• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña e LALIGA acordan colaborar para renovar os campos de fútbol da provincia e mellorar a xestión dos clubs de base

A Deputación da Coruña quere contar asesoramento técnico de LALIGA para lles facilitar aos concellos a renovación dos campos de herba artificial da provincia a prezos asumibles

David Por David
11/09/2026
en #Destacado, A Coruña, Deportes
0
A Deputación da Coruña e LALIGA acordan colaborar para renovar os campos de fútbol da provincia e mellorar a xestión dos clubs de base
FacebookXWhatsApp

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, mantivo esta mañá no seu despacho da institución provincial unha reunión co presidente de LALIGA, Javier Tebas, na que ambas as institucións analizaron distintas posibilidades de colaboración relacionadas coa mellora das instalacións deportivas municipais, a profesionalización da xestión dos clubs de fútbol base e a promoción da provincia a través do deporte.

Un dos principais asuntos abordados no encontro foi a renovación dos campos de fútbol de herba artificial dos concellos da provincia, unha actuación cada vez máis demandada polos municipios debido á antigüidade e obsolescencia de moitas destas instalacións.

Formoso explicou que a renovación dos terreos de xogo supón un investimento importante e recorrente, con frecuencia imposible de asumir polos concellos sen a axuda da Deputación, que cada ano destina importantes recursos a este tipo de actuacións tanto a través do Plan Único (POS+) como de convenios cos concellos.

Neste sentido, anunciou que a Deputación e LALIGA estudarán fórmulas de colaboración que permitan contar co asesoramento técnico da organización para «definir solucións que permitan que os concellos poidan acometer estas renovacións cun custo asumible».

«A renovación da herba artificial dos campos de fútbol é unha das obras máis demandadas polos concellos, xa que a maioría dos campos foron construídos hai tempo están chegando ao final da súa vida útil. Queremos buscar, coa experiencia e o coñecemento técnico de LALIGA, fórmulas que permitan facer estas actuacións nas mellores condicións posibles para os municipios», afirmou González Formoso, que remarcou que o investimento medio dunha instalación destas características é duns 260.000 – 300.000 euros, o que supón un investimento inalcanzable para moitos concellos. «O noso obxectivo é reducir notablemente ese importe para facelo economicamente máis asumible para os concellos e atender esta necesidade», explicou.

Unha escola de xestión para o fútbol base

Outro dos eixos da reunión entre Formoso e Tebas foi a posibilidade de impulsar un convenio entre a Deputación e LALIGA para crear unha escola de xestión económica e profesionalización destinada aos clubs de fútbol base da provincia.

A Deputación xa deu os primeiros pasos neste ámbito coa organización este ano de cursos de formación dirixidos ás entidades deportivas, unha iniciativa que nace das propias necesidades trasladadas polos clubs. Unha enquisa realizada pola institución provincial contou coa participación de máis de 240 deportistas e representantes de clubs de 60 concellos e 40 modalidades deportivas diferentes, que sinalaron entre as súas principais demandas a necesidade de mellorar a formación en ámbitos relacionados coa xestión económica, a comunicación, os patrocinios ou a adaptación á realidade dixital.

«A nosa intención agora é dar un paso máis e ofrecer aos clubs unha formación cada vez máis profesional e especializada. LALIGA é unha referencia na xestión económica no fútbol e pensamos que a súa experiencia pode ser moi útil para unhas entidades que teñen que afrontar retos cada vez máis complexos», sinalou Formoso.

O presidente provincial destacou que os clubs de base deben facer fronte actualmente a cuestións como a planificación económica e orzamentaria, a captación de patrocinios, a procura de novas fontes de financiamento, as obrigas administrativas e fiscais, a comunicación e o márketing, a dixitalización ou a propia organización interna das entidades.

A Deputación dedica este ano 4,3 millóns de euros en axudas directas ao tecido deportivo provincial, un apoio económico que a institución quere complementar con ferramentas que contribúan a mellorar e profesionalizar a capacidade de xestión dos clubs e entidades deportivas.

Promoción da provincia e apoio ao fútbol base

A reunión serviu tamén para analizar outras posibles liñas de cooperación entre a Deputación e LALIGA. Entre elas, abordáronse accións de promoción da provincia da Coruña aproveitando a proxección nacional e internacional do fútbol profesional, así como iniciativas relacionadas co apoio ao fútbol base, a formación e os valores asociados ao deporte ou a celebración de actividades e eventos capaces de atraer visitantes, xerar actividade económica e contribuír á proxección dos concellos da provincia.

Ambas as partes acordaron manter aberto o diálogo para estudar a viabilidade destas liñas de traballo e concretar posibles proxectos de colaboración.

ShareTweetSend
Publicación anterior

1 de cada 2 españoles afirma que el coche es el mayor gasto de su economía familiar

Siguiente

O concello informa dos cortes de tráfico para este sábado con motivo da «II CARREIRA SOLIDARIA ASPNAIS – HOLI RUN»

David

David

Relacionado Entradas

El CC Los Rosales celebra la Fiesta Infantil Vuelta al Cole 2026
#Destacado

El CC Los Rosales celebra la Fiesta Infantil Vuelta al Cole 2026

O Concello de Vimianzo estrea un novo mural XXL dedicado ás pandereteiras
#Destacado

O Concello de Vimianzo estrea un novo mural XXL dedicado ás pandereteiras

Culleredo licita por 465.000 euros la renovación integral del pavimento y de las pistas deportivas de la plaza de Europa
#Destacado

Culleredo licita por 465.000 euros la renovación integral del pavimento y de las pistas deportivas de la plaza de Europa

El Camino Portugués de la Costa es la ruta jacobea que más crece, con un incremento de peregrinos del 25% en el último año
#Destacado

El Camino Portugués de la Costa es la ruta jacobea que más crece, con un incremento de peregrinos del 25% en el último año

Los autobuses urbanos de Ourense serán gratuitos del 16 al 22 de septiembre por la Semana Europea de la Movilidad
#Destacado

Los autobuses urbanos de Ourense serán gratuitos del 16 al 22 de septiembre por la Semana Europea de la Movilidad

Ferrol aproba as bases das subvencións a clubes e entidades para o fomento do deporte
#Destacado

Ferrol reforza o seu compromiso coas entidades veciñais con formación para facilitar o acceso ás axudas públicas

Siguiente
Besteiro descorchaba el champán y Candia juraba en arameo

O concello informa dos cortes de tráfico para este sábado con motivo da "II CARREIRA SOLIDARIA ASPNAIS - HOLI RUN"

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Novedades del motor En directo

Novedades del motor

13:00 - 14:00
César Alonso
A continuación: Líder express 14:00

Programación de Hoy

Viernes 11/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • Novedades del motor
    13:00 - 14:00
    Novedades del motor Ahora
    En directo
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.