• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

EMHU llena de humor A Coruña del 23 de Abril al 3 de Mayo

Dúas conversas abertas ao público reunirán na Coruña grandes nomes da comedia: Candela Sierra, Luis Piedrahita, Nikki García, Riki Blanco, Xavi Puig e Ximena Feijoo abordarán a creación colectiva a través de grupos de Whatsapp; mentres que Eva Hache entrevistará a Malena Alterio

David Expósito Por David Expósito
18/03/2026
en A Coruña
0
EMHU llena de humor A Coruña del 23 de Abril al 3 de Mayo
FacebookXWhatsApp

A sexta edición do Encontro Mundial de Humorismo, que se celebrará do 23 de abril ao 3 de maio na Coruña, presenta este mércores 18 a súa programación ao completo. Case unha vintena de espectáculos, dos cales catro serán estreas absolutas, e un feixe de actividades paralelas, entre as que se atopan conversas abertas ao público, a gravación dun podcast, un curso de clown, unha proxección de cinema ou mesmo unha exposición de fotografía, terán como misión, tal e como propón o cartel do EMHU 2026, encher a cidade de sorrisos.

Entre os novos espectáculos presentados esta mañá, está unha das catro galas de produción propia que o EMHU ofrecerá este ano. Ademais das xa anunciadas Humoris Causa, Chisteria Colectiva e Fantastic Colofon, o evento recupera Animus Iocandi, que nesta ocasión terá lugar ao mediodía do sábado 25 (12:30h) e contará cunha tríade de grandes comediantes: Ignatius Farray, Laura Márquez e David Perdomo. O peche da programación troncal do EMHU, que nesta nova edición conta co apoio do Concello da Coruña, Turismo da Coruña, Xunta de Galicia a través da Axencia Turismo de Galicia e Estrella Galicia, chega co esperado anuncio da presentación na cidade herculina do novo show de Facu Díaz, titulado Esto no es culpa de nadie, na noite do sábado 25 (21:00h).

As entradas para as dúas citas están á venda desde hoxe, ás 11:00 horas, en www.emhu.es e www.ataquilla.com, ao igual que as novas funcións de shows que están a piques de esgotar localidades, como é o caso de Corta el cable rojo, Pintando a mona xuntos ou Yunez Chaib en directo. Entre os espectáculos que xa penduraron o cartel de ‘sold out’ está Estirando el Chicle. El show de Mentira y Traición, e outros van polo mesmo camiño: Humoris Causa, Fantastic Colofon e Chisteria Colectiva.

Programación paralela con conversas e podcast

A actriz Malena Alterio, o ilustrador Riki Blanco, o humorista Xavi Puig, a debuxante Candela Sierra, o guionista Dani Fontecha, o creador de contido dixital Alfonso Cocituber ou o xa mítico e imprescindible alumnado da Escola de Impro da Coruña serán parte da programación paralela do EMHU 2026, que este ano suma de novo unha proxección de cinema (Sujétame el cubata) e posterior coloquio con JJ Vaquero nos Cantones Cines, que se suma como sede do evento.

Nesta edición celebraranse dúas conversas con grandes nomes da comedia a nivel estatal. A primeira delas nace do ámbito dixital. Se no século XX os artistas se atopaban nos cafés e librarías para charlar -aquelas conversas, aparentemente informais, eran tamén unha ferramenta creativa-, hoxe en día este intercambio de ideas pasa polas conversas que se quedan rexistradas como nunha caixa negra: o Whatsapp.

O escritor e codirector de El Mundo Today, Xavi Puig, a debuxante e Premio Nacional de Cómic 2025, Candela Sierra, a actriz de dobraxe e cantante Nikki García; o ilustrador Riki Blanco; a produtora e directora artística Ximena Feijoo Merklen; e o humorista e mago Luis Piedrahita comparten un grupo de Whatsapp. No EMHU abrirán as súas conversas ao mundo nunha cita que terá lugar no Teatro Colón o 1 de maio ás 12:30h.

