• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A FEGAMP destaca a vinculación de Begoña Caamaño con Vigo e Santiago de Compostela

A FEGAMP destaca a vinculación de Begoña Caamaño con Vigo e Santiago de Compostela na súa conmemoración do Día das Letras Galegas de 2026

David Por David
06/05/2026
en #Destacado, Cultura
0
A FEGAMP destaca a vinculación de Begoña Caamaño con Vigo e Santiago de Compostela
FacebookXWhatsApp

A Comisión Executiva da Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) aprobou na súa última reunión a declaración institucional en conmemoración do Día das Letras Galegas 2026, que, como cada ano, se celebrará o vindeiro 17 de Maio, e que este ano homenaxea á xornalista e escritora Begoña Caamaño.

A FEGAMP comparte este recoñecemento público “a unha persoa cunha clara influencia local, moi vinculada as súas dúas cidades vitais: Vigo e Santiago de Compostela”, nas que desenvolveu o seu labor profesional e literario.

Na declaración aprobada sinálase que Begoña Caamaño comezou en Vigo “a súa traxectoria profesional como xornalista, deixando unha pegada indeleble desde os seus inicios en Radio Popular e Radio do Noroeste, ata a súa definitiva incorporación á Radio Galega en 1989”.

Despois, en 1993 e dende Santiago de Compostela “ proseguiu o seu labor na Radio Galega ata 2012, sendo unha gran defensora dos medios públicos galegos e do súa función de proporcionar á cidadanía información e contidos precisos para poder decidir con liberdade e responsabilidade”, sinala a declaración.

O labor innovador nas súas novelas, «Circe ou o pracer do azul» (2009) e «Morgana en Esmelle» (2012), que foron pioneiras na reinterpretación feminista dos mitos, tamén é destacado pola FEGAMP, que lembra que “Begoña Caamaño convértese na sétima muller á que se lle adica o Día das Letras Galegas, despois de Rosalía de Castro, Francisca Herrera Garrido, María Mariño, María Vitoria Moreno, Xela Arias e Luísa Villalta”.

Na declaración, a FEGAMP sinala o “protagonismo decisivo do municipalismo galego na reivindicación do galego e na defensa da súa extensión social”, como na “Declaración do Hostal dos Reis Católicos”, subscrita en 1984, en Santiago de Compostela, por 184 alcaldías de todas as tendencias políticas e de todos os puntos da xeografía galega, na que “defendían a implantación do galego nas administracións públicas en Galicia, tanto no seu uso, como no seu coñecemento para o acceso ao emprego público”.

A FEGAMP remata a declaración salientando que coa súa conmemoración do Día das Letras Galegas “atende o seu obxectivo de promover a cultura e a lingua galega no marco das competencias que o ordenamento xurídico lles atribúe ás corporacións locais de Galicia”, e lembra que “segue a defender a vixencia e a extensión do galego e potenciando a súa presencia nas novas canles derivadas do desenvolvemento das novas tecnoloxías da información e da comunicación.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Noelia Álvarez de la Fundación SM analiza en Radio Líder la situación de los Jóvenes

Siguiente

De Ninghures e Mondra xúntanse para cantar ao verán galego

David

David

Relacionado Entradas

Unha muller faleceu en Sanxenxo tras ser alcanzada por un vehículo
#Destacado

Arden dos coches en el aparcamiento exterior de una residencia en Pontevedra

Ourense organiza as Festas de San Francisco coas actuacións da Gramola, Combo Dominicano e París de Noia
#Destacado

Ourense organiza as Festas de San Francisco coas actuacións da Gramola, Combo Dominicano e París de Noia

Íntegro celebrará o día 26 unha nova edición do FESTIGUAL para reivindicar a diversidade e a inclusión
#Destacado

Íntegro celebrará o día 26 unha nova edición do FESTIGUAL para reivindicar a diversidade e a inclusión

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo inicia o curso con 172 alumnos e alumnas
#Destacado

O Conservatorio Profesional de Música de Carballo inicia o curso con 172 alumnos e alumnas

La Diputación invertirá 221.000 euros para construir aceras en el colegio y polideportivo de Tarrío
#Destacado

La Diputación invertirá 221.000 euros para construir aceras en el colegio y polideportivo de Tarrío

Ferrol reforza o seu compromiso co mantemento das vías e destina 270.000 euros a aglomerar a avenida de Castelao
#Destacado

Ferrol reforza o seu compromiso co mantemento das vías e destina 270.000 euros a aglomerar a avenida de Castelao

Siguiente
De Ninghures e Mondra xúntanse para cantar ao verán galego

De Ninghures e Mondra xúntanse para cantar ao verán galego

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Matinal Líder En directo

Matinal Líder

08:00 - 10:00
Antonio Lodeiro
A continuación: Líder local 10:00

Programación de Hoy

Martes 15/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder Ahora
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.