A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia organiza o I Congreso Autonómico Os Dereitos da Infancia en Galicia, unha xornada de debate e reflexión dedicada á defensa e promoción dos dereitos das nenas e nenos de Galicia.
O evento terá lugar o venres 12 de xuño na Facultade de Ciencias Políticas e Sociais da Universidade de Santiago de Compostela (USC).
A apertura de portas será ás 10:00 horas, e haberá declaracións aos medios de comunicación ás 9:30 horas.
O congreso contará coa participación de destacados expertos e representantes institucionais no ámbito da infancia:
- Pepa Horno, psicóloga e consultora especializada en infancia
- Ricardo Fandiño, doutor, psicólogo clínico e coordinador xeral de ASEIA
- Jacobo Rey, director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica
- Cristina Blanco, subdirectora de Política Familiar, Infancia e Adolescencia da Xunta de Galicia
Esta primeira edición do congreso autonómico nace co obxectivo de crear un espazo de encontro, análise e proposta en torno á situación dos dereitos da infancia en Galicia, contribuíndo a visibilizar as necesidades das nenas e nenos e a promover políticas públicas máis eficaces na materia.













