• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A oferta de Emprego Público da Administración xeral para 2026 ascende a máis de 1.200 prazas

Alfonso Rueda anuncia que se negociará coas organizacións sindicais esta mesma semana

David Por David
20/04/2026
en #Destacado, GALICIA, Política
0
A oferta de Emprego Público da Administración xeral para 2026 ascende a máis de 1.200 prazas
FacebookXWhatsApp

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, indicou hoxe que a proposta da oferta de emprego público (OEP) da Administración xeral da Xunta e das entidades instrumentais do sector público autonómico para este ano 2026 ascende a “máis de 1.200 prazas, case o 70% de acceso libre” e negociarase coas organizacións sindicais esta mesma semana.

Na elaboración desta proposta, o Goberno galego aplicou a “taxa máxima de reposición permitida polo Estado, que é a establecida no ano 2023, xa que son os últimos PGE aprobados”, tal e como indicou Rueda. A proposta, explicou, inclúe “811 prazas de acceso libre e 300 de promoción interna independente do persoal funcionario de carreira, ademais de 91 prazas para promoción interna de persoal laboral fixo como proceso de funcionarización”.

Así quedou patente nun informe que coñeceu hoxe o Consello de Goberno, en que a Consellería de Facenda e Administración Pública debullou a proposta que se debaterá nos vindeiros días.

Con esta proposta, o Goberno galego garante a posibilidade de que calquera persoa que cumpra os requisitos poida acceder a un emprego fixo, estable e de calidade na Administración autonómica, así como o dereito do persoal empregado público a unha promoción profesional.

Prazas de acceso libre

Do total das 811 prazas de acceso libre, “máis de 370 serán para os principais corpos e escalas da Administración xeral, máis de 330 prazas son para escalas da Administración especial e máis  de 90 prazas son para categorías de persoal laboral”, indicou Rueda.

A todas estas prazas poderá acceder calquera persoa que cumpra os requisitos exixidos nas correspondentes convocatorias.

Por outra parte, a oferta inclúe máis de 50 prazas de acceso libre en entidades do sector público instrumental autonómico.

Promoción interna

Ás prazas de acceso libre súmanse outras 300 prazas para a promoción interna do persoal funcionario de carreira, uns procesos reservados a empregados e empregadas públicas que xa son persoal funcionario e que poden acadar un ascenso ou promoción profesional a postos de traballo de maior responsabilidade e retribución.

Así mesmo, ofértanse 91 prazas de promoción interna para persoal laboral fixo como proceso de funcionarización.

Prazas reservadas para persoas con discapacidade

O presidente da Xunta explicou que “do total das prazas desta OEP, resérvase un 12% para persoas con discapacidade” e unha parte delas será para o acceso de persoas que acrediten discapacidade intelectual.

Rueda salientou que esta reserva é “cinco puntos por riba do mínimo que marca a lexislación”, que establece un mínimo do 7 % para facilitar o acceso da discapacidade á función pública, de xeito que progresivamente se alcance o 2 % dos efectivos totais de cada Administración pública incluída no ámbito de aplicación desta lei, porcentaxe que, por outra parte, xa está superada no caso da Administración xeral. Continúase así cunha medida que ten como obxectivo colaborar na integración social e laboral das persoas con discapacidade.

ShareTweetSend
Publicación anterior

A Real Academia Galega elaborará o mapa sociolingüístico escolar de Quiroga

Siguiente

O PSOE de Lugo acusa a Elena Candia de intentar asaltar a alcaldía pola porta de atrás

David

David

Relacionado Entradas

La Xunta implanta en las 54 oficinas de empleo gallegas una red de cajeros autoservicio
#Destacado

La Xunta implanta en las 54 oficinas de empleo gallegas una red de cajeros autoservicio

Camino de Santiago en verano 2026: cómo reservar hoteles baratos, mejores rutas, precios y consejos para ahorrar
#Destacado

Camino de Santiago en verano 2026: cómo reservar hoteles baratos, mejores rutas, precios y consejos para ahorrar

Culleredo llama a “extremar el cuidado del medio” durante las fiestas
A Coruña

Culleredo llama a “extremar el cuidado del medio” durante las fiestas

Festivales en Galicia este fin de semana (24, 25 y 26 de julio): la guía definitiva con los mejores conciertos y planes
#Destacado

Festivales en Galicia este fin de semana (24, 25 y 26 de julio): la guía definitiva con los mejores conciertos y planes

Los pueblos más baratos para comprar casa en Galicia en 2026: viviendas desde solo 46.000 euros
#Destacado

Los pueblos más baratos para comprar casa en Galicia en 2026: viviendas desde solo 46.000 euros

Camiseta de España con dos estrellas: precio, dónde comprarla y cuándo sale a la venta tras ganar el Mundial 2026
#Destacado

Camiseta de España con dos estrellas: precio, dónde comprarla y cuándo sale a la venta tras ganar el Mundial 2026

Siguiente
O PSOE de Lugo acusa a Elena Candia de intentar asaltar a alcaldía pola porta de atrás

O PSOE de Lugo acusa a Elena Candia de intentar asaltar a alcaldía pola porta de atrás

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

08:00 - 23:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 23:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Domingo 26/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 23:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    23:00 - 00:00
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

La Xunta implanta en las 54 oficinas de empleo gallegas una red de cajeros autoservicio

La Xunta implanta en las 54 oficinas de empleo gallegas una red de cajeros autoservicio

Camino de Santiago en verano 2026: cómo reservar hoteles baratos, mejores rutas, precios y consejos para ahorrar

Camino de Santiago en verano 2026: cómo reservar hoteles baratos, mejores rutas, precios y consejos para ahorrar

Culleredo llama a “extremar el cuidado del medio” durante las fiestas

Culleredo llama a “extremar el cuidado del medio” durante las fiestas

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.