O 112 Galicia tivo constancia do suceso dez minutos antes das 18:00 horas desta tarde. O persoal de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 pedía axuda, a esa hora, para sacar a unha muller que caera a un pozo e que non podían sacar porque estaba electrocutada, en Camino de la Devesa, Saíáns, Vigo.
Neses intres, un particular comunicaba aos xestores de emerxencias que a muller xa fora retirada do interior do pozo e que a estaban reanimando.
O 112 Galicia nada mais ter constancia do suceso informou aos axentes da Policía Nacional e Local.
Tras contactar co persoal sanitario, confirmaron o falecemento da persoa.
Segundo indicaron os axentes da Policía Nacional ao 112 Galicia, todo parece indicar que a muller realizaba tarefas de limpeza no pozo cando caeu sobre o botón do sistema automático de subida e baixada do caldeiro, recibiu unha descarga eléctrico que lle provocou o falecemento.












