• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Vimianzo presenta un conto infantil para combater a soidade non desexada desde a infancia

A Casa da Cultura acolleu a presentación do libro "Por qué se lle revirou o peteiro á Curuxa Maruxa?", editado coa colaboración da Deputación da Coruña

David Expósito Por David Expósito
19/05/2026
en #Destacado, A Coruña
0
Vimianzo presenta un conto infantil para combater a soidade non desexada desde a infancia
FacebookXWhatsApp

A Casa da Cultura de Vimianzo acolleu hoxe a presentación do conto ilustrado Por que se lle revirou o peteiro á Curuxa Maruxa?, un novo recurso literario e pedagóxico para sensibilizar sobre a soidade non desexada e fomentar, desde a infancia, o valor da amizade, da escoita e da interacción social.

conservas de galicia conservas de galicia conservas de galicia

A publicación enmárcase no plan do Concello de Vimianzo contra a soidade non desexada “Conectando Corazóns” e foi editada co apoio da Deputación da Coruña, a través da Imprenta Provincial, como unha edición non venal destinada a fortalecer as redes de apoio comunitario e a achegar aos máis pequenos unha reflexión sinxela, próxima e accesible sobre o illamento social.

No acto participaron a alcaldesa de Vimianzo e deputada provincial, Mónica Rodríguez Ordóñez, a deputada de Política Social da Deputación da Coruña, Mar García Vidal, e o autor do libro, o psicólogo municipal Sergio Trillo. A presentación contou tamén coa presenza de alumnado de 1º e 2º de Educación Primaria do CEIP San Vicenzo.

Mar García Vidal destacou o valor deste tipo de iniciativas para abordar a soidade non desexada desde idades temperás. A deputada subliñou que “a soidade non é só unha realidade das persoas maiores, senón un reto social que debemos traballar desde todas as idades, tamén desde a infancia, educando na empatía, na escoita e no coidado dos demais”.

Neste sentido, incidiu tamén no papel da Deputación da Coruña á hora de apoiar proxectos municipais que contribúen a evitar a soidade non desexada das persoas maiores, especialmente no ámbito rural. “A edición deste conto a é unha mostra de como a Deputación pode acompañar aos concellos non só con recursos económicos, senón tamén poñendo ao seu servizo ferramentas que axudan a transformar unha boa idea neste fantástico libro que presentamos hoxe, destinado ao público infantil”, sinalou.

Unha metáfora sobre a importancia de escoitar e acompañar

A obra narra a historia de Maruxa, unha curuxa que un día esperta co peteiro torcido por mor dun “sentimento estraño” que non é quen de comprender. Na procura dunha resposta, a protagonista inicia unha viaxe polas diferentes parroquias de Vimianzo, onde se atopa con distintos animais, todos eles cheos de talento, pero demasiado centrados nas súas propias rutinas como para reparar no que lle acontece.

Será finalmente o encontro cos demais, a alegría compartida, o baile dunha muiñeira no Castro das Barreiras e o calor da comunidade o que consiga endereitar o seu peteiro. Maruxa descobre entón que aquilo que sentía tiña un nome: soidade.

No limiar da obra, a alcaldesa de Vimianzo, Mónica Rodríguez Ordóñez, salienta que “a soidade ás veces chega sen avisar e pesa máis do que debería. Pero cando alguén nos escoita, ese peso desaparece”. A rexedora subliña que este conto é “unha invitación a coidar, a mirar polos demais e a lembrar que todos merecemos sentirnos acompañados”.

Un recurso para ler, falar e crear redes de confianza

O proxecto vai máis alá da lectura. O libro incorpora unha actividade final baseada nunha árbore e nos seus froitos, pensada para que os nenos e nenas identifiquen as súas propias redes de confianza e recoñezan a quen poden acudir cando se sintan sós ou precisen axuda.

O libro busca ensinar aos máis peqeunos que a resposta á soidade non desexada comeza moitas veces nos pequenos xestos: escoitar, acompañar, preguntar e estar presentes.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Casi el 30% de los españoles edita sus fotos con herramientas de IA o filtros

Siguiente

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, concede Premio Dolores Llópiz – Psicoloxía e Sociedade 2026 a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan
#Destacado

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

Galicia busca garantir o futuro das razas autóctonas
#Destacado

Galicia busca garantir o futuro das súas razas autóctonas con máis axudas aos criadores

Punta Langosteira y la apuesta de Galicia por la eólica marina.
#Destacado

Galicia busca liderar la eólica marina desde Punta Langosteira

Vox ha presentado una querella por el desarrollo de las protestas y los incidentes registrados en la plaza de María Pita.
#Destacado

Vox lleva a los tribunales al delegado del Gobierno por los disturbios de A Coruña

A Coruña prevé recibir máis de 7 millóns de euros estatais para impulsar medidas de acceso á vivenda.
#Destacado

A Coruña espera máis de 7 millóns para vivenda, pero os cartos pasan pola Xunta: comeza a batalla polos fondos

A Xunta reserva máis de 4 millóns de euros para actuacións viarias e empresariais en Palas de Rei nos Orzamentos de 2027.
#Destacado

Máis de 4 millóns para Palas de Rei: así cambiarán a estrada LU-231 e o polígono industrial

Siguiente
O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, concede Premio Dolores Llópiz – Psicoloxía e Sociedade 2026 a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

O Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia, concede Premio Dolores Llópiz – Psicoloxía e Sociedade 2026 a Asociación Galega para a Defensa da Sanidade Pública

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Fórmula Líder 08:00

Programación de Hoy

Sábado 24/10/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Fórmula Líder
    08:00 - 12:00
    Fórmula Líder
  • 12:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Fórmula Líder
    14:30 - 15:00
    Fórmula Líder
  • 22:00 - 23:59
    Superdanze
    En directo

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

O tempo en Galicia esta fin de semana: cando choverá e que temperaturas se esperan

O tempo en Galicia esta fin de semana: máis nubes o sábado e risco de chuvia o domingo

Galicia busca garantir o futuro das razas autóctonas

Galicia busca garantir o futuro das súas razas autóctonas con máis axudas aos criadores

Punta Langosteira y la apuesta de Galicia por la eólica marina.

Galicia busca liderar la eólica marina desde Punta Langosteira

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.