O 112 Galicia recibiu o aviso dun particular ao redor das 21.00 horas desta noite, informaba dun accidente de tractor nunha leira, na Redonda, en Sambade, no concello coruñés de Carballo. Aseguraba que a persoa estaba atrapada.
De inmediato, os xestores de emerxencias puxeron os feitos en coñecemento dos profesionais do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Carballo, da Garda Civil, da Policía Local e dos efectivos do Servizo Municipal de Protección Civil da localidade.
Unha vez no punto, os Bombeiros indicaron que ían proceder a liberar á persoa que estaba falecida.













