• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Todo preparado en Ames para celebrar as Prebadaladas, o Tardeo e a Festa de fin de ano

RL Redacción Por RL Redacción
30/01/2026
en Política, Rural
0
FacebookXWhatsApp

O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organiza para este mércores, 31 de decembro, as súas xa tradicionais prebadaladas, enmarcadas dentro da programación do Nadal en Ames. As prebadaladas, presentadas por Fátima Pego, contarán coa actuación do grupo galego The Crooners e dos gañadores/as do concurso Baila con Ames 2025

Este ano súmanse novas iniciativas como O Tardeo da praza do Concello e maila Festa de Fin de Ano, que se vai celebrar no pavillón municipal de Bertamiráns cunha participación de 870 persoas

As Prebadaladas deste ano contarán co apoio de Mahou, Feiraco, Asador Vacavella e a froitería Tómate más Fruta. Volverase a ofrecer o servizo de mochilas vibratorias, para as persoas con discapacidade auditiva, e contarase con intérprete de lingua de signos

Ames, 30 de decembro de 2025.- O Concello de Ames, a través da Concellaría de Promoción Económica, organiza para este mércores, 31 de decembro, as súas xa tradicionais prebadaladas, enmarcadas dentro da programación do Nadal en Ames. As prebadaladas, presentadas por Fátima Pego, contarán coa actuación do grupo galego The Crooners e dos gañadores/as do concurso Baila con Ames 2025. Este ano súmanse novas iniciativas como O Tardeo da praza do Concello e maila Festa de Fin de Ano, que se vai celebrar no pavillón municipal de Bertamiráns cunha participación de 870 persoas. As Prebadaladas deste ano contarán co apoio de Mahou, Feiraco, Asador Vacavella e a froitería Tómate más Fruta. Volverase a ofrecer o servizo de mochilas vibratorias, para as persoas con discapacidade auditiva, e contarase con intérprete de lingua de signos.

Este mércores, 31 de decembro, volverán a celebrarse un ano máis as Prebadaladas, unha iniciativa que botou a andar no 2019 e que, ano a ano, foi afianzándose cada vez máis entre os veciños e veciñas de Ames e persoas da contorna. Deste xeito, a veciñanza de todas as idades reúnese na praza do Concello para dar a benvida ao ano novo de forma anticipada e cun gran ambiente festivo e familiar.

O evento dará comezo ás 11.30 horas da mañá co reparto das bolsas con cotillón, un vaso do concello, un quinto de cervexa Mahou, arandos doados pola froitería Tómate más Fruta e cotillón. Para os máis pequenos, a bolsa incluirá tamén un vaso do concello, leite doado por Feiraco, uvas de chuches e cotillón. En total, haberá 1.200 bolsas para repartir entre os asistentes (600 para as persoas adultas e outras 600 para nenos/as).

As Prebadaladas, do mesmo xeito que na edición anterior, estarán conducidas pola artista Fátima Pego e este ano contarán coa presencia musical do grupo The Crooners Band, un quinteto galego que rememora épocas douradas da música con versións de grupos como Pink Floyd, Toto ou U2. Ademais, ao igual que o ano pasado, durante a mañá actuarán as persoas gañadoras do Baila con Ames 2025: Alba Mourelle, Andrés Parga, Soraya Santos e a A&M Salsa Company (Laura, Miriam, Naiara, Andrés, Soraya e Alba).

A concelleira de Promoción Económica, Ana Belén Paz, anima a toda a veciñanza “a despedir o 2025 por adiantado e celebrar todos xuntos a entrada do novo ano nun acto divertido, familiar e cada vez máis accesible para todos os veciños e veciñas de Ames. Haberá 600 unidades de bolsas para adultos e outros 600 bolsas para nenos/as. Tamén haberá actuacións musicais a cargo do grupo The Crooners e actuacións dos gañadores do concurso Baila con Ames 2025”. Por último, Ana Paz, incidiu na importancia da participación “para dinamizar o noso comercio e a nosa hostalaría”.

Mochilas vibratorias

Por segundo ano consecutivo volverase a ofrecer o servizo de mochilas vibratorias para as persoas con discapacidade auditiva. Deste xeito, repartiranse mochilas vibratorias entre todas aquelas persoas que o desexen, co obxectivo de ofrecerlles unha experiencia plena e agradable. As mochilas serán achegadas pola cooperativa Mada producións. As mochilas tamén serven para as persoas con implante coclear ou audiófonos en posición T. Con esta iniciativa, as persoas con discapacidade auditiva poderán sentir a música e ser partícipes da festa de maneira activa. Tamén se contará con intérprete de lingua de signos.

O Tardeo e Festa de Fin de Ano

Ademais, este ano a programación de Nadal conta con novidades para o 31 de decembro como son O Tardeo e maila Festa de Fin de Ano. O Concello de Ames organiza esta festa pola tarde do 31 de decembro en horario de 17.00 a 21.00 horas na praza do Concello de Bertamiráns, ao igual que as Prebadaladas.

Trátase dunha proposta pensada para todos os públicos, coa intención de crear ambiente festivo desde primeira hora da tarde e fomentar os encontros entre a veciñanza nun espazo seguro e accesible. No Tardeo haberá música a cargo de DJ Wana do Milladoiro e servizo de barra de bar prestado por hostaleiros locais (StreetGarden, Asador Vacavella e O Transistor).

Xa na madrugada, logo das badaladas, terá lugar a Festa de Fin de Ano no pavillón de Bertamiráns, en horario de 01.00 a 08.00 horas da mañá, que, de igual forma que O Tardeo, preséntase como unha das principais novidades da programación municipal para estas festas de Nadal, co obxectivo de ofrecer á veciñanza a posibilidade de quedar no concello para celebrar o ano novo, sen necesidade de moverse fóra do municipio.

