• Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal
  • Iniciar sesión
Radio Líder
Radio
Anuncio
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts
Sin resultados
Ver todos los resultados
Radio Líder

A Deputación aproba investimentos por 1,2 millóns de euros en estradas provinciais de Lousame, Santiago, A Coruña, Malpica e Ponteceso

O pleno provincial deu luz verde a catro proxectos para mellorar a seguridade viaria, renovar firmes, reforzar a drenaxe e actuar en distintos tramos da rede provincial

David Por David
29/05/2026
en #Destacado, A Coruña
0
A Deputación aproba investimentos por 1,2 millóns de euros en estradas provinciais de Lousame, Santiago, A Coruña, Malpica e Ponteceso
FacebookXWhatsApp

A Deputación da Coruña aprobou hoxe por unanimidade no pleno provincial catro novos proxectos de mellora na rede viaria provincial, cun investimento global de 1.198.353,20 euros nos concellos de Lousame, Santiago de Compostela, A Coruña, Malpica e Ponteceso.

As actuacións permitirán renovar firmes deteriorados, mellorar a capa de rodaxe, reforzar a seguridade viaria, actualizar a sinalización e resolver problemas de drenaxe en diferentes puntos da rede provincial, dentro do traballo da Deputación para conservar, mellorar a seguridade e modernizar a rede provincial de estradas.

Un dos proxectos aprobados corresponde á DP 1103, Comparada á Ponte Beluso, no concello de Lousame, cun orzamento de 68.405,60 euros. A actuación localízase no punto quilométrico 5+865, entre os lugares de Bursó e A Escabia, na parroquia de Fruíme, onde se detectaron deterioros no firme provocados pola circulación subterránea de auga procedente dunha obra de drenaxe transversal.

A intervención contempla a reposición completa desta estrutura de drenaxe, actualmente deteriorada, mediante a demolición da existente e a execución dunha nova taxeira formada por tubaxe de formigón armado de 150 centímetros de diámetro interior. Tamén se inclúe o saneo, afirmado e pavimentación do tramo de estrada afectado pola erosión, a reposición e prolongación dun muro de escollera na marxe dereita, a execución de cunetas revestidas, a instalación de barreira metálica de seguridade tipo bionda e a sinalización vertical correspondente.

O pleno tamén aprobou o proxecto de mellora de firme con mestura bituminosa en quente na DP 0701, Santiago a Portomouro, no concello de Santiago de Compostela, cun investimento de 446.844,77 euros. As obras actuarán nos treitos comprendidos entre os puntos quilométricos 3+800 e 5+100 e entre o 6+400 e o 7+600.

Neste caso, os traballos inclúen a limpeza de cunetas e o desbroce de taludes, o fresado e reposición do firme nas zonas puntuais máis deterioradas e o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente de 6 centímetros de espesor en todo o ancho da calzada. O proxecto incorpora tamén a renovación da sinalización horizontal, con pintura vial branca en eixe e beiravías, símbolos e cebreados, así como a renovación da sinalización vertical e da bionda nos treitos deteriorados. O prazo de execución será de cinco meses.

Outra das actuacións aprobadas corresponde á DP 3006, acceso á Zapateira, no concello da Coruña, cun orzamento de 235.110,31 euros. O proxecto actuará entre os puntos quilométricos 2+500 e 4+020 para mellorar a capa de rodaxe desta estrada provincial.

As obras previstas inclúen o despexe e limpeza de cunetas por ambas marxes, o fresado do firme existente nun espesor de 4 centímetros e o estendido dunha nova capa de mestura bituminosa en quente de 6 centímetros. Ademais, renovarase a sinalización horizontal mediante pintura acrílica en base acuosa e procederase ao recrecido de tapas de rexistro de pozos e sumidoiros para adaptalos á nova rasante. Durante a execución dos traballos manterase en servizo un dos carrís, actuando primeiro nunha marxe e posteriormente na outra. O prazo de execución previsto destas obras é de tres meses.

Por último, o pleno deu luz verde ao proxecto de mellora de firme con mestura bituminosa en quente na DP 4307, Malpica a Ponteceso, cun investimento de 447.992,52 euros. A actuación desenvolverase nos treitos comprendidos entre os puntos quilométricos 0+300 e 0+500, 2+900 e 4+080, e 11+870 e 12+600, nos concellos de Malpica e Ponteceso.

