• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

O Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación reuniu preto de mil participantes na súa 27ª edición

José Ramón Rioboo salienta no Teatro Colón o "poder transformador da cultura" nunha gala na que se entregaron 35 premios e se recoñeceu o talento dos 74 compañías e grupos teatrais participantes nesta edición

David Por David
15/06/2026
en #Destacado, A Coruña, Cultura
0
O Certame de Teatro Escolar e Afeccionado da Deputación reuniu preto de mil participantes na súa 27ª edición
FacebookXWhatsApp

O Teatro Colón da Coruña encheuse onte á noite para celebrar  a clausura do Certame de Teatro Escolar e Afeccionado organizado polo IES Rosalía Mera e a Deputación da Coruña, unha cita que chega á súa vixésimo sétima edición consolidada como o certame de referencia en Galicia no seu ámbito.

O encontro reuniu este ano a 947 participantes e contou coa representación de 74 obras, procedentes principalmente da provincia da Coruña, pero tamén doutros puntos de Galicia e de comunidades como Madrid ou o País Vasco. A gala serviu para recoñecer o traballo desenvolvido durante os últimos meses polos grupos participantes, que representaron as súas obras no IES Rosalía Mera antes da entrega final de premios no Teatro Colón.

Na edición deste ano participaron 35 compañías na categoría afeccionada e 39 grupos nas categorías escolares. Destas últimas, 14 corresponderon á categoría cadete, 21 á infantil e 4 á benxamín, o que amosa a forte presenza das novas xeracións nun certame que leva case tres décadas achegando as artes escénicas á mocidade e ao tecido cultural de base.

Durante a gala entregáronse un total de 35 premios, cos que a Deputación recoñeceu a calidade das propostas presentadas, o esforzo dos elencos e equipos técnicos, e o papel fundamental que desempeñan centros educativos, asociacións culturais, compañías afeccionadas, profesorado, familias e persoas voluntarias na promoción do teatro.

No seu discurso de clausura, o deputado provincial José Ramón Rioboo destacou que o certame “é xa unha referencia no teatro escolar e afeccionado despois de 27 anos”, e puxo en valor a súa capacidade para “crear canteira e facer do escenario un espazo de aprendizaxe, sen importar a idade”.

Rioboo subliñou tamén o “poder transformador da cultura” e afirmou que a Deputación da Coruña seguirá apoiando iniciativas como esta, que facilitan o acceso da cidadanía ás artes escénicas.

Relación de premiados

Premio de honra

O Premio de Honra desta XXVII edición foi para Manuel Lourenzo, de Casahamlet, cando se cumpre case un ano do seu pasamento.

Categoría benxamín

Na categoría benxamín, o premio á mellor actuación foi para Soraya Westburg, por O Pazo de Don Limpo, de Melandrainas Asociación Teatral – Grupo Faragullas CEIP Ponte dos Brozos. O recoñecemento á mellor actuación de reparto recaeu en María Cundíns Castro, por Os Poetas e o Lume, do CEIP Labarta Pose. O premio á mellor dirección foi para Sinda Cundíns Caamaño, tamén por Os Poetas e o Lume.

Na modalidade de mellor obra, o primeiro premio foi para Os Poetas e o Lume, do CEIP Labarta Pose; o segundo, para O Pazo de Don Limpo, de Melandrainas Asociación Teatral – Grupo Faragullas CEIP Ponte dos Brozos; e o terceiro, para Aventura en el Valle, de Teatro Infantil – CEIP Eusebio da Guarda.

Categoría infantil

Na categoría infantil, o premio á mellor actuación foi para Brais Piñón Suárez, por No todos los Duendes son Verdes, de Melandrainas Asociación Teatral – Grupo PATACÓN. O premio á mellor actuación de reparto foi para Xela Torreiro Gómez, pola mesma obra, mentres que o recoñecemento á mellor dirección recaeu en Antía Fernández, tamén por No todos los Duendes son Verdes.

O primeiro premio á mellor obra foi para No todos los Duendes son Verdes, de Melandrainas Asociación Teatral – Grupo PATACÓN. O segundo premio foi para El País de las Maravillas, do Liceo La Paz; o terceiro, para Misterioso Camiño Inglés de Neda, da Escola de Teatro Infantil de Neda; o cuarto, para La Ciudad Gris, do Liceo La Paz; e o quinto, para El Maravilloso Mundo de los Snergs, da Cía de Teatro Noite Bohemia – Noitiña.