No mesmo recinto, na mañá do domingo 3 de maio (12:30h) celebrarase o segundo destes faladoiros, titulado Mi media comedia, e que contará con dúas das mulleres máis relevantes da nosa comedia no eido audiovisual: Eva Hache (quen participará na gala Fantastic Colofon de peche do evento) entrevistará en directo, con público, a outro dos grandes nomes do humor a nivel estatal das últimas décadas: Malena Alterio.

Rock In Lugo 2026 Rock In Lugo 2026 Rock In Lugo 2026

 

Alén do formato conversa do momento e máis pensada para pendurar e compartir co mundo será a sesión especial que se gravará de Torreznos Podcast, (2 de maio, 12:30h en Afundación) co cómico e guionista de El Hormiguero Dani Fontecha e cun dos creadores de contido máis relevantes do país, Alfonso Ortega, ‘Cocituber’. En tan só 4 meses desde o seu primeiro lanzamento, este podcast -no que se fala dun pouco de todo- conseguiu posicionarse como un dos máis escoitados en plataformas dixitais coma Spotify ou iVoox.

A improvisación, punto chave do EMHU 2026

Neste 2026 a improvisación ocupará un lugar destacado no EMHU. Se ben o evento arrancará o xoves 23 cunha dobre función no Teatro Colón de Corta el cable rojo, a improvisación volverá ocupar un lugar estrela na programación do evento ao día seguinte. Un ano máis, a Escola de Impro da Coruña asistirá á súa cita co público, mais nesta ocasión mudarán a sesión vermú do sábado por unha velada nocturna: o encontro humorístico-deportivo que máis sorrisos arranca cada ano na cidade celebrarase o venres 24 de abril ás 21:00h en Afundación.

 

Coma sempre a entrada será gratuíta (poderase facer unha achega de alimentos non perecedoiros a través da colaboración co programa Cultura x Alimentos de Afundación). O público só terá que chegar e encher: os equipamentos, as cartolinas, os bolígrafos e os papeis estarán preparados para unha competición irrepetible e imprevisible que contará con Oswaldo Digón e Víctor Grande como árbitros e na que o público terá a última palabra.

Entre as novidades das actividades paralelas vinculadas á improvisación, atópase a primeira formación impartida polo EMHU, que virá da man do clown Jöns Pappila, formado nas prestixiosas escolas de Jacques Lecoq e Philippe Gaulier, e asistente de lendas coma Carlo Colombaioni, Leo Bassi e Jango Edwards. Trátase dun obradoiro intensivo e totalmente práctico deseñado para explorar o sentido do ridículo, perder o medo á exposición e transformar esa vertixe nunha gran ferramenta para a comedia ou a oratoria.

 

Ao longo de tres xornadas -de catro horas diarias de pura práctica a través do xogo-, un máximo de 20 persoas maiores de idade (sexan do mundo da interpretación ou simplemente persoas interesadas en adquirir soltura ao falar en público, con ou sen experiencia previa) aprenderán a abrazar o erro. As inscricións poderanse realizar desde hoxe mesmo a través da páxina web do evento, www.emhu.es.

Exposición para todos os públicos ‘Comedy Wildlife’

Neste 2026 o EMHU e Afundación, Obra Social ABANCA amplían a súa colaboración. A sede da entidade, ademais de acoller diversas funcións do evento, contará do 31 de marzo e até o 12 de setembro coa exposición de fotografía Comedy Wildlife, unha proposta para toda a familia que conecta o humor co reino animal.

A través das 72 fotografías seleccionadas no recoñecido certame internacional Comedy WIldlife Photo -que premia as imaxes máis divertidas de animais tomadas en todo o mundo- entre os anos 2015 a 2025, a exposición amosa unha magnífica recompilación de instantáneas da natureza ben singulares, nas que o ser humano conecta coas diferentes especies animais a través das emocións como o humor e a sorpresa. Tartarugas, mapaches, osos ou pingüíns son parte dunha mostra que busca espallar o sorriso entre os visitantes.

No marco da programación do EMHU, Afundación ampliará a súa oferta de visitas gratuítas para que o público do evento poida coñecer a exposición de primeira man. As reservas para esta actividade (gratuíta previa retirada de entrada en Ataquilla.com) abriranse proximamente.

