Pasados dez minutos das 20:00 horas desta tarde, un particular contactaba co 112 Galicia para informar de que estaban sacando a un home da auga, na praia de Cabeceira e que estaban tratando de reanimalo.
Decontado desde o 112 Galicia activouse un dispositivo de intervención do que formaron parte os profesionais sanitarios do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil e da Policía Local. Tamén informouse do suceso ao persoal de Salvamento Marítimo, do Servizo de Gardacostas de Galicia, aos membros do GES de Sanxenxo e aos efectivos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil da localidade.
Malia os intentos de reanimación, nada se puido facer por salvarlle a vida.
As Forzas da Orde investigan as causas do suceso. Non obstante, os axentes da Garda Civil, tras confirmar o falecemento do home indicaron que, posiblemente, unha indisposición cando se atopaba na auga puido ser a causa da súa morte.













