• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Rueda anuncia medidas para axudar aos sectores con máis dificultades e ás familias polos efectos da guerra en Oriente Medio

Destaca que supón 157 M€ a través de 20 liñas de actuación

David Expósito Por David Expósito
31/03/2026
en GALICIA
0
Rueda anuncia medidas para axudar aos sectores con máis dificultades e ás familias polos efectos da guerra en Oriente Medio
FacebookXWhatsApp

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, informou de que o Consello aprobou hoxe “activar un Plan de 157 millóns de euros para atender aos sectores con máis dificultades e ás familias vulnerables fronte as consecuencias da guerra en Oriente Medio”.

conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia

Trátase dun plan con vinte liñas de actuación que contempla políticas de choque enerxético, apoio financeiro ás empresas, protección social e impulso á transición enerxética, así como actuacións encamiñadas á resiliencia loxística e propostas de reforma normativa e fiscal. “Estamos antes unha crise excepcional e as medidas tamén teñen que selo”, indicou o conselleiro de Facenda e Administración Pública, Miguel Corgos.

Nas medidas da Xunta, destacan 62 millóns de euros para empresas e pemes, 6,2 millóns de apoio ás familias, 25,5 M€ para o sector pesqueiro, 19,4 millóns para o sector agrario, 39,3 millóns de euros para eficiencia enerxética e 5 millóns para o sector turístico.

O Goberno galego mantivo reunións cos sectores máis afectados para “coñecer de primeira man o impacto no tecido produtivo”, indicou Corgos. Deste xeito, os obxectivos do plan céntranse nos sectores produtivos para reducir o impacto do incremento de custos enerxéticos e loxísticos, soster a actividade económica e o emprego, reforzar a resiliencia das cadeas de subministración, acelerar os investimentos en transición enerxética e eficiencia e facilitar a adaptación das empresas galegas a un escenario internacional máis complexo. As medidas esténdense tamén ao conxunto da sociedade, para protexer aos fogares fronte á inflación enerxética.

Priorización e execución coordinada

O plan incorpora un marco de gobernanza, seguimento e avaliación que permite priorizar as actuacións, medir o seu impacto e garantir unha execución coordinada e eficaz entre administracións.

Deste xeito, entre as actuación máis urxentes que se van levar a cabo figuran, segundo explicou o presidente “os 62 millóns de euros dos préstamos” que o Instituto Galego de Promoción Económica (Igape) destina a empresas afectadas polo incremento dos custes enerxéticos e polas disrupcións nas cadeas de subministración, “para que teñan liquidez e poidan continuar coa súa actividade”.

Ademais implantarase un procedemento extraordinario de tramitación acelerada para solicitudes de financiamento empresarial, que permitirá resolver expedientes nun prazo máximo de 10 días. E levarase a cabo a axilización administrativa e simplificación de procedementos para proxectos estratéxicos nos ámbitos das enerxías renovables, industria verde, dixitalización e TIC.

Outra das actuacións urxentes é a protección dos fogares, aos que se destinarán máis de 6 millóns de euros para moratorias, aprazamentos e condonación parcial de alugueiros das vivendas públicas, para a revisión dos contratos públicos de transporte regular e escolar para que a suba de custes non se traslade ao prezo final, e para a axilización do pagamento de medidas destinadas a achegar recursos o máis rápido posible aos fogares vulnerables, como o Bono Social Térmico, a renda de inserción social de Galicia (RISGA) e as axudas de emerxencia social.

Os sectores produtivos reforzaranse con máis de 44,9 millóns de euros, especialmente o pesqueiro, con 25,5 M€ para a modernización de infraestruturas portuarias, lonxas e cadea de frío para mellorar a eficiencia operativa e reducir custos. Así mesmo, apoiaranse proxectos que incrementen o valor engadido da produción pesqueira mediante investimentos en transformación, comercialización, diferenciación de produto, certificación de calidade e economía circular.

O sector agrario recibirá 19,4 M€ para a modernización das explotacións mediante a incorporación de tecnoloxías de agricultura de precisión, así como de maquinaria e  produtivos orientados á mellora da eficiencia e para a redución da dependencia de insumos externos. Dentro destas axudas, destaca a achega de 10,8 millóns para a estratexia de promoción agroalimentaria, especialmente para impulsar iniciativas orientadas ao fortalecemento das cadeas curtas de comercialización, á valorización do produto local, á trazabilidade e á diferenciación nos mercados.

Promoción do destino Galicia

Destinaranse 5 M€ para promocionar Galicia coma refuxio de tranquilidade e autenticidade fronte á masificación doutros destinos mediterráneos, poñendo en valor a riqueza natural, o Camiño de Santiago e a calidade gastronómica da Comunidade como elementos diferenciais. Trátase de converter a crise xeopolítica actual nunha oportunidade de mercado, ofrecendo ao turista internacional un destino seguro e estable fronte á inestabilidade en Oriente Medio e Asia.

