Como consecuencia do golpe, dúas persoas quedaron atrapadas no coche e necesitaron o rescate dos Bombeiros de Betanzos.
No turismo ía un terceiro ocupante, que saíu polos seus propios medios. Non obstante, todos están a recibir asistencia médica por diferentes lesións e traumatismos.
Ademais das chamadas recibidas no 112 Galicia por diferentes persoas particulares, o aviso sobre o accidente chegou ao Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia mediante o sistema automático (ecall) dun dos vehículos. A información coincidía na implicación dun coche e un camión nunha colisión por alcance coa posterior saída de vía do turismo contra a mediana.
O sinistro produciuse arredor das 18:30 horas na A-6, no punto kilométrico 554, ao paso por Feás, Aranga. Alí acudiron os medios e recursos de emerxencias para a atención dos feridos: tres en total.
Así, Urxencias Sanitarias de Galicia-061, Bombeiros de Betanzos, membros do GES de Curtis e axentes da Garda Civil de Tráfico acudiron ao lugar dos feitos para a atención, rescate e protección das persoas afectadas.













