• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Proxecto Ríos dá comezo á súa Campaña de Primavera 2026

O proxecto de educación ambiental en ríos impulsado por ADEGA desenvolverá nestes meses varias saídas formativas, accións de custodia fluvial e cursos de formación.

David Por David
15/04/2026
en Rural
0
Proxecto Ríos dá comezo á súa Campaña de Primavera 2026
FacebookXWhatsApp

O Proxecto Ríos, impulsado pola organización ecoloxista ADEGA, pon en marcha este mércores, 15 de abril, a súa campaña de primavera 2026, que se desenvolverá ata o vindeiro 15 de xuño cun amplo programa de actividades arredor dos ríos galegos. Durante estes dous meses, o proxecto de educación ambiental en ríos máis lonxevo do país organizará saídas formativas, accións de custodia fluvial, cursos de formación e a itinerancia dunha nova exposición co obxectivo de implicar a cidadanía na conservación dos ecosistemas fluviais.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de educación e voluntariado ambiental promovida por ADEGA e financiada pola Deputación da Coruña, a través da súa área de medio ambiente, e pola Confederación Hidrográfica Miño-Sil (CHMS). O programa busca dar a coñecer o papel fundamental dos ríos, sensibilizar sobre as súas problemáticas e fomentar a participación activa da sociedade na súa protección e mellora.

Entre as actividades previstas destacan as saídas formativas con centros de ensino, concellos e asociacións. Nelas, as persoas participantes percorren un treito de río mentres coñecen de maneira práctica a metodoloxía do proxecto, co fin de poder desenvolver posteriormente o programa de maneira autónoma. As primeiras saídas terán lugar mañá, 16 de abril, co CPI de Bembibre e co CPI Manuel Suarez Marquier do Rosal; e o martes 17 co IES A Paralaia de Moaña. Ademais, levaranse a cabo accións de custodia fluvial no río Sar para a eliminación da invasora Tradescantia o vindeiro sábado, 25 de abril.

Mostra «20 anos de Proxecto Ríos»

En concreto, e con motivo do seu 20 aniversario, o Proxecto Ríos estrea a exposición itinerante «20 anos de Proxecto Ríos», unha mostra composta por 11 paneis que percorren a traxectoria do programa ao longo das súas dúas décadas de vida. A través de contidos divulgativos, imaxes e exemplos de boas prácticas, a exposición pon en valor o traballo desenvolvido polo voluntariado ambiental, a evolución do proxecto e o seu impacto na conservación e coñecemento dos ecosistemas fluviais galegos.

Trátase dunha ferramenta didáctica pensada para achegar á cidadanía en xeral e ao alumnado en particular a importancia dos ríos e fomentar a implicación social na súa protección. A mostra está xa dispoñible para a súa itinerancia, polo que calquera entidade, centro de ensino ou colectivo da provincia da Coruña pode solicitar a súa instalación nos seus espazos. O primeiro lugar ao que viaxará será ao CPI de Bembibre mañá e ao IES de Ames o 29 de abril.

Todas as actividades desenvolvidas con ocasión desta efeméride enmarcanse na campaña «Súmate á corrente», que ten como obxectivo ampliar a base social do Proxecto Ríos para estudar e protexer uns ecosistemas fluviais vitais para a biodiversidade. Neste sentido, Proxecto Ríos fai un chamamento a formar parte activa deste programa de actividades.

Próximas actividades destacadas:

16 de abril: Saída formativa co CPI de Bembibre e no CPI Manuel Suarez Marquier do Rosal.
17 de abril: Saída formativa co IES A Paralaia de Moaña.
23 de abril: CPI de Pontecarreira.
25 de abril: Custodia fluvial no río Sar (eliminación de Tradescantia) e saída formativa co Censo Social Ledoñés de Culleredo.
28 de abril: Feira de Sustentabilidade no IES Luís Seoane de Pontevedra e saída formariva IES Francisco Daviña Rey (Monforte de Lemos).
29 de abril: Exposición “20 anos de Proxecto Ríos” no IES de Ames e saída formativa IES da Terra Chá, José Trapero Pardo (Castro de Ribeiras de Lea).
30 de abril: Saída formativa con COGAMI de Lugo e CEIP Rosalia de Castro (Pol).

ShareTweetSend
Publicación anterior

Marinería en Ferrol acogerá 20 nuevas viviendas asequibles

Siguiente

A Deputación da Coruña apoia á Protección Civil de Santa Comba con máis de 11.000 euros para mellorar o seu equipamento

David

David

Relacionado Entradas

Paula Prado destaca o compromiso» do Goberno galego co reforzo do dispositivo de prevención e defensa contra incendios forestais
#Destacado

Paula Prado destaca o compromiso» do Goberno galego co reforzo do dispositivo de prevención e defensa contra incendios forestais

A importancia da coordinación para protexer a poboación ante os posibles incendios forestais
#Destacado

A importancia da coordinación para protexer a poboación ante os posibles incendios forestais

Denuncian o abandono de rodas xigantes en ríos de Touro e O Pino
Rural

Denuncian o abandono de rodas xigantes en ríos de Touro e O Pino

O BNG empraza á Xunta a actuar contra o uso de herbicidas contaminantes na marxe das vías
GALICIA

O BNG empraza á Xunta a actuar contra o uso de herbicidas contaminantes na marxe das vías

Lugo o talento das artesás como motor de futuro para o rural
#Destacado

Lugo o talento das artesás como motor de futuro para o rural

ADEGA celebra 50 anos de ecoloxismo galego cun acto conmemorativo no Consello da Cultura Galega
#Destacado

ADEGA celebra 50 anos de ecoloxismo galego cun acto conmemorativo no Consello da Cultura Galega

Siguiente
A Deputación da Coruña apoia á Protección Civil de Santa Comba con máis de 11.000 euros para mellorar o seu equipamento

A Deputación da Coruña apoia á Protección Civil de Santa Comba con máis de 11.000 euros para mellorar o seu equipamento

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

08:00 - 23:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 23:00

Opinión

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales
#Destacado

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Hubo un tiempo en el que el verano gallego se medía por el calendario de las fiestas patronales. Cada parroquia...

Leer másDetails
Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Domingo 31/05/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

A Coruña, Lugo, Santiago y Ourense pueden cambiar de alcalde

A Coruña, Lugo, Santiago y Ourense pueden cambiar de alcalde

La encuesta de Sondaxe publicada este domingo deja en mal lugar al Partido Popular. No recuperaría una sola alcaldía de...

Por Interés

Últimas

El Dépor vuelve a Primera

A Coruña se prepara para otro domingo blanquiazul en Riazor con música y fiesta deportivista

O PPdeG pide consenso arredor da lingua galega e reivindica a renovación do Plan xeral de Normalización

O PPdeG pide consenso arredor da lingua galega e reivindica a renovación do Plan xeral de Normalización

Cullerciencia celebra el sábado 6 su octava edición

Cullerciencia celebra el sábado 6 su octava edición

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.