Medidas de longo percorrido

O perfil industrial exportador de Galicia, caracterizado por unha elevada dependencia enerxética e unha forte especialización en sectores intensivos en consumo de enerxía e loxística —como a automoción, o metalmecánico, o agroalimentario, a pesca, a minería e o transporte— xunto cunha estrutura produtiva co predominio de pemes agrava a vulnerabilidade da economía galega ante o incremento dos custos.

A Administración autonómica aposta por avanzar cara a un modelo de maior autosuficiencia enerxética, destinando preto de 40 millóns de euros para, entre outras iniciativas, rehabilitar edificios para mellorar a súa eficiencia enerxética.

Así mesmo, impulsarase o autoconsumo colectivo en polígonos empresariais, onde o consumo é intensivo e o impacto da inflación enerxética afecta directamente á competitividade e ao emprego. E fomentarase a constitución de comunidades enerxéticas, para que os grupos de veciños, pemes ou entidades locais poidan asociarse para xerar e consumir a súa propia enerxía, de xeito eficiente.

Resposta rápida e eficiente

O plan está dotado con máis de 157 millóns de euros para atender aos sectores afectados, que se suman aos máis de 120 M€ que o Goberno galego estima que suporá para Galicia financiar as medidas con impacto fiscal anunciadas polo Goberno central. Medidas que o Goberno galego considera insuficientes e que lamenta que non foran consensuadas coas CC.AA.

Ademais das actuacións no ámbito autonómico, o plan complétase con propostas dirixidas á Administración Xeral do Estado e á UE, necesarias para completar a capacidade de resposta ante unha crise de natureza global.

Así, propón ao Goberno central diversas medidas en materia de política fiscal, contratación pública, enerxía e infraestruturas, mobilidade e transporte, así como no ámbito da agricultura, a pesca e as relacións coa UE.

Tamén reclamará á Unión Europea máis flexibilidade para os fondos, cofinanciación ao 100%, un novo marco de axudas do Estado para sectores afectados e, en xeral, apoio fronte á crise enerxética e loxística.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O Concello de Ferrol reforza os servizos municipais coa incorporación de 23 auxiliares administrativos

Siguiente

Planes de Semana Santa en Galicia

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

Mariscadoras trabajando en la costa gallega durante una jornada de marisqueo.
#Destacado

Galicia reclama al Gobierno ayudas para mariscadoras y cofradías de pescadores

Sede del Colegio Oficial de Médicos de la Provincia de A Coruña, donde se celebrará la jornada sobre las decisiones sanitarias de los menores.
#Destacado

¿Quién decide sobre la salud de un menor? Jornada médica en A Coruña

Espectáculo musical en el Castelo de Vimianzo, en la Costa da Morte.
#Destacado

O Castelo de Vimianzo acoge un concierto gratuito de Elsa Muñiz este domingo

Tramo en servizo da autovía da Costa da Morte, cuxa prolongación recibirá 7,58 millóns de euros nos orzamentos da Xunta de Galicia para 2027
#Destacado

A prolongación da autovía da Costa da Morte recibirá 7,5 millóns nos orzamentos de 2027

O alcalde de Ourense, Gonzalo Pérez Jácome, durante o acto de toma de posesión dos 12 novos axentes da Policía Local como funcionarios de carreira.
#Destacado

O Concello de Ourense reforza a Policía Local con 12 novos axentes

O alcalde de Vigo, Abel Caballero, durante a presentación das principais partidas do orzamento municipal de Deportes para o exercicio 2027, que ascende a 21,2 millóns de euros.
#Destacado

O Concello de Vigo destina 21,2 millóns de euros ao deporte en 2027

Siguiente
Planes de Semana Santa en Galicia

Planes de Semana Santa en Galicia

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder local En directo

Líder local

10:00 - 13:00
Conexión Local
A continuación: Novedades del motor 13:00

Programación de Hoy

Viernes 23/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local Ahora
    En directo
  • Novedades del motor
    13:00 - 14:00
    Novedades del motor
    En directo
  • Líder Express
    14:00 - 14:30
    Líder Express
    En directo
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    15:00 - 17:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Las Tardes de Radio Líder
    17:00 - 20:00
    Las Tardes de Radio Líder
  • Al Día
    20:00 - 21:00
    Al Día
    En directo
  • Fórmula Líder
    21:00 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Trabajador en una oficina con signos de cansancio y estrés laboral.

Las bajas por síntomas emocionales se disparan un 490 %: qué está pasando en el trabajo

Mariscadoras trabajando en la costa gallega durante una jornada de marisqueo.

Galicia reclama al Gobierno ayudas para mariscadoras y cofradías de pescadores

Sede del Colegio Oficial de Médicos de la Provincia de A Coruña, donde se celebrará la jornada sobre las decisiones sanitarias de los menores.

¿Quién decide sobre la salud de un menor? Jornada médica en A Coruña

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.