• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Asociación Galega de Editoras impulsan a campaña “Rebélate: compra un libro!”

A Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editoras impulsan a campaña “Rebélate: compra un libro!”, unha celebración colectiva arredor da lectura, a cultura e o gozo de vivir en galego que incluirá un 10% de desconto en libros na nosa lingua o vindeiro 17 de maio

David Por David
12/05/2026
en #Destacado, Cultura
0
Asociación Galega de Editoras impulsan a campaña “Rebélate: compra un libro!”
FacebookXWhatsApp

As Letras Galegas de 2026 queren saír á rúa, respirar ao ritmo da música, da creación contemporánea e das librarías cheas de xente buscando historias. Queren afastarse da solemnidade inmóbil para reivindicar algo moito máis poderoso: que ler en galego tamén é un acto de pracer, de identidade e de rebeldía feliz. Con esa intención nace “Rebélate: compra un libro!”, a nova campaña promovida conxuntamente pola Federación de Librarías de Galicia e a Asociación Galega de Editoras con motivo do Día das Letras Galegas.

Inspirada na figura homenaxeada este ano, a escritora e xornalista Begoña Caamaño, a campaña constrúe unha mensaxe clara: a lectura na nosa lingua non é unha obriga nin unha nostalxia, senón unha forma de liberdade contemporánea. Unha maneira de comprender o mundo, de emocionarse, de cuestionar e de gozar. Porque, como defendía a propia autora, “a alegría, o gozo, a risa, a felicidade son discurso político”.

A proposta visual e conceptual da campaña afástase deliberadamente da estética clásica asociada ás Letras Galegas para apostar por unha imaxe vibrante, moderna e urbana, influenciada pola cartelería musical, os fanzines e a gráfica contemporánea. O obxectivo: converter o libro galego nun símbolo de actitude, nun obxecto de desexo cultural, nun pequeno xesto de insubmisión feliz.

A rebelión da comunidade lectora: reivindicación e festa

Baixo o lema “Rebélate: compra un libro!”, a iniciativa vense desenvolvendo dende hai uns días nas redes sociais, e busca reivindicar as sinerxias culturais dentro da comunidade lectora en galego, por iso a campaña conta con recomendacións literarias desde librarías galegas, colaboracións con artistas musicais e contidos dirixidos a públicos diversos, desde a mocidade ata as familias e as persoas maiores.

A campaña contará tamén coa participación de creadoras e grupos musicais galegos como Fillas de Cassandra ou The Rapants, ademais de diferentes librarías de proximidade que recomendarán lecturas e reivindicarán o seu papel como auténticos pulmóns culturais do país.

O punto culminante chegará o propio 17 de maio, Día das Letras Galegas, cando as librarías participantes ofrecerán un 10% de desconto en todos os libros en galego, convertendo a xornada nunha gran celebración colectiva arredor da lectura e da cultura propia. Un convite a encher as casas de historias, pensamento e voces galegas.

Con esta campaña, editoras e librarías queren reivindicar non só a importancia do libro galego como motor cultural e económico, senón tamén a necesidade de construír un relato novo arredor da nosa lingua: máis luminoso, máis libre, máis contemporáneo e profundamente vivo. Porque ler en galego non é mirar cara atrás. É, precisamente, unha maneira de avanzar.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O PPdeG impulsa no Parlamento unha Comisión de estudo para garantir o futuro do sector lácteo galego

Siguiente

Plácido Domenech analiza en Radio Líder los retos de la IA

David

David

Relacionado Entradas

O II Feirón en rede Carballo Solidario converterá a Praza do Concello nun escaparate do traballo que desenvolven as entidades sociais
#Destacado

O II Feirón en rede Carballo Solidario converterá a Praza do Concello nun escaparate do traballo que desenvolven as entidades sociais

A Deputación da Coruña organiza actividades para homenaxear a Begona Caamaño
#Destacado

A Deputación da Coruña organiza actividades para homenaxear a Begona Caamaño

Os Premios PEL da Deputación baten récord de participación con 145 candidaturas presentadas
#Destacado

Os Premios PEL da Deputación baten récord de participación con 145 candidaturas presentadas

O III Encontro de Alcaldesas reivindicará na Coruña o papel da cultura como motor de dinamismo e economía nas cidades
#Destacado

O III Encontro de Alcaldesas reivindicará na Coruña o papel da cultura como motor de dinamismo e economía nas cidades

A Coruña acolle a sétima edición da GALICIA DESIGN WEEK
#Destacado

A Coruña acolle a sétima edición da GALICIA DESIGN WEEK

Esto es lo que pagarás por tus medicamentos a partir de ahora
#Destacado

Esto es lo que pagarás por tus medicamentos a partir de ahora

Siguiente
Plácido Domenech analiza en Radio Líder los retos de la IA

Plácido Domenech analiza en Radio Líder los retos de la IA

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder local En directo

Líder local

10:00 - 13:00
Conexión Local
A continuación: Sesión vermut 13:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Miércoles 13/05/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local Ahora
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Bieito Rubido se hará cargo de los periódicos de Editorial La Capital S.L.

Bieito Rubido se hará cargo de los periódicos de Editorial La Capital S.L.

El periodista de Cedeira, Bieito Rubido, volverá a casa, no por Navidad, como El Almendro, sino en primavera. Regresa a...

Por Interés

Últimas

O II Feirón en rede Carballo Solidario converterá a Praza do Concello nun escaparate do traballo que desenvolven as entidades sociais

O II Feirón en rede Carballo Solidario converterá a Praza do Concello nun escaparate do traballo que desenvolven as entidades sociais

A Deputación da Coruña organiza actividades para homenaxear a Begona Caamaño

A Deputación da Coruña organiza actividades para homenaxear a Begona Caamaño

Os Premios PEL da Deputación baten récord de participación con 145 candidaturas presentadas

Os Premios PEL da Deputación baten récord de participación con 145 candidaturas presentadas

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.