• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Vigo activa a prealerta por seca e pide un consumo responsable da auga

O encoro de Eiras atópase ao 86,7% da súa capacidade e o Concello pon en marcha medidas de aforro, restricións de usos non prioritarios e convoca ao comité de seguimento.

David Por David
07/07/2026
en #Destacado, Pontevedra
0
Vigo activa a prealerta por seca e pide un consumo responsable da auga
FacebookXWhatsApp

O alcalde anunciou a entrada da cidade en situación de prealerta por seca ante o descenso das reservas do encoro de Eiras, que a 6 de xullo se sitúan no 86,7% da súa capacidade. O rexedor explicou que os niveis actuais son inferiores aos do mesmo período do ano pasado e mesmo peores que os rexistrados nestas datas durante a seca extrema de 2017. Segundo indicou, coas reservas actuais Vigo dispón de auga para aproximadamente cinco meses, polo que o Concello activou de inmediato o protocolo de prealerta.

Entre as primeiras medidas figura a constitución do comité municipal de seca para realizar un seguimento permanente da evolución das reservas e a posta en marcha de restricións nos usos non prioritarios da auga. O Concello suspenderá os baldeos con auga potable, reducirá os regos ao imprescindible, pechará as fontes ornamentais que non dispoñan de circuíto pechado e clausurará as duchas das praias. Ademais, non se permitirá o enchido de piscinas nin o lavado de vehículos fóra dos establecementos autorizados. Caballero fixo un chamamento á cidadanía para realizar un consumo responsable, recomendando evitar o malgasto de auga, pechar as billas cando non se utilicen e priorizar as duchas fronte aos baños.

O alcalde destacou que Vigo afronta esta situación nunha posición máis favorable grazas ás actuacións realizadas nos últimos anos para mellorar a eficiencia da rede de abastecemento. Entre elas, salientou o plan de detección e eliminación de fugas así como as humanizacións da cidade. Tamén a nova potabilizadora, unha infraestrutura financiada integramente polo Concello cun investimento de 23 millóns de euros e apoiada con fondos europeos. Segundo explicou, esta instalación permite captar auga a cotas máis baixas e incrementa nun mes a autonomía do sistema de abastecemento. «Se non fora pola potabilizadora e pola eliminación de fugas, hoxe teriamos auga só para tres meses; con estas actuacións temos garantía para cinco», afirmou.

Caballero anunciou tamén que o Concello remitirá cartas aos municipios abastecidos polo sistema de Eiras —Soutomaior, Redondela, O Porriño, Mos, Cangas, Moaña, Gondomar e Nigrán— para solicitar que adopten tamén medidas de prealerta, xa que representan arredor do 40% do consumo do encoro.

Durante a súa comparecencia, o rexedor reclamou novamente á Xunta de Galicia comezar coa obra da nova presa augas arriba no río Oitavén, «que xa tería que estar rematada ou en construción, pero o goberno autonómico non quere facela». Esta actuación, segundo lembrou, fora acordada entre as administracións e permitiría garantir o abastecemento mesmo nos episodios máis severos de seca. Tamén criticou que a administración autonómica continúe sen autorizar o uso de auga rexenerada procedente da depuradora para os baldeos das rúas, unha medida que, segundo indicou, permitiría manter a limpeza viaria sen consumir auga potable. «Hai concellos de toda España que xa o fan e en Vigo seguimos esperando unha autorización que levamos anos solicitando», concluíu.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Cambios no tráfico rodado na praza de Galicia polo avance das obras de Abrir Ferrol ao Mar

Siguiente

Ourense oferta 2 plazas de administrativos y 5 de policías locales

David

David

Relacionado Entradas

O Iberdrola Surfing Day Burela converte a Mariña lucense no epicentro do surf feminino
#Destacado

O Iberdrola Surfing Day Burela converte a Mariña lucense no epicentro do surf feminino

A Porta do Sol de Vigo acolle un espectáculo infantil ao ritmo da banda de Matamá, Barafunda e Rafael Yebra
#Destacado

A Porta do Sol de Vigo acolle un espectáculo infantil ao ritmo da banda de Matamá, Barafunda e Rafael Yebra

Máis de 300 deportistas daranse cita na praia de Penencia durante a fin de semana co Campionato de Bodyboard Cidade de Ferrol
#Destacado

Máis de 300 deportistas daranse cita na praia de Penencia durante a fin de semana co Campionato de Bodyboard Cidade de Ferrol

O Festiletras recoñece a Xosé Regueira co Bo e Xeneroso de Honra
#Destacado

O Festiletras recoñece a Xosé Regueira co Bo e Xeneroso de Honra

Atención conductores: las obras que complicarán el tráfico en A Coruña durante septiembre
#Destacado

Atención conductores: las obras que complicarán el tráfico en A Coruña durante septiembre

¿Por qué está temblando tanto la Tierra? Los terremotos que sacuden el mundo
#Destacado

¿Por qué está temblando tanto la Tierra? Los terremotos que sacuden el mundo

Siguiente
Ourense oferta 2 plazas de administrativos y 5 de policías locales

Ourense oferta 2 plazas de administrativos y 5 de policías locales

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Matinal Líder En directo

Matinal Líder

08:00 - 10:00
Antonio Lodeiro
A continuación: Líder local 10:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Jueves 27/08/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder Ahora
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

O Iberdrola Surfing Day Burela converte a Mariña lucense no epicentro do surf feminino

O Iberdrola Surfing Day Burela converte a Mariña lucense no epicentro do surf feminino

A Porta do Sol de Vigo acolle un espectáculo infantil ao ritmo da banda de Matamá, Barafunda e Rafael Yebra

A Porta do Sol de Vigo acolle un espectáculo infantil ao ritmo da banda de Matamá, Barafunda e Rafael Yebra

Máis de 300 deportistas daranse cita na praia de Penencia durante a fin de semana co Campionato de Bodyboard Cidade de Ferrol

Máis de 300 deportistas daranse cita na praia de Penencia durante a fin de semana co Campionato de Bodyboard Cidade de Ferrol

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.