• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
  • Registrarse
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A RAG presenta en Vigo as ‘Rimas populares de Galicia’ de Murguía

O académico correspondente Diego Rodríguez, autor da edición dos materias conservados, presenta esta tarde na Casa Galega da Cultura (19 horas) a publicación que afonda no frustrado proxecto do primeiro presidente da RAG

David Por David
20/05/2026
en Cultura, Pontevedra
0
A RAG presenta en Vigo as ‘Rimas populares de Galicia’ de Murguía
FacebookXWhatsApp

Rosalía de Castro marcou o gran fito entre o popular e a literatura culta coa publicación de Cantares gallegos (1963), o poemario fundacional das letras galegas contemporáneas que editou Juan Compañel en Vigo. O diálogo da autora coa voz poética do pobo está tamén presente no fondo do traballo do seu home, o historiador Manuel Murguía, quen ao longo de moitos anos anunciou a edición dun libro, Rimas populares de Galicia, no que recompilaría os romances que fora acumulando grazas á súa rede de colaboradores. «Pero por paradoxal que pareza, non semella que haxa influencia mutua entre Cantares gallegos e o proxecto das Rimas de Murguía: son coma ríos paralelos que levan auga das mesmas montañas», valora Diego Rodríguez.

O académico correspondente presentará esta tarde na cidade olívica As Rimas populares de Galicia de Manuel Murguía. Edición e estudo dos materiais conservados, o volume que, no seo da colección Anexos BRAG da Academia, ofrece as páxinas «definitivas» daquela iniciativa frustrada que chegaron ata hoxe. O traballo que realizou baséase na documentación que se conserva na Fundación Barrié e na RAG.

A presentación, ás 19 horas na Casa Galega da Cultura (moi preto da antiga imprenta de Compañel), consistirá nunha charla na que o autor conversará co presidente da Academia, Henrique Monteagudo, e Carlos L. Bernárdez, coautor de Romanceiro en lingua galega (2002), sobre os avatares da xestación das Rimas e mais da posterior conservación e reprodución da documentación orixinal, así como a relevancia da publicación para a investigación no campo da literatura popular galega. O acto organízase coa colaboración do Concello de Vigo, a Xunta de Galicia e o Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades.

O presidente da Real Academia Galega sinala nesta liña que este novo libro da colección Anexos BRAG —editado co apoio do Concello da Coruña e dispoñible en copia dixital na sección de publicacións de web da Academia—, rescata da penumbra un material que pode abrir novas vías para a análise arredor do romanceiro en Galicia. «Este libro trae a luz a un material inédito desde hai máis de cen anos que constitúe unha achega moi importante para o debate da historia e da evolución do romanceiro de tradición oral en Galicia. Ofrece moitos elementos de xuízo para este capítulo tan relevante para a historia da nosa cultura», expresa Henrique Monteagudo.

Entre outros, a edición reproduce pregos históricos que atinxen o «Romance de don Gaiferos» que han contribuír á discusión sobre se esta composición circulou orixinalmente en galego ou foi unha adaptación, mesmo invención, de Murguía ou dalgún intelectual galeguista de finais do XIX, como se adoita defender en distintos círculos académicos. Rodríguez argumenta o primeiro, e sostén tamén que naquela altura había máis romances en versión galega do que acostuma sinalarse. Contradí, pois, a hipótese máis estendida entre os expertos que fixeron recollas a finais do século XX e suxire un proceso de castelanización posterior na cadea de transmisión.

Historia dunha iniciativa frustrada

A publicación da RAG reproduce unhas 150 composicións poéticas: as incluídas nos papeis que se conservan do home de Rosalía de Castro, mais outras publicadas con retoques por Lois Carré nos anos 50 do século XX a partir de documentación do primeiro presidente da RAG hoxe non localizada. Entre as primeiras, Diego Rodríguez destaca o «Romance de Silvana», un dos máis estendidos en Portugal e tamén en España, así como versións galegas inéditas dos versos de «A doncela guerreira», aprendidos pola súa filla Alejandra Murguía de Castro a través da anciá de Laxe que traballaba para o seu avó, sinala Diego Rodríguez.

Murguía proxectaba publicar n’As Rimas os materiais que fora reunindo grazas á axuda de distintas persoas entre as que se atopaban intelectuais como o escritor e lexicógrafo Marcial Valladares ou Alejandra, a primoxénita que tivo con Rosalía de Castro. «O conxunto de materiais que Murguía foi acumulando desta maneira apareceu nun cartafol desordenado e sen atribucións. El realmente non recuperou ningunha das pezas populares, pero foi o responsable de recollelas e darlles un sentido unitario», explica o académico correspondente.

Os limiares conservados na RAG foron chave para a identificación dos papeis coidados pola Barrié. Entre outra información, sinalan momentos nos que as Rimas estiveron a piques de ser publicadas. «O primeiro datámolo cara a 1891, polas referencias que contén. A finais do século XIX, en 1895, chega a haber anuncios da impresión, que inclúen ademais a mención a unha subvención da deputación, o que leva a sospeitar que algo puido chegar a ser impreso», detalla Rodríguez. Máis ou menos da mesma época é o segundo prólogo, que se ten identificado como o último intento de edición.