Contarase cunha participación de 870 persoas. Haberá servizo de autobús con dúas liñas con saída dende O Milladoiro, que pasarán por Biduído, Bugallido, Ortoño e Bertamiráns; e unha liña que percorrerá varios lugares do rural (Agrón, Portanxil, Trasmonte, Oca, Seares, Barouta, Outeiro, Augapesada, Pousada e Aldea Nova).

Información práctica para a Festa de Fin de Ano

• LOCALIZACIÓN: Pavillón polideportivo de Bertamiráns

• PARKING: non estará permitido o acceso de vehículos ao parking do pavillón. As zonas colindantes estarán habilitadas para aparcamento de vehículos particulares, lembra a maior das responsabilidades á hora de coller o coche.

• SERVIZO DE BUSES: a información sobre as liñas de buses as podedes atopar no seguinte LINK.

• ENTRADA: a validación da entrada realizarase no portón exterior do parking do pavillón. Neste punto pulserarase a cada asistente e se lle entregarán os dous tickets de consumición incluídos coa entrada así como un tícket para canxear polo ECOVASO.

• IMPORTANTE: non haberá servizo de billeteira no espazo, o total de entradas dispoñibles foron vendidas vía online.

• +18: Lembramos que o acceso á festa é restrinxido a maiores de 18 anos. O DNI como comprobante poderá ser requirido por calquera membro da organización tanto na entrada como no servizo de barras.

• SERVIZOS NO INTERIOR DO PAVILLÓN:

o ROUPEIRO: será un servizo gratuíto, dispoñible no interior do pavillón (ata completar capacidade)

o BARRAS: Haberá dúas barras a ambos laterais do pavillón.

 As barras terán habilitado o pago con tarxeta así como o pago en efectivo. A compra de tickets de bebida efectuarase nos lugares indicados de cada barra.

 Remitimos a lista de PREZOS

o A entrada inclúe un ticket para o canxe do ECOVASO na vosa consumición; en caso de perda o ECOVASO terá custe de 1 €.

o Non haberá servizo de comida dentro do pavillón.

• SERVIZOS NO RECINTO:

o ASEOS: haberá unha caseta de baños no exterior do pavillón, no lateral de camiño á piscina.

o SERVIZO DE COMIDA E CHURROS: un food truck de comida e un de chocolate con churros estarán á vosa disposición no parking do pavillón durante a noite.

o AMBULANCIA: Tamén no parking teremos servizo asistencial en caso de calquera percance, o persoal está para axudar en calquera situación que poida presentarse.

E lembra, hai un equipo grande de persoas traballando esa noite para facer a mellor das festas, o respecto é prioritario.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

ShareTweetSend
Publicación anterior

Rianxo renovará o firme do paseo marítimo entre Rinlo e a praia do Pazo

Siguiente

Serafina Barbazán Neo, veciña de Rois, celebra o seu 104 aniversario

RL Redacción

RL Redacción

Somos el equipo de redacción de Radio Líder, siempre muy pendientes de la actualidad de Galicia, España y el Mundo

Relacionado Entradas

FEGAMP Concellos e deputacións galegas recibirán 143 millóns de euros
#Destacado

FEGAMP Concellos e deputacións galegas recibirán 143 millóns de euros

El PP denuncia que «P.S. ha convertido la Fiscalía General en la sucursal de las cloacas sanchistas»
#Destacado

El PP denuncia que «P.S. ha convertido la Fiscalía General en la sucursal de las cloacas sanchistas»

O PPdeG esixe ao BNG que elixa entre ser «o socio necesario máis barato» de Sánchez ou defender a democracia
#Destacado

O PPdeG esixe ao BNG que elixa entre ser «o socio necesario máis barato» de Sánchez ou defender a democracia

BNG reclama ao Goberno desbloquear a xubilación anticipada do persoal de Gardacostas da Galiza
#Destacado

BNG reclama ao Goberno desbloquear a xubilación anticipada do persoal de Gardacostas da Galiza

VOX rechaza la transferencia de la AP-9 y pide su gratuidad para los gallegos
#Destacado

VOX rechaza la transferencia de la AP-9 y pide su gratuidad para los gallegos

O PPdeG cualifica o acordo de PSOE, BNG e Sumar para a transferencia da AP-9 a Galicia como  «un pacto de traidores»
#Destacado

O PPdeG cualifica o acordo de PSOE, BNG e Sumar para a transferencia da AP-9 a Galicia como «un pacto de traidores»

Siguiente
Serafina Barbazán Neo, veciña de Rois, celebra o seu 104 aniversario

Serafina Barbazán Neo, veciña de Rois, celebra o seu 104 aniversario

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Superdanze

22:00 - 23:59
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales
#Destacado

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Hubo un tiempo en el que el verano gallego se medía por el calendario de las fiestas patronales. Cada parroquia...

Leer másDetails
Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Sábado 20/06/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 12:00
    Fórmula Líder
  • 12:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Fórmula Líder
    14:00 - 22:00
    Fórmula Líder
  • 22:00 - 23:59
    Superdanze Ahora
    En directo

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

FEGAMP Concellos e deputacións galegas recibirán 143 millóns de euros

FEGAMP Concellos e deputacións galegas recibirán 143 millóns de euros

El PP denuncia que «P.S. ha convertido la Fiscalía General en la sucursal de las cloacas sanchistas»

El PP denuncia que «P.S. ha convertido la Fiscalía General en la sucursal de las cloacas sanchistas»

Pontevedra lanza a campaña «O novo é separar» para mellorar a clasificación dos residuos urbanos

Pontevedra lanza a campaña «O novo é separar» para mellorar a clasificación dos residuos urbanos

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.