• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A FEGAMP denuncia o ataque recibido dende a Consellería de Presidencia e dende o grupo parlamentario do PP

O presidente da FEGAMP insta ao conselleiro de Presidencia a que retome a institucionalidade e o respecto cara a FEGAMP e ao propio Parlamento de Galicia, e se deixe de trapalladas.

David Por David
11/06/2026
en #Destacado, GALICIA, Política
0
A FEGAMP denuncia o ataque recibido dende a Consellería de Presidencia e dende o grupo parlamentario do PP
FacebookXWhatsApp
Para o presidente da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), Alberto Varela, «o sucedido hoxe no Parlamento de Galicia é unha vergoña que non ten precedente, e esperamos que sexa a primeira e a última vez que dende o goberno da Xunta de Galicia e dende o grupo parlamentario que o sustenta empreguen unha iniciativa parlamentaria para atacar a FEGAMP».
Ante a gravidade do escenificado na comisión do Parlamento «instamos ao conselleiro de Presidencia a que retome a institucionalidade e o respecto cara a FEGAMP e ao propio Parlamento de Galicia, e se deixe de trapalladas, impoñendo datas de reunión para que non poidamos asistir, e logo xogar con preguntas parlamentarias que deberían empregarse para fiscalizar a acción do goberno da Xunta, e non ao municipalismo galego» salientou Alberto Varela.
Para a FEGAMP, a renovación da Lei da Administración Local de Galicia (Lalga) é un asunto moi importante. Por iso, se solicitou publicamente unha reunión ao conselleiro para traballar sobre as alegacións, ao pouco tempo de telas presentadas, e vendo como o conselleiro se reunía con outras organizacións sen dar resposta á FEGAMP.
Casualmente, a resposta chegou o venres pasado pola tarde, convocando a reunión para o martes 9 ás 9:30 sen opción de cambio para garantir a asistencia, xa que xa se tiñan compromisos de axenda para ese día. Dende FEGAMP se propuxo adiala ata o martes 16 ás 9:30 horas. A resposta foi que se delegara a representación en outras persoas ou que se conectaran por videoconferencia. Dende a FEGAMP agardemos poder manter a reunión o máis cedo posible, nunha data consensuada.
A hemeroteca lembra que o pasado 6 de marzo xa confirmouse publicamente que a Comisión Executiva da FEGAMP, elixida democraticamente na asemblea de 2023, abordou as alegacións á este anteproxecto na súa reunión extraordinaria celebrada o 3 de marzo a partires dos traballos elaborados polo persoal técnico da federación municipalista, acordándose, sen obxección algunha que, de non haber cuestións sobre os contidos do informe e das alegacións que precisaran ser resolvidas, se rexistrarían antes do remate do prazo fixado pola Xunta de Galicia o 5 de marzo.
«Non parece lóxico que a organización da que forman parte os trescentos trece concellos e as catro deputacións galegas só poda intervir nos traballos iniciais da futura nova Lalga rexistrando alegacións, como calquera particular» destacou o presidente da FEGAMP, reforzando a importancia desta lei «para os concellos e as deputacións, que merece un espazo destacado para que o municipalismo galego e a Xunta de Galicia dialoguen e avancen en consensos que se incorporen ao anteproxecto antes da súa tramitación parlamentaria».
«Despois do ataque recibido esta mañá no Parlamento, sen posibilidade de resposta nin réplica por parte da FEGAMP e de ningún outro grupo parlamentario, nos vemos na obriga de solicitar a nosa comparecencia na mesma comisión do Parlamento de Galicia para achegar o balance do municipalismo galego sobre as políticas da Xunta de Galicia dirixidas aos concellos e as propostas que temos elaboradas tanto para a futura nova Lalga como para o resto das políticas públicas que afectan aos concellos» anunciou Alberto Varela.
O sucedido nestes días tamén merece as valoracións do vicepresidente segundo da FEGAMP, Secundino García, quen denunciou que dende a Consellería de Presidencia «están facendo un uso espúreo das institucións, nas que deberían dedicarse a gobernar, e non a utilizalas para defender os seus intereses partidistas. A directora xeral de Administración Local foi ao Parlamento á petición do PP para atacar á FEGAMP, abusando da súa maioría absoluta e como saben que a van aprobar igual, xa nin respectan os tempos nin o diálogo que se pediu dende a FEGAMP».
Tamén a vicepresidenta executiva da FEGAMP, María Barral, valorou a situación creada dende a Consellería confirmando que «buscan a confrontación, convocándonos con moi pouco tempo de antelación á unha xuntanza que saben que non podemos asistir, precisamente para que non asistamos, e ao mesmo tempo teñen preparada co grupo parlamentario popular unha pregunta no Parlamento de Galicia na que se critica e ataca á FEGAMP, e que non pode recibir intervencións de ningún outro grupo».
ShareTweetSend
Publicación anterior

O BNG augura que fará historia con Arroxo como alcalde para abrir un tempo novo en Lugo

Siguiente

Ares presenta VeraneAres 2026

David

David

Relacionado Entradas

Ferrol inaugura o Autocine de verán o sábado 25 de xullo coa proxección de ‘Grease’
A Coruña

Ferrol inaugura o Autocine de verán o sábado 25 de xullo coa proxección de ‘Grease’

Jácome presentará este viernes ante el Pleno los Presupuestos de Ourense para su aprobación inicial
#Destacado

El TSXG ratifica que el Concello de Ourense y el alcalde deben indemnizar a la exjefa de Comercio con 48.685 euros por daños morales e incapacidad temporal

Camariñas nomeará a Luz Casal como ‘Filla Adoptiva’
A Coruña

Camariñas nomeará a Luz Casal como ‘Filla Adoptiva’

Ata o 7 de agosto aberto o prazo para solicitar praza no programa de formación e prácticas en internacionalización empresarial do Igape
Economía

Ata o 7 de agosto aberto o prazo para solicitar praza no programa de formación e prácticas en internacionalización empresarial do Igape

La madrugada deja de ser la franja más barata: las olas de calor encarecen un 30,6% el precio de la luz
#Destacado

La madrugada deja de ser la franja más barata: las olas de calor encarecen un 30,6% el precio de la luz

Cinco claves para conseguir una auténtica desconexión mental este verano
#Destacado

Cinco claves para conseguir una auténtica desconexión mental este verano

Siguiente
Ares presenta VeraneAres 2026

Ares presenta VeraneAres 2026

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Sesión vermut

13:00 - 14:00
A continuación: Líder express 14:00

Opinión

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento
#Destacado

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

La transformación del Cantón Grande de A Coruña avanza a buen ritmo, pero también lo hace el debate ciudadano. Lo...

Leer másDetails
Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Galicia cambia de pista: el declive de las verbenas frente al auge de los festivales

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Miércoles 22/07/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut Ahora
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

Ferrol inaugura o Autocine de verán o sábado 25 de xullo coa proxección de ‘Grease’

Ferrol inaugura o Autocine de verán o sábado 25 de xullo coa proxección de ‘Grease’

Jácome presentará este viernes ante el Pleno los Presupuestos de Ourense para su aprobación inicial

El TSXG ratifica que el Concello de Ourense y el alcalde deben indemnizar a la exjefa de Comercio con 48.685 euros por daños morales e incapacidad temporal

Camariñas nomeará a Luz Casal como ‘Filla Adoptiva’

Camariñas nomeará a Luz Casal como ‘Filla Adoptiva’

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.