 

O autor

Diego Rodríguez é membro correspondente da Real Academia Galega e responsable de Patrimonio e Cultura e bibliotecario da Fundación Barrié. Bateu por primeira vez coas Rimas de Murguía, hai xa máis de vinte anos, na entidade para a que traballa. Foi a través do fondo de Said Armesto, quen recibira do propio Murguía as 77 follas numeradas da transcrición que outro académico fundador, Florencio Vaamonde Lores, realizara por encarga do historiador, escritor, xornalista e político de cara á preparación da frustrada publicación. Desde entón o historiador traballou pola promoción deste legado manuscrito, do que tamén forman parte algúns pregos do puño e letra da rede de correspondentes de Murguía e mais dous prólogos das Rimas conservados no Arquivo da RAG.

ShareTweetSend
Publicación anterior

La gallega Biofabri avanza una solución contra el cáncer de vejiga

Siguiente

Fundación CEA y Fundación Ibercaja presentan un estudio sobre la amaxofobia y su impacto en la movilidad

David

David

Relacionado Entradas

O programa Vigo Emprende reforza o apoio a autónomos e empresas
#Destacado

O programa Vigo Emprende reforza o apoio a autónomos e empresas

El Pazo de Meirás es público, pero los visitantes no pueden entrar en todas sus estancias: crece la polémica
#Destacado

El Pazo de Meirás es público, pero los visitantes no pueden entrar en todas sus estancias: crece la polémica

El barrio de Pontevedra que vive rodeado de coches abandonados: uno ardió después de meses de avisos de los vecinos
#Destacado

El barrio de Pontevedra que vive rodeado de coches abandonados: uno ardió después de meses de avisos de los vecinos

A Porta do Sol de Vigo acolle un espectáculo infantil ao ritmo da banda de Matamá, Barafunda e Rafael Yebra
#Destacado

A Porta do Sol de Vigo acolle un espectáculo infantil ao ritmo da banda de Matamá, Barafunda e Rafael Yebra

O Festiletras recoñece a Xosé Regueira co Bo e Xeneroso de Honra
#Destacado

O Festiletras recoñece a Xosé Regueira co Bo e Xeneroso de Honra

SON&MAR 2026 en Galicia: fechas, conciertos, cartel y todo lo que hay que saber del nuevo gran ciclo musical junto al mar
#Destacado

SON&MAR 2026 en Galicia: fechas, conciertos, cartel y todo lo que hay que saber del nuevo gran ciclo musical junto al mar

Siguiente
Fundación CEA y Fundación Ibercaja presentan un estudio sobre la amaxofobia y su impacto en la movilidad

Fundación CEA y Fundación Ibercaja presentan un estudio sobre la amaxofobia y su impacto en la movilidad

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Fórmula Líder

Fórmula Líder

00:00 - 08:00
Continuidad
A continuación: Matinal Líder 08:00

Opinión

Rueda anuncia que la Xunta aumenta hasta las 11.932 plazas la oferta para campamentos y actividades de verano
#Destacado

Los políticos gallegos mejor valorados en 2026: Alfonso Rueda y Ana Pontón lideran la opinión de los ciudadanos

La política gallega mantiene un panorama estable en cuanto a la valoración de sus principales dirigentes. Los diferentes sondeos publicados...

Leer másDetails
Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Cantón Grande de A Coruña: una reforma que divide a la ciudad por la falta de árboles y el exceso de cemento

Síguenos en Redes Sociales

Programación de Hoy

Jueves 03/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder Ahora
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Somos #Líder

Radio Líder

Medios Autonómicos De Radiodifusion Gallegos S.L.

Radio Líder es la primera red de emisoras independiente en el Norte de España. Fundada en el 2001 por el escritor y periodista Diego Bernal, el periodista Manuel Casal, la colaboración de Javier Sánchez de Dios y todas aquellas personas que han participado en la consolidación del proyecto.

El Confidencial

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo sería hoy alcalde de A Coruña

Miguel Lorenzo, impulsado por la decadencia que vive la ciudad de A Coruña y la corrupción del PSOE, está ya...

Por Interés

Últimas

La Xunta destina más de 145 M€ en ayudas para familias y alumnos

La Xunta destina más de 145 M€ en ayudas para familias y alumnos

Unha muller foi evacuada por inhalación de fume tras rexistrarse un incendio na súa vivenda en Coristanco

Fallece una persona tras salirse de la vía con su tractor en Carballo

La ola de calor llega a Galicia: las comarcas donde se superarán los 35 grados

Galicia afronta una semana de ascenso térmico con Ourense como epicentro del calor

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada? Registrarse

¡Crear Nueva Cuenta!

Rellena los siguientes campos del formulario para registrarte

Todos los campos son requeridos. Iniciar sesión

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder - Desarrollado por Siete.Online.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.