de España 2021-2027 dentro da Estratexia de Desenvolvemento Integral Local (Plan Edil).

LICITACIÓN AGLOMERADO AVENIDA CASTELAO

Rey Varela avanzou, tamén, que a XGL aprobou a contratación das obras de aglomerado da Avenida de Castelao, cuxo proxecto foi aprobado a semana pasada.

A actuación contará cun investimento de 360.135,59 euros e permitirá renovar unha superficie de 10.446 metros cadrados nunha das vías con maior intensidade de tráfico do barrio, dende o auditorio ata o complexo deportivo Javier Gómez Noya.

A este aglomerado súmanse a distintas actuacións de mellora que se están levando a cabo no barrio de Caranza como as obras de conservación e mantemento da envolvente do centro cívico (499.475,90 euros); as obras de accesibilidade no ámbito das rúas Sao Paulo, Padre Feijóo e Armada Española (88.759,76 euros), a renovación da sinalización horizontal, tarefas de limpeza e desbroces e a mellora da accesibilidade á praia de Caranza xunto á construción do talude (250.000 euros).

Investimentos aos que suman os que se están executando en diferentes instalacións deportivas e que suman en total preto de catro millóns de euros neste barrio.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Inicio das obras de reforma e ampliación do albergue de Muxa en Lugo

Siguiente

O sector do transporte de mercadorías da Coruña denuncia o bloqueo do convenio colectivo

David

David

Relacionado Entradas

A Coruña después del eclipse: 225.000 personas, hoteles al 99% y más de 83.000 vehículos
#Destacado

A Coruña después del eclipse: 225.000 personas, hoteles al 99% y más de 83.000 vehículos

Festa do Motor das Pontes 2026: Rallyshow, pilotos y actividades
#Destacado

Festa do Motor das Pontes 2026: Rallyshow, pilotos y actividades

Guísamo Folk 2026: Treixadura, Luar na Lubre y The Rapants encabezan el gran cartel del 22 de agosto
#Destacado

Guísamo Folk 2026: Treixadura, Luar na Lubre y The Rapants encabezan el gran cartel del 22 de agosto

Fiestas en Galicia este fin de semana: conciertos, verbenas y planes del 7 al 9 de agosto
#Destacado

Fiestas en Galicia este fin de semana: conciertos, verbenas y planes del 7 al 9 de agosto

Las 12 playas gallegas con Bandera Azul menos masificadas para disfrutar este verano
#Destacado

Las 12 playas gallegas con Bandera Azul menos masificadas para disfrutar este verano

A Deputación da Coruña celebrará a eclipse solar total con catro concertos en espazos singulares da provincia
#Destacado

A Deputación da Coruña celebrará a eclipse solar total con catro concertos en espazos singulares da provincia

Siguiente
O sector do transporte de mercadorías da Coruña  denuncia o bloqueo do convenio colectivo

O sector do transporte de mercadorías da Coruña denuncia o bloqueo do convenio colectivo

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Lunes 17/08/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

A Coruña después del eclipse: 225.000 personas, hoteles al 99% y más de 83.000 vehículos

A Coruña después del eclipse: 225.000 personas, hoteles al 99% y más de 83.000 vehículos

Las 20 carreteras de Galicia donde habrá más atascos este fin de semana: horas y zonas a evitar

Las 20 carreteras de Galicia donde habrá más atascos este fin de semana: horas y zonas a evitar

Festa do Motor das Pontes 2026: Rallyshow, pilotos y actividades

Festa do Motor das Pontes 2026: Rallyshow, pilotos y actividades

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.