Categoría cadete

Na categoría cadete, o premio á mellor actuación foi para Sara Carneiro Primoy, por O Principiño, da Escola de Teatro Xuvenil de Neda. O premio á mellor actuación de reparto foi para Nuria Sanmartín, por Aurelio, Criado de Dous Patróns, de Agor Teatro. O premio á mellor dirección foi para Marian Rei, por O Principiño.

Na modalidade de mellor obra, o primeiro premio foi para O Principiño, da Escola de Teatro Xuvenil de Neda; o segundo, para El Mercader de Venecia, da Cía de Teatro Noite Bohemia – Abrente; o terceiro, para Aurelio, Criado de Dous Patróns, de Agor Teatro; o cuarto, para Esto no es “La Casa de Bernarda Alba” pero se le parece, de Baja Vara de Entrepatas Teatro; e o quinto, para Antígona, da Cía de Teatro Noite Bohemia – Abrente.

Categoría afeccionada

Na categoría afeccionada, o premio á mellor actuación foi para Marco A. Álvarez Rodríguez, por O Parvo, do Grupo de Teatro Badius. O premio á mellor actuación de reparto foi para Adrián Souto, por Roomies, de Entrepatas Teatro. O premio á mellor dirección foi para Alberto Villar López, por O Parvo.

Na modalidade de mellor obra, o primeiro premio foi para O Parvo, do Grupo de Teatro Badius; o segundo, para Bacantes, da Cía de Teatro Noite Bohemia; o terceiro, para Mucho Ruido y pocas Nueces, da Cía de Teatro Noite Bohemia; o cuarto, para Encrobas, de Catro Gatos; e o quinto, para ¡De Sastre!, de Cajón de Sastre Teatro.

Mencións especiais do xurado

O xurado concedeu tamén mencións especiais a Laura Bello, polo gran talento creativo amosado nas obras presentadas; a Nacho Varela, por escribir un marabilloso texto poñendo en valor a etapa adulta das mulleres; a Beni Suárez, por dar voz e protagonismo a mulleres adultas a través da súa obra; e a Manuel Chacón, por demostrar que a paixón polo teatro non ten límite de idade.

ShareTweetSend
Publicación anterior

4.500 asistentes á tradicional Romaría Popular do Pino

Siguiente

Paula Prado destaca no Congreso Provincial de NNXX de Pontevedra que o PPdeG é o partido máis votado pola mocidade galega

David

David

Relacionado Entradas

Hasta 10.000 euros por contratar: la ayuda en Galicia que termina el 30 de septiembre
#Destacado

Hasta 10.000 euros por contratar: la ayuda en Galicia que termina el 30 de septiembre

Xacobeo 2027: quedan 100 días y el Camino ya supera los 700.000 peregrinos
#Destacado

Xacobeo 2027: quedan 100 días y el Camino ya supera los 700.000 peregrinos

Jorge Buxadé explica en Radio Líder qué pasó en el acto de Vox en Santiago
#Destacado

Jorge Buxadé explica en Radio Líder qué pasó en el acto de Vox en Santiago

La DGT cambia estas normas el 1 de octubre: lo que deben saber los conductores de Galicia
#Destacado

La DGT cambia estas normas el 1 de octubre: lo que deben saber los conductores de Galicia

Ourense bate cifras turísticas en agosto: máis de 15.000 visitantes e case 30.000 pernoctacións
#Destacado

Ourense bate cifras turísticas en agosto: máis de 15.000 visitantes e case 30.000 pernoctacións

A Xove Orquestra Terra Nova sorprende en Lugo: DJ sinfónico, Tchaikovsky e a súa primeira ópera
#Destacado

A Xove Orquestra Terra Nova sorprende en Lugo: DJ sinfónico, Tchaikovsky e a súa primeira ópera

Siguiente
Paula Prado destaca no Congreso Provincial de NNXX de Pontevedra que o PPdeG é o partido máis votado pola mocidade galega

Paula Prado destaca no Congreso Provincial de NNXX de Pontevedra que o PPdeG é o partido máis votado pola mocidade galega

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Jueves 24/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Hasta 10.000 euros por contratar: la ayuda en Galicia que termina el 30 de septiembre

Hasta 10.000 euros por contratar: la ayuda en Galicia que termina el 30 de septiembre

Xacobeo 2027: quedan 100 días y el Camino ya supera los 700.000 peregrinos

Xacobeo 2027: quedan 100 días y el Camino ya supera los 700.000 peregrinos

Jorge Buxadé explica en Radio Líder qué pasó en el acto de Vox en Santiago

Jorge Buxadé explica en Radio Líder qué pasó en el acto de Vox en Santiago

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.