• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

Paula Prado destaca no Congreso Provincial de NNXX de Pontevedra que o PPdeG é o partido máis votado pola mocidade galega

A secretaria xeral dos populares galegos felicita a Santamaría, quen "defende os intereses dos galegos e galegas" fronte aos que "só queren ruído e conflitividade"

David Por David
15/06/2026
en #Destacado, Pontevedra
0
Paula Prado destaca no Congreso Provincial de NNXX de Pontevedra que o PPdeG é o partido máis votado pola mocidade galega
FacebookXWhatsApp

O 10º Congreso Provincial de Novas Xeracións de Pontevedra, celebrado hoxe, elixiu ao deputado vilagarcián Raúl Santamaría como novo presidente das NNXX da provincia, con case o 98% dos votos. «Un mozo que defende os intereses dos galegos e galegas con tranquilidade e sentidiño, fronte aos que só queren ruído e conflitividade», sinalou a secretaria xeral do PPdeG, Paula Prado, na clausura do Congreso, no que tamén participaron o presidente provincial do PP de Pontevedra, Luis López; a presidenta de NNXX do PPdeG, Nicole Grueira, e o responsable da área de Cultura, Lingua e Xuventude do Goberno galego, José López Campos.

 

A número dous dos populares galegos felicitou a Raúl Santamaría por acadar o triplo de avais necesarios para a súa candidatura e puxo en valor a súa traxectoria política. Lembrou que a provincia de Pontevedra contribuíu con case un 45% de apoio electoral a facer posible a primeira maioría absoluta de Alfonso Rueda e o papel concreto da xuventude nas urnas, xa que o PPdeG é o partido máis votado polos mozos e mozas de Galicia. «Somos a primeira opción do electorado menor de 30 anos. Nas eleccións autonómicas votáronnos 4 de cada 10 mozos galegos», afirmou.

 

Para Prado, este apoio nas urnas é posible grazas a que o PPdeG é «o partido que máis se parece a Galicia e, sobre todo, porque NNXX é a organización que máis se parece aos mozos galegos e a que mellor representa e defende aos seus intereses, sen pancartas e sen ruído, fronte a un BNG que vai de manifestación en manifestación e a un PSOE instalado na corrupción e en manter a Sánchez na Moncloa».

 

Tamén destacou o traballo do Goberno galego co presidente Alfonso Rueda á fronte, con políticas que ofrecen á mocidade «as oportunidades que necesita» e poñendo o foco en prioridades como o acceso á vivenda, na que a xuventude se ve «seriamente prexudicada por unha Lei Nacional de Vivenda errática e cutre».

 

Aproveitou para solidarizarse cos rapaces e rapazas afectados polos erros da PAU deste ano, polo que reiterou a necesidade de responsabilidades e, sobre todo, solucións para aos mozos que «non deben pagar polos erros doutros».

 

Fronte a oposición, Prado pon en valor o liderado de mozos como Santamaría, que «din basta e collen o temón, porque no PPdeG somos os únicos preparados para gobernar, para que a xente nova teña voz e futuro».

 

LUIS LÓPEZ CHAMA Á MOCIDADE A «PASAR Á ACCIÓN»

 

Pola súa banda, o presidente provincial do PP de Pontevedra cualificou o congreso de modélico, posto que a organización «sae moito máis forte do que entra e totalmente revitalizada» ao tempo que puxo en valor o «compromiso e enorme traballo» de Ana Cristina Pérez Cabaleiro.

 

Así mesmo, chamou á mocidade a «pasar á acción» e agradeceulle que «se sacrifique por unhas ideas e loiten pola xente máis nova», posto que considera fundamental que este sector da poboación «teña cada vez máis peso nun país acuciado polo reto demográfico».

 

«Estamos a favor dunha mocidade que se rebela contra o pensamento único e que non se compra con bonos, unha mocidade que defende as grandes políticas da Xunta e de Alfonso Rueda en materia de vivenda, en materia de emprego e sobre todo en educación, con máis de 50.000 prazas de FP e a matrícula universitaria gratuíta», manifestou Luis López, que anunciou que o programa das eleccións municipais de 2027 será «o que teña máis políticas xuvenís da historia».

 

Ademais, López cualificou a Raúl Santamaría como «o mellor presidente posible» pola súa empatía, proximidade e gran coñecemento das necesidades da mocidade e garantiu que Novas Xeracións vai ter «un papel fundamental e protagonista».

