A moza foi evacuada en helicóptero medicalizado ao Complexo Hospitalario Universitario de Ourense (CHOU).
Segundo a información recollida no 112 Galicia, a moza ía acompañada doutra persoa cando foi alcanzada polo vehículo. De feito, o acompañante necesitou atención psicolóxica especializada e púxoselle en contacto co Grupo de Intervención Psicolóxica en Catástrofes e Emerxencias (GIPCE).
Pola súa parte, o equipo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 organizou o traslado urxente da ferida, xa que, segundo apuntaron os axentes da Garda Civil de Tráfico, o seu estado era grave.
Ademais, os profesionais sanitarios trasladaron a dúas persoas máis.













