O atropelo produciuse ás 19:30 horas desta tarde na PO-308, en Bordóns, Sanxenxo. A vítima camiñaba nun grupo familiar cando un vehículo a atropelou. A muller faleceu, mentres que a nai e a filla resultaron ilesas, aínda que necesitaron asistencia médica, a avoa por ansiedade, a cativa por precaución.
O primeiro aviso recibiuse no 112 Galicia a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061. A partir de aí, activáronse os protocolos correspondentes para que se mobilizasen os recursos de emerxencias necesarios, isto é, os axentes da Policía Local e Garda Civil de Tráfico, así como os membros do GES de Sanxenxo.
O marido socorreron a muller e tratou de reanimala, aínda que sen éxito.













