Arteixo convértese esta fin de semana na capital do patinaxe co Campionato Galego de Solo Danza e Parellas.
Será os días 25 e 26 de abril no Pazo dos Deportes, organizado polo CD Fervello.
O sábado 25 a competición comezará ás 10:00 h coas categorías de base e as modalidades de Style Dance.
A xornada do domingo 26 arrancará ás 09:50 h coas probas de Danza Libre en todas as categorías.
As entregas de trofeos poñerán o broche de ouro a cada unha das xornadas de competición.













