• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña aproba o POS+Social 2026, que incrementa ata os 8 millóns de euros o apoio aos servizos sociais municipais

O programa medra un 14,3% respecto ao ano anterior e permitirá reforzar servizos como a axuda no fogar, xantar na casa, conciliación ou atención a persoas maiores e familias vulnerables

David Expósito Por David Expósito
01/04/2026
en A Coruña
0
A Deputación da Coruña aproba o POS+Social 2026, que incrementa ata os 8 millóns de euros o apoio aos servizos sociais municipais
FacebookXWhatsApp

O pleno da Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade de todos os grupos políticos unha nova achega do POS+Social, a liña específica do Plan Único destinada a financiar e fortalecer os servizos sociais municipais. Este ano, o programa contará cun orzamento de 8 millóns de euros, o que supón un incremento do 14,3% respecto aos 7 millóns do pasado exercicio.

conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia

Segundo explicou o presidente da Deputación, Valentín González Formoso, “o POS+Social é un apoio clave para que os concellos poidan garantir servizos sociais próximos e de calidade, que lles chegan directamente ás persoas que máis o precisan, especialmente maiores, persoas dependentes ou familias en situación de vulnerabilidade”.

A través deste fondo, os concellos poderán financiar programas e servizos como o reforzo e ampliación do servizo de axuda no fogar, o servizo de xantar na casa, actividades de acompañamento e socialización, programas de conciliación familiar e laboral, servizos de fisioterapia e terapia ocupacional ou axudas directas a persoas e familias en risco de exclusión. Tamén se permite a contratación ou reforzo de persoal técnico e administrativo dos servizos sociais municipais, así como investimentos en infraestruturas e equipamentos sociais que melloren a atención á cidadanía.

Un programa consolidado e en crecemento

O POS+Social naceu no ano 2020 como resposta ao incremento das necesidades sociais dos concellos durante a pandemia e, desde entón, consolidouse como unha das liñas máis importantes do Plan Único. Co incremento deste ano, a Deputación reforza a capacidade dos concellos para prestar servizos esenciais e dar resposta a unha demanda social crecente.

Desde a súa creación, a institución provincial leva investidos preto de 54 millóns de euros nesta liña, contribuíndo a fortalecer a rede pública de servizos sociais nos municipios, especialmente nos de menor tamaño, que son os que teñen maiores dificultades para prestar os servizos sociais debido a escasez de recursos económicos e á dispersión e envellecemento da poboación.

Reparto territorial

O orzamento distribúese entre os concellos da provincia seguindo os mesmos criterios obxectivos do Plan Único: poboación, superficie, dispersión territorial, etc. A maior parte dos fondos destínanse a gasto corrente no ámbito social (salarios, horas de servizo de axuda no fogar…), o que permite financiar servizos esenciais do día a día que melloran directamente a calidade de vida da veciñanza.

O POS+Social forma parte do modelo de cooperación municipal da Deputación da Coruña, baseado na autonomía local e na igualdade de acceso aos servizos públicos. Neste sentido, Formoso subliñou que “apostamos por unha política social útil, próxima e centrada nas persoas, que lles permita aos concellos responder con eficacia ás necesidades reais da súa veciñanza”.

A deputada de Política Social, Mar García Vidal, subliñou que “o POS+Social demostrou ser unha ferramenta moi útil para dar estabilidade aos servizos sociais municipais, permitíndolles aos concellos planificar e manter programas que son esenciais no día a día, desde o SAF ata a atención a familias ou a conciliación. O incremento deste ano supón máis recursos para reforzar equipos, ampliar servizos e chegar a máis persoas”

O POS+Social súmase a outras liñas de axuda que a Deputación da Coruña destina a reforzar os servizos sociais dos concellos da provincia, como o Plan de Servizos Sociais Comunitarios, cun investimento que este ano alcanza os 9 millóns de euros e que permite financiar 378.000 horas do servizo de axuda no fogar e contratar a 177 profesionais especialistas no ámbito social nos concellos. Estes apoios da Deputación permiten consolidar unha rede de servizos sociais municipais máis forte, máis coordinada e con maior capacidade de resposta ante as necesidades da cidadanía.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Seis vehículos víronse implicados nun accidente na A-55 ao seu paso por Mos

Siguiente

Ferrol impulsa tramos silenciosos nas procesións de Semana Santa para favorecer a inclusión

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

A Coruña prevé recibir máis de 7 millóns de euros estatais para impulsar medidas de acceso á vivenda.
#Destacado

A Coruña espera máis de 7 millóns para vivenda, pero os cartos pasan pola Xunta: comeza a batalla polos fondos

Contenedores incendiados durante los disturbios registrados en A Coruña tras las protestas del 21 de octubre.
#Destacado

A Coruña vuelve al foco tras los disturbios: crece la tensión política y convocan nuevas protestas este domingo

Culleredo programa tres actividades culturales gratuitas con cuentos infantiles y dos representaciones teatrales en O Burgo.
#Destacado

Teatro gratis en Culleredo este fin de semana: horarios y obras

Daniel García González durante una charla sobre robótica blanda e investigación científica en el IES Monte Neme de Carballo.
#Destacado

Carballo acerca la robótica blanda y la investigación científica al alumnado del IES Monte Neme

Sede del Colegio Oficial de Médicos de la Provincia de A Coruña, donde se celebrará la jornada sobre las decisiones sanitarias de los menores.
#Destacado

¿Quién decide sobre la salud de un menor? Jornada médica en A Coruña

Espectáculo musical en el Castelo de Vimianzo, en la Costa da Morte.
#Destacado

O Castelo de Vimianzo acoge un concierto gratuito de Elsa Muñiz este domingo

Siguiente
Ferrol impulsa tramos silenciosos nas procesións de Semana Santa para favorecer a inclusión

Ferrol impulsa tramos silenciosos nas procesións de Semana Santa para favorecer a inclusión

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Las Tardes de Radio Líder

Las Tardes de Radio Líder

17:00 - 20:00
Continuidad
A continuación: Al Día 20:00

Programación de Hoy

Viernes 23/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • Novedades del motor
    13:00 - 14:00
    Novedades del motor
    En directo
  • Líder Express
    14:00 - 14:30
    Líder Express
    En directo
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    15:00 - 17:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Las Tardes de Radio Líder
    17:00 - 20:00
    Las Tardes de Radio Líder Ahora
  • Al Día
    20:00 - 21:00
    Al Día
    En directo
  • Fórmula Líder
    21:00 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

Galicia busca garantir o futuro das razas autóctonas

Galicia busca garantir o futuro das súas razas autóctonas con máis axudas aos criadores

Punta Langosteira y la apuesta de Galicia por la eólica marina.

Galicia busca liderar la eólica marina desde Punta Langosteira

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.