• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación da Coruña impulsa a candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial da UNESCO

A institución provincial aporta 80.000 euros para reforzar a implicación cidadá arredor da candidatura dunha cidade que “ten un dos patrimonios máis fermosos e especializados no ámbito militar histórico”, afirmou Valentín González Formoso

David Por David
06/02/2026
en A Coruña
0
A Deputación da Coruña impulsa a candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial da UNESCO
FacebookXWhatsApp

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, e o alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, asinaron hoxe un convenio de colaboración para que a entidade provincial brinde, un ano máis, o seu apoio á candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial da UNESCO, baixo a denominación “Cidade de Ferrol. Porto da Ilustración”, por representar un proxecto de alto valor histórico, cultural e identitario, cunha clara proxección internacional.

Co obxectivo de avanzar nesta liña, ambas as dúas administracións subscriben este acordo para o desenvolvemento dun plan centrado especificamente no reforzo da implicación cidadá e na xeración de apoio social arredor da candidatura, baseada no patrimonio ilustrado que define a cidade de Ferrol.

A Deputación da Coruña achega 80.000 euros para financiar as actvidades, mentres que o Concello de Ferrol completa o financiamento restante, outros 20.000 euros.

Candidatura “Cidade de Ferrol. Porto da Ilustración”

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González Formoso, sinalou que “este convenio pretende impulsar a candidatura merecidísima de Ferrol a Patrimonio Mundial da UNESCO”, destacando que se trata dunha cidade que “ten un dos patrimonios máis fermosos e, sobre todo, máis especializados no ámbito militar histórico”. Formoso afirmou que este patrimonio constitúe “un piar básico dunha cidade moi histórica” e subliñou que a importancia de que as administracións se impliquen para conservar ese patrimonio sobre o que pivota a candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial da UNESCO.

O alcalde de Ferrol, José Manuel Rey Varela, destacou durante a sinatura que “a candidatura de Ferrol a Patrimonio Mundial é un gran obxectivo” e subliñou que “cando nos marcamos grandes obxectivos, o importante é traballar xuntos”. O rexedor lembrou que Ferrol “leva na lista indicativa dende o ano 2007”, e sinalou que “estamos nun momento clave, no que consideramos que neste ano poden darse pasos importantes para elevar esa candidatura a Madrid e que se poida elevar posteriormente á UNESCO”.

Rey Varela puxo en valor tamén o traballo de xestión realizado, afirmando que que “a UNESCO non só busca declarar un ben, senón que busca despois a preservación do ben no día a día”. Neste sentido, destacou que “a constitución oficial da Comisión de Coordinación Interadministrativa garante esa xestión adecuada” e que a candidatura de Ferrol conta con “elementos que son 100 % públicos” e cun plan de xestión supervisado.

O recoñecemento da candidatura “Cidade de Ferrol. Porto da Ilustración” como Patrimonio Mundial da UNESCO resulta esencial para garantir a conservación, protección e proxección internacional dun conxunto urbano e portuario único, que forma parte da Lista Indicativa desde 2007 e que representa unha materialización excepcional do modelo ilustrado de “porto ideal”.

Ferrol constitúe un exemplo singular de planificación racional e deseño unitario do século XVIII, froito da acción directa da monarquía e do desenvolvemento das institucións técnicas e académicas da época, que deron lugar a un complexo naval militar creado ex novo, con infraestruturas innovadoras destinadas ao mantemento dunha gran frota de guerra.

A isto súmase o elevado grao de integridade e autenticidade dos bens que integran a candidatura, moitos deles xa recoñecidos como Ben de Interese Cultural, como o barrio da Magdalena, os castelos de San Felipe e da Palma, as baterías defensivas e o Arsenal Militar. A distinción da UNESCO permitiría reforzar a protección deste patrimonio excepcional, asegurar o seu mantemento a longo prazo e consolidar a capacidade de Ferrol para transmitir, case intactos tras tres séculos, os valores do urbanismo e da arquitectura racionalista da Ilustración, ao tempo que se converte nun motor de desenvolvemento cultural, turístico e social sostible.

A Deputación apoia a programación cultural de Ferrol

Formoso e Rey Varela asinaron tamén a concesión dunha subvención nominativa de 50.000 euros da Deputación ao Concello de Ferrol para cofinanciar o seu programa cultural do ano 2025, cun orzamento total de 62.500 euros. Esta colaboración permite desenvolver unha programación que inclúe a organización do Premio Ricardo Carballo Calero, a transcrición de entrevistas a traballadores dos estaleiros ferroláns, un festival de homenaxe a Castelao e a exposición pictórica dedicada a Ricardo Segura Torrella, entre outras actividades.

