Segundo informa o 112 Galicia, o suceso ocorreu ao fío das 10 horas desta mañá, cando un particular alertou da caída dun traballador que operaba a gran altura nun estante dunha nave do polígono de Picusa.
De inmediato, informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, á Garda Civil, ao GES e á Policía Local de Padrón.
Aínda que nun primeiro momento parecía non responder, os equipos de emerxencias confirmaron desde o lugar que estaba consciente e que foi finalmente trasladado a bordo do helicóptero medicalizado con base en Santiago, de Urxencias Sanitarias de Galicia-061.












