• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación destaca o papel do Club Ría de Betanzos como referente da canteira do piragüismo galego

José Ramón Rioboo participou no Cine Alfonsetti na presentación oficial da tempada da entidade, que reúne deportistas de todas as categorías, desde benxamíns ata veteranos

David Por David
01/06/2026
en #Destacado, A Coruña
0
A Deputación destaca o papel do Club Ría de Betanzos como referente da canteira do piragüismo galego
FacebookXWhatsApp

O deputado de Economía, Facenda e Avance Dixital da Deputación da Coruña, José Ramón Rioboo, participou onte no Cine Alfonsetti de Betanzos na presentación oficial da tempada do Club Piragüismo Ría de Betanzos, un acto no que se deu a coñecer o equipo deportivo da entidade, os seus patrocinadores e as regatas oficiais que se celebrarán os días 12 e 13 de xuño. O acto contou tamén coa asistencia da alcaldesa de Betanzos, María Barral, e de representantes da Federación Galega de Piragüismo.

A gala, que se celebrou baixo o lema «Do legado ao futuro», reuniu deportistas de todas as categorías, desde benxamíns ata veteranos, así como familias, adestradores, patrocinadores, representantes institucionais e integrantes da Federación Galega de Piragüismo.

Na súa intervención, Rioboo destacou que o acto «representa o mellor do deporte: nenos e nenas que empezan, mozos e mozas que medran competindo, veteranos que seguen dando exemplo e familias enteiras que acompañan e un club que traballa todos os días para manter viva esta paixón polo piragüismo».

O deputado subliñou a forte vinculación de Betanzos con esta disciplina deportiva, ligada á ría, ao río Mandeo e a unha tradición que deu nomes propios de referencia no piragüismo galego e español. Neste sentido, lembrou a figura de Carlos Arévalo, que deu os seus primeiros pasos deportivos no Club Ría de Betanzos no ano 2001 e desde alí iniciou unha traxectoria que o levou a ser medallista olímpico e campión do mundo.

«A historia de Carlos Arévalo é un orgullo para Betanzos e para toda a provincia, pero tamén unha mensaxe moi poderosa para todos os nenos e nenas que hoxe forman parte do club: os grandes soños tamén poden empezar aquí», afirmou Rioboo.

O representante provincial puxo tamén o foco no traballo diario que fai posible a existencia dunha canteira sólida e subliñou o compromiso da Deputación da Coruña co deporte de base e cos clubs que, como o Ría de Betanzos, permiten que centos de rapaces e rapazas poidan practicar deporte nos seus concellos.

Rioboo pechou a súa intervención desexando ao club unha gran tempada e convidando á cidadanía a participar nas regatas dos días 12 e 13 de xuño, nas que Betanzos volverá ser punto de encontro do piragüismo galego.

Durante o acto tamén se puxo en valor o bo momento deportivo do club, que chega á nova tempada con forza tras a súa participación no último Circuito Deputación da Coruña de Piragüismo, no que o Ría de Betanzos conseguiu a vitoria por equipos na regata celebrada en Miño e destacou especialmente nas categorías de base.

A presentación incluíu tamén o recoñecemento aos patrocinadores da entidade e a posta de longo das diferentes categorías deportivas do club.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Dúas persoas foron trasladadas, unha delas nun helicóptero medicalizado, trala colisión de dous vehículos no Incio

Siguiente

O PPdeG critica o «novo incumprimento» do Goberno de Sánchez co plan de trens de proximidade de Galicia

David

David

Relacionado Entradas

Inés Rey presume do éxito da declaración da Coruña como zona tensionada
#Destacado

Inés Rey presume do éxito da declaración da Coruña como zona tensionada

#Destacado

O condutor dunha furgoneta queda atrapado no vehículo tras chocar cun camión en Castro de Rei

El CC Los Rosales celebra la Fiesta Infantil Vuelta al Cole 2026
#Destacado

El CC Los Rosales celebra la Fiesta Infantil Vuelta al Cole 2026

O Concello de Vimianzo estrea un novo mural XXL dedicado ás pandereteiras
#Destacado

O Concello de Vimianzo estrea un novo mural XXL dedicado ás pandereteiras

Culleredo licita por 465.000 euros la renovación integral del pavimento y de las pistas deportivas de la plaza de Europa
#Destacado

Culleredo licita por 465.000 euros la renovación integral del pavimento y de las pistas deportivas de la plaza de Europa

El Camino Portugués de la Costa es la ruta jacobea que más crece, con un incremento de peregrinos del 25% en el último año
#Destacado

El Camino Portugués de la Costa es la ruta jacobea que más crece, con un incremento de peregrinos del 25% en el último año

Siguiente
O PPdeG critica o «novo incumprimento» do Goberno de Sánchez co plan de trens de proximidade de Galicia

O PPdeG critica o "novo incumprimento" do Goberno de Sánchez co plan de trens de proximidade de Galicia

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Superdanze

22:00 - 23:59
A continuación: Fórmula Líder 00:00

Programación de Hoy

Sábado 12/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Fórmula Líder
    08:00 - 12:00
    Fórmula Líder
  • 12:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Fórmula Líder
    14:00 - 22:00
    Fórmula Líder
  • 22:00 - 23:59
    Superdanze Ahora
    En directo

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.