Programación infantil

Alén da posibilidade de gozar da exposición Comedy Wildlife, unha das apostas que o EMHU consolida neste 2026 é a programación dirixida ao público infantil, que terá lugar na primeira fin de semana de maio. Logo de sorprender ás máis pequenas da casa no 2025 con El show de la Fantasy House, neste 2026 propón máis malabares e acrobacias con Piensa en Wilbur (2 de maio, Teatro Colón) e unha dobre función, a ceo aberto, de El velocípedo mágico. Esta actividade paralela dirixida e interpretada por Billy Bluff levarase a cabo o venres 1 de maio en horario de mañá (12:30h) e tarde (18:30h) na Praza de María Pita.

PROGRAMACIÓN EMHU 2026

 

Do 31 de marzo ao 12 de setembro, de luns a venres de 17:30h a 20:30h e sábados e festivos de 12:00h a 14:00h e de 17:30h a 20:30h | Sede Afundación
Exposición Comedy Wildlife. Actividade sociocultural en colaboración con Afundación, Obra Social ABANCA

23 de abril, 19:30h e 22:00h | Teatro Colón
Corta el cable rojo

24 de abril, 19:00h | Sede Afundación
Disparate, con Omayra Cazorla (estrea en Galicia)

24 de abril, 21:00h | Sede Afundación
Match de Impro, con A Escola de Impro

25 de abril, 12:30h | Teatro Colón
Animus Iocandi, con David Perdomo, Ignatius Farray, Laura Márquez

25 de abril, 18:00h | Teatro Colón
Nanutria en A Coruña, con Nanutria (estrea en España)

25 de abril, 18:00h | Sede Afundación
Contra todo pronóstico, con Bárbara Grandío (estrea absoluta)

25 de abril, 21:00h | Teatro Colón
Esto no es culpa de nadie, con Facu Díaz

26 de abril, 17:30h e 20:00h | Teatro Colón
Pintando a mona xuntos, con Miguel Lago e Roberto Vilar (estrea absoluta)

26 de abril, 18:30h | Pazo da Ópera
Estirando el chicle. El show de Mentira y Traición, con Carolina Iglesias y Victoria Martín (estrea en Galicia). Entradas esgotadas

28, 29 e 30 de abril, 18:00h | Sede Afundación
Visitas guiadas á exposición Comedy Wildlife

28 e 29 de abril, 19:00h | Sede Afundación
Yunez Chaib en directo, con Yunez Chaib (estrea en Galicia)

30 de abril, 19:00h | Sede Afundación
Estoy como nunca, con La Forte (estrea en Galicia)

30 de abril, 19:30h | Cantones Cines
Sujétame el cubata. Proxección e coloquio con JJ Vaquero

30 de abril, 21:00h | Teatro Colón
Caso, con Rober Bodegas (estrea absoluta)

Do 1 ao 3 de maio, de 10:30h a 14:30h | Hotel Eurostars Atlántico
Fracaso Calidade. Curso de clown, con Jöns Pappila

1 de maio, 12:30h e 18:00h | Praza de María Pita
El velocípedo mágico, con Billy Bluff (público infantil)

1 de maio, 12:30h | Teatro Colón
¿Esto se entiende? Artista individual y trabajo colectivo. El proceso creativo en los grupos de WhatsApp. Con Candela Sierra, Luis Piedrahita, Nikki García, Riki Blanco, Xavi Puig e Ximena Feijoo

1 de maio, 19:00h e 22:00h | Palexco
Humoris Causa, con Álex Clavero, David Cepo, Eva Soriano, Galder Varas

2 de maio, 12:00h | Teatro Colón
Piensa en Wilbur, con Wilbur (público infantil)

2 de maio, 12:30h | Sede Afundación
Torreznos Podcast, con Alfonso Ortega ‘Cocituber’ e Dani Fontecha

2 de maio, 19:00h | Teatro Colón
Ícaro, con Daniele Finzi Pasca (estrea en Galicia)

2 de maio, 19:00h e 22:00h | Palexco
Chisteria Colectiva, con Álex Clavero, Arantxa Treus, David Amor, Jazmín Abuín, Jesús el Negro, JJ Vaquero, Luis Piedrahita, Miguel Miguel, Xosé A. Touriñán (estrea absoluta)

3 de maio, 12:30h | Teatro Colón
Mi media comedia. Con Eva Hache e Malena Alterio.

