• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña aproba o POS+Social 2026, que incrementa ata os 8 millóns de euros o apoio aos servizos sociais municipais

O programa medra un 14,3% respecto ao ano anterior e permitirá reforzar servizos como a axuda no fogar, xantar na casa, conciliación ou atención a persoas maiores e familias vulnerables

David Por David
01/04/2026
en A Coruña
0
A Deputación da Coruña aproba o POS+Social 2026, que incrementa ata os 8 millóns de euros o apoio aos servizos sociais municipais
FacebookXWhatsApp

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade de todos os grupos políticos unha nova achega do POS+Social, a liña específica do Plan Único destinada a financiar e fortalecer os servizos sociais municipais. Este ano, o programa contará cun orzamento de 8 millóns de euros, o que supón un incremento do 14,3% respecto aos 7 millóns do pasado exercicio.

Segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, «o POS+Social é un apoio clave para que os concellos poidan garantir servizos sociais próximos e de calidade, que lles chegan directamente ás persoas que máis o precisan, especialmente maiores, persoas dependentes ou familias en situación de vulnerabilidade».

A través deste fondo, os concellos poderán financiar programas e servizos como o reforzo e ampliación do servizo de axuda no fogar, o servizo de xantar na casa, actividades de acompañamento e socialización, programas de conciliación familiar e laboral, servizos de fisioterapia e terapia ocupacional ou axudas directas a persoas e familias en risco de exclusión. Tamén se permite a contratación ou reforzo de persoal técnico e administrativo dos servizos sociais municipais, así como investimentos en infraestruturas e equipamentos sociais que melloren a atención á cidadanía.

Un programa consolidado e en crecemento

O POS+Social naceu no ano 2020 como resposta ao incremento das necesidades sociais dos concellos durante a pandemia e, desde entón, consolidouse como unha das liñas máis importantes do Plan Único. Co incremento deste ano, a Deputación reforza a capacidade dos concellos para prestar servizos esenciais e dar resposta a unha demanda social crecente.

Desde a súa creación, a institución provincial leva investidos preto de 54 millóns de euros nesta liña, contribuíndo a fortalecer a rede pública de servizos sociais nos municipios, especialmente nos de menor tamaño, que son os que teñen maiores dificultades para prestar os servizos sociais debido a escasez de recursos económicos e á dispersión e envellecemento da poboación.

Reparto territorial

O orzamento distribúese entre os concellos da provincia seguindo os mesmos criterios obxectivos do Plan Único: poboación, superficie, dispersión territorial, etc. A maior parte dos fondos destínanse a gasto corrente no ámbito social (salarios, horas de servizo de axuda no fogar…), o que permite financiar servizos esenciais do día a día que melloran directamente a calidade de vida da veciñanza.

O POS+Social forma parte do modelo de cooperación municipal da Deputación da Coruña, baseado na autonomía local e na igualdade de acceso aos servizos públicos. Neste sentido, Formoso subliñou que «apostamos por unha política social útil, próxima e centrada nas persoas, que lles permita aos concellos responder con eficacia ás necesidades reais da súa veciñanza».

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, subliñou que «o POS+Social demostrou ser unha ferramenta moi útil para dar estabilidade aos servizos sociais municipais, permitíndolles aos concellos planificar e manter programas que son esenciais no día a día, desde o SAF ata a atención a familias ou a conciliación. O incremento deste ano supón máis recursos para reforzar equipos, ampliar servizos e chegar a máis persoas»

O POS+Social súmase a outras liñas de axuda que a Deputación da Coruña destina a reforzar os servizos sociais dos concellos da provincia, como o Plan de Servizos Sociais Comunitarios, cun investimento que este ano alcanza os 9 millóns de euros e que permite financiar 378.000 horas do servizo de axuda no fogar e contratar a 177 profesionais especialistas no ámbito social nos concellos. Estes apoios da Deputación permiten consolidar unha rede de servizos sociais municipais máis forte, máis coordinada e con maior capacidade de resposta ante as necesidades da cidadanía.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Seis vehículos víronse implicados nun accidente na A-55 ao seu paso por Mos

Siguiente

Ferrol impulsa tramos silenciosos nas procesións de Semana Santa para favorecer a inclusión

David

David

Relacionado Entradas

Ferrol impulsa tramos silenciosos nas procesións de Semana Santa para favorecer a inclusión
A Coruña

Ferrol impulsa tramos silenciosos nas procesións de Semana Santa para favorecer a inclusión

A Deputación da Coruña apoia con preto de 250.000 euros a 84 entidades da provincia
#Destacado

A Deputación da Coruña apoia con preto de 250.000 euros a 84 entidades da provincia

O Concello das Pontes avanza nos traballos de demolición do antigo Colexio Pardo Bazán
A Coruña

O Concello das Pontes avanza nos traballos de demolición do antigo Colexio Pardo Bazán

O Concello de Ferrol reforza os servizos municipais coa incorporación de 23 auxiliares administrativos
A Coruña

O Concello de Ferrol reforza os servizos municipais coa incorporación de 23 auxiliares administrativos

Belén do Campo destaca o gran despregamento previsto de maquinaria e de 40 traballadores para o derrubamento do viaduto da AC-12
#Destacado

Belén do Campo destaca o gran despregamento previsto de maquinaria e de 40 traballadores para o derrubamento do viaduto da AC-12

A Deputación reclama ambulancias medicalizadas para cubrir as necesidades da comarca de Bergantiños e da Costa da Morte
#Destacado

A Deputación reclama ambulancias medicalizadas para cubrir as necesidades da comarca de Bergantiños e da Costa da Morte

Siguiente
Ferrol impulsa tramos silenciosos nas procesións de Semana Santa para favorecer a inclusión

Ferrol impulsa tramos silenciosos nas procesións de Semana Santa para favorecer a inclusión

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

20:30 - 23:59
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Miércoles 01/04/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder Ahora

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

El Ayuntamiento de A Coruña no tiene un euro

Diez millones de descuadre en la tesorería del Ayuntamiento de A Coruña

Lo que está ocurriendo en el Ayuntamiento de A Coruña da para una novela. La alcaldesa y su mano derecha...

Por Interés

Últimas

Disminuyen en España las interacciones con orcas, excepto en el norte, donde aumentan ligeramente

Disminuyen en España las interacciones con orcas, excepto en el norte, donde aumentan ligeramente

Pontedeume celebra a II Feira Crecendo en Igualdade

Pontedeume celebra a II Feira Crecendo en Igualdade

O II Feirón en rede Carballo Solidario converterá a Praza do Concello nun escaparate do traballo que desenvolven as entidades sociais

O II Feirón en rede Carballo Solidario converterá a Praza do Concello nun escaparate do traballo que desenvolven as entidades sociais

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.