O proxecto inclúe a limpeza de cunetas con desbroce de taludes, o fresado e reposición do firme en zonas deterioradas, o estendido dunha capa de mestura bituminosa en quente de 6 centímetros entre os puntos quilométricos 2+900 e 4+080, e a reposición con mestura bituminosa entre os puntos 0+300 e 0+500 e 11+870 e 12+600.

Tamén se prevé a mellora das beiravías entre os puntos quilométricos 2+900 e 4+080, con saneo e recheo con material seleccionado, zahorra, grava, tratamento semiprofundo e unha capa de mestura bituminosa en quente de 4 centímetros. A intervención completarase coa renovación da sinalización horizontal e coa reposición de canalizacións no tramo afectado pola mellora das beiravías. O prazo previsto de execución é de cinco meses.

Estas catro actuacións forman parte da planificación da Deputación da Coruña para garantir a conservación, seguridade e funcionalidade da rede provincial de estradas, que supera os 2.100 quilómetros e presta servizo diario aos concellos e á veciñanza da provincia.

ShareTweetSend
Publicación anterior

Máis de 1.300 persoas confirmaron a súa participación na carreira popular dos Rosales, que terá lugar este domingo 31 de maio

Siguiente

Vigo supera o 91% de ocupación hoteleira coa celebración dos actos do Día das Forzas Armadas

David

David

Relacionado Entradas

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026
#Destacado

Casi 29.000 plazas de termalismo para mayores en Galicia: fechas, precios y cómo reservar en 2026

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos
#Destacado

O PP na FEGAMP alerta da «incertidume» e o «desprezo» do Goberno de Sánchez cos concellos galegos pola falta de Orzamentos

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros
#Destacado

O Orzamento de Vigo aumentará en 14,2 millóns no ano 2027, ata os 365 millóns de euros

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero
#Destacado

A Corporación municipal secunda un minuto de silencio pola última vítima de violencia de xénero

Comezan as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña
#Destacado

Comezan as obras de humanización e mellora da mobilidade vertical na rúa Vasco Díaz Tanco, no barrio da Cuña

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo
#Destacado

O Caudal Fest comeza este ano no Concello de Lugo

Siguiente
Vigo supera o 91% de ocupación hoteleira coa celebración dos actos do Día das Forzas Armadas

Vigo supera o 91% de ocupación hoteleira coa celebración dos actos do Día das Forzas Armadas

Deja una respuesta Cancelar la respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos obligatorios están marcados con *

Ahora al Aire

Oh My Hits En directo

Oh My Hits

16:00 - 19:00
A continuación: Fórmula Líder 19:00

Programación de Hoy

Miércoles 16/09/2026
  • Fórmula Líder
    00:00 - 08:00
    Fórmula Líder
  • Matinal Líder
    08:00 - 10:00
    Matinal Líder
    En directo
  • Líder local
    10:00 - 13:00
    Líder local
    En directo
  • 13:00 - 14:00
    Sesión vermut
  • Líder express
    14:00 - 14:30
    Líder express
  • Fórmula Líder
    14:30 - 16:00
    Fórmula Líder
  • Oh My Hits
    16:00 - 19:00
    Oh My Hits Ahora
    En directo
  • Fórmula Líder
    19:00 - 20:00
    Fórmula Líder
  • Líder Express
    20:00 - 20:30
    Líder Express
  • Fórmula Líder
    20:30 - 23:59
    Fórmula Líder

Por Interés

  • Nosotros
  • Publicidad
  • Contacto
  • Privacidad y Cookies
  • Aviso Legal

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

!Bienvenido de Nuevo!

Inicie sesión en su cuenta

¿Contraseña olvidada?

Recupere su contraseña

Por favor ingrese su nombre de usuario o dirección de correo electrónico para restablecer su contraseña.

Iniciar sesión
imunify-bot-check
Selecciona una emisora
EN DIRECTO 0:00 / 0:00
Velocidad
Sin resultados
Ver todos los resultados
  • Portada
  • GALICIA
    • A Coruña
    • Lugo
    • Ourense
    • Pontevedra
  • EL CONFIDENCIAL
  • Cultura
  • Deportes
  • Economía
  • Opinión
  • Política
  • Sociedad
  • Sucesos
  • ESPECIALES
    • Gastronomía
    • Turismo
    • Mar y Costa
    • Rural
  • Podcasts

© 2026 Radio Líder. Todos los derechos reservados.

Este sitio web utiliza cookies. Al continuar utilizando este sitio web, usted da su consentimiento para el uso de cookies. Visite nuestra Política de privacidad y cookies.