3 de maio, 20:00h | Teatro Colón
Fantastic Colofon, con Eva Hache, JJ Vaquero, Luis Piedrahita

ShareTweetSend
Publicación anterior

O Concello de Ferrol invirte máis de 540.000 euros para reforzar a seguridade viaria

Siguiente

A Deputación da Coruña apoia a XLIV Festa do Viño da Ulla en San Miguel de Sarandón (Vedra), que se celebra o 11 e 12 de abril

David Expósito

David Expósito

David Expósito, forma parte del equipo de Radio Líder desde 2009. Director de Ingeniería y Redactor de www.radiolider.com Es una de las voces mas reconocibles del país, apareciendo en diferentes programas de radio, voz over de muchas campañas publicitarias y doblaje de series, películas y documentales para MTV Spain, RTVE, TVG .... Natural de Palas de Rei en Lugo y muy vinculado a los medios de comunicación desde 2003.

Relacionado Entradas

La fábrica de Coca-Cola de Alfonso Molina forma parte del paisaje de A Coruña desde 1961.
#Destacado

El edificio de cristal de A Coruña que lleva 65 años dando la bienvenida a la ciudad

Bono Remuda na Coruña cuatro negocios reciben 100.000 euros
#Destacado

Bono Remuda na Coruña cuatro negocios reciben 100.000 euros

Los doctores Manuel Bohórquez Cruz y Darío Vázquez-Martul, especialistas en Urología de Quirónsalud A Coruña, referentes en la aplicación de la técnica HoLEP para tratar la hiperplasia benigna de próstata.
#Destacado

El láser HoLEP permite operar la próstata sin cirugía abierta y con solo 24 horas de ingreso

Manuel Fuentes Lamas, presidente provincial de Vox en A Coruña y candidato al Congreso, durante su entrevista en Matinal Líder de Radio Líder Galicia.
#Destacado

El líder de Vox en Coruña ve posibilidades de conseguir un diputado por la provincia

El Ayuntamiento de A Coruña establece los servicios mínimos municipales para garantizar las prestaciones esenciales durante la huelga general de este miércoles 11 de noviembre.
#Destacado

Servicios mínimos huelga A Coruña: qué abre el 11 de noviembre

Puerto de A Coruña, donde la Autoridad Portuaria reforzará la recogida y gestión de residuos procedentes de la actividad pesquera con financiación de fondos europeos FEMPA.
#Destacado

El Puerto de A Coruña consigue fondos europeos para limpiar residuos pesqueros

Siguiente
A Deputación da Coruña apoia a XLIV Festa do Viño da Ulla en San Miguel de Sarandón (Vedra), que se celebra o 11 e 12 de abril

A Deputación da Coruña apoia a XLIV Festa do Viño da Ulla en San Miguel de Sarandón (Vedra), que se celebra o 11 e 12 de abril

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Programación de Hoy

Jueves 12/11/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder Express
    14:00 - 14:30
    Líder Express
    En directo
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    15:00 - 17:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Las Tardes de Radio Líder
    17:00 - 20:00
    Las Tardes de Radio Líder
  • Al Día
    20:00 - 21:00
    Al Día
    En directo
  • Fórmula Líder
    21:00 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

Por Interés

Últimas

Productores y profesionales de la gastronomía gallega compartirán sus experiencias en el nuevo ciclo Conversas de Culto, en Santiago.

Gastronomía gallega en Santiago con Pepe Vieira y productores locales

RADIO LÍDER 39.000 OYENTES DIARIOS EN CANTABRIA La radio que conecta con miles de personas cada día.

Radio Líder alcanza los 39.000 oyentes diarios en Cantabria y refuerza su presencia en el norte de España

El yogur natural, las frutas y una alimentación equilibrada pueden acompañar el tratamiento con antibióticos, siempre respetando las posibles interacciones de cada medicamento.

Qué alimentos debes comer cuando tomas antibióticos y cuáles pueden interferir con el tratamiento

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.