 

A ORGANIZACIÓN XUVENIL MÁIS IMPORTANTE DE GALICIA

 

O novo presidente das NNXX de Pontevedra, Raúl Santamaría, asume a presidencia da organización con ilusión para «abrir unha nova etapa chea de retos na que atendamos máis que nunca ás necesidades da mocidade e na que a xente nova contribúa decisivamente a unha rotunda vitoria nas municipais de 2027», para manter «a Deputación, axudar a Feijóo a chegar a presidencia do Goberno de España e a apuntalar unha nova maioría absoluta de Alfonso Rueda», afirmou.

 

Santamaría, que presentou ao seu novo equipo co estradense Iago Cribeiro de vicepresidente e Sonia Baqueiro de secretaria xeral, destacou que o novo grupo de dirección «chega con moitas ideas frescas» e lembrou que os mozos «xa somos presente e temos que manter esa visión para construír o futuro».

 

Neste sentido, remarcou que o PPdeG «demostra todos os días» a súa aposta pola xuventude antes de lembrar que NNXX «é a organización xuvenil con máis membros e representatividade de Galicia». Finalmente, tivo unha emotiva lembranza para o falecido Pablo Carollo, anterior presidente da organización e que foi o que o introduciu en NNXX, e para a saínte Ana Cristina Pérez Cabaleiro, da que destacou os seus oito anos de gran traballo.

 

O Congreso Provincial arrancou coa benvida do voceiro pontevedrés, Rafa Domínguez, e incluíu o informe de xestión do secretario xeral saínte, Avelino Souto, así como o discurso de despedida da anterior presidenta.

ShareTweetSend
Publicación anterior

O Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación reuniu preto de mil participantes na súa 27ª edición

Siguiente

Culleredo será el escenario del acto central a nivel Galicia por el Día Mundial de la ELA

David

David

Relacionado Entradas

O Festival Atlántica ofrecerá espectáculos en 33 concelllos con 50 artistas
#Destacado

O Festival Atlántica ofrecerá espectáculos en 33 concelllos con 50 artistas

El 79% de los españoles recurre al deporte para reducir el estrés, aunque 6 de cada 10 reconoce llevar una vida sedentaria
#Destacado

El 79% de los españoles recurre al deporte para reducir el estrés, aunque 6 de cada 10 reconoce llevar una vida sedentaria

La Banca Privada de BBVA en España crece un 20% en patrimonio y un 17% en clientes en 2025
#Destacado

Los españoles gastarán 270€ de media a través del canal online

O parque de San Lázaro acolle unha nova edición da Feira do Libro
#Destacado

O parque de San Lázaro acolle unha nova edición da Feira do Libro

La Xunta activa las medidas de protección a la población en Vecoña, Boborás
#Destacado

La Xunta activa las medidas de protección a la población en Vecoña, Boborás

#Destacado

Unha moza resultou ferida grave tras ser atropelada en Celanova

Siguiente
Culleredo será el escenario del acto central a nivel Galicia por el Día Mundial de la ELA

Culleredo será el escenario del acto central a nivel Galicia por el Día Mundial de la ELA

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Líder express

Líder express

14:00 - 14:30
A continuación: Fórmula Líder 14:30

Opinión

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales
#Destacado

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Hubo un tiempo en el que el verano gallego se medía por el calendario de las fiestas patronales. Cada parroquia...

Leer másDetails
Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Lunes 15/06/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express Ahora
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Juego de Tronos en el Ayuntamiento de A Coruña

Juego de Tronos en el Ayuntamiento de A Coruña

En el Ayuntamiento de A Coruña vuelan las dagas. El grupo municipal del PSOE está más dividido que el ejército...

Por Interés

Últimas

O Festival Atlántica ofrecerá espectáculos en 33 concelllos con 50 artistas

O Festival Atlántica ofrecerá espectáculos en 33 concelllos con 50 artistas

El 79% de los españoles recurre al deporte para reducir el estrés, aunque 6 de cada 10 reconoce llevar una vida sedentaria

El 79% de los españoles recurre al deporte para reducir el estrés, aunque 6 de cada 10 reconoce llevar una vida sedentaria

La Banca Privada de BBVA en España crece un 20% en patrimonio y un 17% en clientes en 2025

Los españoles gastarán 270€ de media a través del canal online

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.