Sobre este ámbito, Valentín González Formoso afirmou que “Ferrol é cultura, sen dúbida algunha”, e destacou que existe “unha coincidencia clarísima de intereses” entre a Deputación e o Concello para impulsar a actividade cultural da cidade a través da colaboración institucional.

Futura sede da Deputación en Ferrol

Preguntado polos xornalistas, Formoso lembrou que a selección do edificio que albergará a nova sede da Deputación en Ferrol vén de completar o proceso de licitación, onde houbo cinco ofertas presentadas, que están sendo avaliadas polos servizos técnicos da institución provincial.

Unha vez seleccionado o inmoble que acollerá a nova sede da Deputación en Ferrol, “comezará outra fase, que é a redacción do proxecto de rehabilitación e adaptación do inmoble para as necesidades e obxectivos que marca a propia Deputación nas bases”. Posteriormente a isto, haberá que licitar eses traballos de reforma, polo que “ímonos a un tempo superior a un ano” para o comezo deses traballos, explicou o presidente.

Segundo especifican as bases da licitación, a nova sede da Deputación en Ferrol ubicarase nun edificio céntrico que, ademais de funcionar como sede institucional, contará cun auditorio para reunións e actos culturais, unha sala de exposicións, unha oficina tributaria moderna e adaptada ás necesidades actuais e un espazo de coworking integrado na rede da Deputación, que xa conta con doce centros de traballo colaborativo na provincia. Polo tanto, será un edificio que, ademáis de servir como sede institucional, dará servizo directamente á cidadanía no ámbito social, cultural ou de apoio ao empredemento.

ShareTweetSend
Publicación anterior

FEGAMP e Xunta de Galicia asinaron o acordo de mellora do financiamento do SAF

Siguiente

Al 55% de los adultos les gustan los coleccionables y más del 60% se considera parte de un fenómeno fan

David

David

Relacionado Entradas

A Deputación entrega ao Concello de Toques un vehículo para reforzar os servizos sociais municipais
A Coruña

A Deputación entrega ao Concello de Toques un vehículo para reforzar os servizos sociais municipais

A Deputación da Coruña participa na conmemoración do 900 aniversario do Mosteiro de San Salvador de Bergondo
A Coruña

A Deputación da Coruña participa na conmemoración do 900 aniversario do Mosteiro de San Salvador de Bergondo

O intercambio entre Carballo e L’Isle Jourdain estreitará lazos en abril cunha longa fin de semana de música, lingua e tradición
A Coruña

O intercambio entre Carballo e L’Isle Jourdain estreitará lazos en abril cunha longa fin de semana de música, lingua e tradición

O espazo ‘Gourmet entre encaixes’ contará con 10 postos de venta en Camariñas
A Coruña

O espazo ‘Gourmet entre encaixes’ contará con 10 postos de venta en Camariñas

EMHU llena de humor A Coruña del 23 de Abril al 3 de Mayo
A Coruña

EMHU llena de humor A Coruña del 23 de Abril al 3 de Mayo

O Concello de Ferrol invirte máis de 540.000 euros para reforzar a seguridade viaria
A Coruña

O Concello de Ferrol invirte máis de 540.000 euros para reforzar a seguridade viaria

Siguiente
Al 55% de los adultos les gustan los coleccionables y más del 60% se considera parte de un fenómeno fan

Al 55% de los adultos les gustan los coleccionables y más del 60% se considera parte de un fenómeno fan

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Opinión

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026
#Destacado

Matinal Líder con Antonio Lodeiro 10 de Marzo 2026

https://open.spotify.com/episode/0DUvbZc7TYqMymcWnETehd?si=f46f04891fdb4e8f

Leer másDetails
«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

«Al Pan pan y al Vino vino» con Carlos Marcos

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Miércoles 25/03/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Diez millones de descuadre en la tesorería del Ayuntamiento de A Coruña

Lo que está ocurriendo en el Ayuntamiento de A Coruña da para una novela. La alcaldesa y su mano derecha...

Por Interés

Últimas

Diez millones de descuadre en la tesorería del Ayuntamiento de A Coruña

A Real Academia Galega elaborará o mapa sociolingüístico escolar de Rois

A Real Academia Galega elaborará o mapa sociolingüístico escolar de Rois

A Deputación recibe ao Liceo tras gañar a Copa do Rei e anima ao equipo a «culminar o dobrete coa OK Liga»

A Deputación recibe ao Liceo tras gañar a Copa do Rei e anima ao equipo a «culminar o dobrete coa OK Liga»

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.